O presidente do Parlamento participa na homenaxe da Real Academia de Medicina ao Dr. Rodríguez Míguez, promotor da hidroloxía médica

Santiago, 14 de decembro de 2016.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, participou esta tarde, no Liceo de Ourense, nunha sesión necrolóxica en memoria do Dr. Luis Rodríguez Míguez, organizada pola Real Academia de Medicina de Galicia, da que o homenaxeado foi académico numerario e titular do “sillón” de Hidroloxía Médica.
 
Nado en Santiago en 1932, o Dr. Rodríguez Míguez faleceu en Ourense en febreiro pasado e está considerado o pai do termalismo galego actual. Impulsor  dos cursos de Hidroloxía Médica de Carballiño, estivo vinculado á Cátedra de Hidroloxía Médica da USC e defendeu con insistencia a inclusión deste tipo de tratamentos na sanidade pública.
 
A sesión necrolóxica contou coa intervención do Dr. Gestal Otero, que disertou sobre “O Dr. Luis Míguez, profesor, compañeiro e amigo” e do Dr. Carro Otero, presidente da Real Academia de Medicina de Galicia, que analizou  as “Contribucións do Dr. Rodríguez Míguez á Hidroloxía Médica desde a Academia”. Tamén participou o conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Jesus Vázquez Almuiña.
 
“Como presidente do Parlamento de Galicia, como deputado vinculado ao mundo sanitario e como médico, acudo a este acto a deixar testemuño da miña homenaxe a recoñecemento ao Dr. Rodríguez Míguez. Boa parte do liderado actual de Galicia en materia de termalismo é consecuencia do traballo incansable e do entusiasmo do Dr. Rodríguez Míguez”, afirmou Miguel Santalices.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

MARTES 21
novembro de 2017
lunsmarmérxovvensábdom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930
<< outubro| decembro >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 21/11/2017


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408