Acordos da Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 17 de febreiro de 2017

Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 3976 (10/PNC-000368)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 6 máis
Sobre a solicitude que debe realizar o Goberno galego ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas para a inclusión da globalidade das entidades extinguidas, dos aforros acadados e dos procesos de reordenación impulsados desde Galicia no seu informe de situación dos procesos de reordenación do sector público (Procedemento de urxencia)
BOPG n.º 53, do 26.01.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 4 votos en contra e 0 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a solicitar ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas que modifique os criterios de cómputo de entidades e aforros do sector público autonómico de Galicia no seu informe de situación dos procesos de reordenación, de xeito que inclúan a globalidade das entidades extinguidas, aforros acadados e procesos de reordenación impulsados dende a Comunidade Autónoma de Galicia."
 
 
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 4105 (10/PNC-000383)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
Sobre a obrigatoriedade de cubrir os postos de tesoureiro ou tesoureira, interventor ou interventora e ou secretario ou secretaria con funcionarios e funcionarias de habilitación nacional
BOPG n.º 57, do 01.02.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a demandar do Goberno do Estado:
 
1. A eliminación da obrigatoriedade da habilitación nacional para os tesoureiros/as dos concellos de menos de 10.000 habitantes.
 
2. No caso dos concellos de entre 10.000 e 20.000 habitantes manter a situación previa á entrada en vigor do Decreto lei 10/2015 en tanto non se acorde una fórmula consensuada coa Federación Galega de Municipios e Provincias-Fegamp e a Federación Española de Municipios e Provincias-Femp."
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

XOVES 27
xullo de 2017
lunsmarmérxovvensábdom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31
<< xuño| agosto >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 27/07/2017


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408