Unha delegación de ANFACO-CECOPESCA visita o Parlamento de Galicia

• A visita enmárcase na aposta do presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, por abrir o Parlamento á sociedade
 
Santiago, 20 de febreiro de 2017.-  Unha delegación da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados e Mariscos (ANFACO-CECOPESCA), integrada por directivos de diferentes empresas do sector, efectou hoxe unha visita ao Parlamento de Galicia, onde foron recibidos polo presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira.
 
A visita enmárcase na aposta de Santalices por abrir o Parlamento á sociedade. Os participantes nesta actividade tiveron ocasión de efectuar unha visita guiada á sede do Lexislativo galego.
 
O presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira,   explicou o funcionamento do Lexislativo galego, ao tempo que animou aos empresarios participantes na visita a coñecer os diferentes mecanismos de participación cidadá habilitados pola Cámara. Destacou a posibilidade de que a cidadanía formule comentarios ou suxestións aos textos lexislativos en trámite a través da ferramenta denominada “Lexisla con Nós”, dispoñible na web.
 
Cara o final da reunión, o  presidente do Parlamento convidou a sumarse ao encontro aos portavoces de Pesca dos grupos parlamentarios e á presidenta da Comisión 8.ª, Pesca e Marisqueo, Marta Rodríguez Arias.
 
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

LUNS 23
outubro de 2017
lunsmarmérxovvensábdom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031
<< setembro| novembro >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 23/10/2017


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408