Santalices pide que a Unión Europea teña en conta o reto demográfico na programación financiera para os próximos anos

 
• O presidente do Parlamento de Galicia participa en Italia na reunión anual da Conferencia de Asembleas Lexislativas Rexionais Europeas, da que é vicepresidente
 
• O Parlamento de Galicia recibiu un dos premios da CALRE por dous proxectos: a divulgación do patrimonio cultural galego nos Azores e a promoción dos valores dos parlamentarismo democrático entre a xuventude galega
 
Santiago, 25 de novembro de 2016.- “A Unión Europa non pode esquecer os novos retos demográficos aos que se enfrontan os nosos territorios, e o dí alguén que coñece ben este problema, por proceder dunha comunidade, como Galicia, aqueixada por unha profunda crise demográfica que esixe respostas, tamen desde o ámbito comunitario”. Así o manifestou esta tarde o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, no seo do Plenario Anual da Conferencia de Asembleas Lexislativas Rexionais Europeas (CALRE), que  se celebra en Varese (Italia).
 
Santalices Veira, que exerce a vicepresidencia da CALRE, apuntou que “resulta necesario” que a futura programación financeira da Unión Europa teña en conta tamén a situación demográfica dos diferentes territorios.
 
Política de cohesión
 
O presidente do Parlamento de Galicia considerou “esencial” garantir a aplicación do principio de subsidiariedade para mellorar a gobernanza en Europa, ao tempo que  insistiu en que resulta “imprescindible” a política de cohesión, á que considerou “a expresión da verdadeira solidariedade europea”.
 
Na súa intervención ante o Plenario da CALRE, Santalices defendeu o papel protagonista dos parlamentos rexionais no proceso de consolidación do proxecto europeo, como “institucións directamente lexitimadas dada a nosa proximidade aos cidadáns”.
 
Crear sociedades inclusivas
 
Entre os principais retos aos que se enfonta a Europa actual, tal e como reflicte a declaración da CALRE 2016, o titular do Parlamento de Galicia referiuse  a Brexit,  a chegada dun fluxo masivo de inmigrantes ás fronteiras europeas, e a ameza terrorista, “que afecta á seguridade do noso espazo e ataca os principais valores sobre os que se sustenta a nosa convivencia”.
 
Neste escenario, “os nosos territorios deberán centrarse na creación de sociedades inclusivas e promover o diálogo intercultural, loitando pola igualdade e os dereitos sociais de todos os cidadáns para tratar de evitar o discurso do odio e combater tamén a radicalización e a violencia extremistas”.
 
Premio para o Parlamento de Galicia
 
Nesta mesma Asemblea Anual, o presidente da Cámara galega recibiu o  Premio da CALRE –na súa primeira edición- a dous proxectos impulsados polo Parlamento de Galicia.
A CALRE recoñece, por unha parte, a iniciativa que permitiu levar, o pasado verán, á sede da Asemblea Lexislativa da Regiao Autónoma dos Azores, a exposición “54 páxinas das nosas Letras”, impulsada polo Parlamento de Galicia, a Real Acedemia Galega e a Xunta para divulgar as figuras dos escritores galegos homenaxeados no Día das Letras Galegas. Ao tempo, presentáronse dúas publicacións: “Antero de Quental e Teófilo Braga e a súa relación coas Letras galegas”, obra dos profesores Alonso Montero e Beatriz García Turnes; e maila edición facsimilar da “ediçao polyglota” impresa en Lisboa en 1897 do poema “Zara”, escrito por Antero e publicado, canda outras 47 traduccións, cunha versión galega obra de Manuel Curros Enríquez.
 
Ensalzar o patrimonio cultural europeo
 
“Para o Parlamento de Galicia  e para a Asamblea dos Azores, é unha honra recoller este galardón, que recoñe unha iniciativa encamiñada a ensalzar o patrimonio cultural europeo”.
 
Ao tempo, a CALRE galardoou as diferentes iniciativas que, desde hai tempo, vén desenvolvendo o Parlamento de Galicia  para achegar a institución e o parlamentarismo democrático aos máis novos, tamén desde o ámbito europeo.
 
“Agora que o modelo europeo é cuestionado desde algúns sectores, as cámaras lexislativas rexionais, como as aquí representadas, temos a obriga de pechar filas en torno ao proxecto de integración e benestar que a Unión Europa supón para todos os nosos cidadáns,”, afirmou Santalices Vieira. E agregou que “concienciar aos máis novos resulta indispensable para asegurar a viabilidade, a medio e longo prazo, da Europa de oportunidades que todos queremos”.
 
Canda o Parlamento de Galicia, foron galardoados tamén as cámaras de Valonia (Bélxica) e de Friuli Venezia-Guilia (Italia) dentro dunha convocatoria aberta aos parlamentos de 74 rexións europeas con competencias lexislativas.
 
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes Relacionadas

O presidente do Parlamento de Galicia, coa presidenta da Asemblea dos Azores e o presidente da CALRE, ao recibir o premioGalardoados cos premios e mencións honoríficas da CALRE 2016Plenario da CALREPlenario da CALREVisita ao Centro de Investigación conxunta da Comisión Europea en Ispra

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

LUNS 23
outubro de 2017
lunsmarmérxovvensábdom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031
<< setembro| novembro >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 23/10/2017


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408