Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o día 22 de novembro de 2016

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 22 de novembro de 2016, ás 17:00 horas, no pazo do Parlamento.
 
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 15 de novembro de 2016, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto 1. Dación de conta dos asuntos tramitados pola Deputación Permanente dende a disolución da Cámara o 2 de agosto de 2016 (Art. 57 e 59 do Regulamento do Parlamento de Galicia)
 
Punto 2. Proposicións non de lei en Pleno
 
2.1 360 (10/PNP-000003)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis e 13 máis
Sobre a recuperación polo Goberno galego da xestión e explotación pública directa, de xeito íntegro, do Hospital Álvaro Cunqueiro, de Vigo
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 6, do 03.11.2016
 
2.2 545 (10/PNP-000024)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Sánchez García, Antón
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central e aos grupos parlamentarios do Congreso dos Deputados en relación coa introdución dunha modificación no artigo 74.2 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, referida á posibilidade de regulación polos concellos dunha bonificación na cota integra do imposto de bens inmobles
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 8, do 07.11.2016
 
2.3 556 (10/PNP-000025)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rodil Fernández, Olalla e 5 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para garantir unha atención axeitada á interrupción voluntaria do embarazo na rede sanitaria pública, así como os dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres do medio rural
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 10, do 09.11.2016
 
2.4 577 (10/PNP-000028)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio e 2 máis
 Sobre a reversión polo Goberno galego da concesión do Hospital Álvaro  Cunqueiro, de Vigo, para a súa xestión pública
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 10, do 09.11.2016
 
2.5 605 (10/PNP-000033)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Díaz Villoslada, Juan Manuel e 3 máis
Sobre a realización polo Goberno galego das actuacións necesarias cos axentes sociais e, sinaladamente, cos sindicatos con representación no sector público para o cumprimento das sentenzas ditadas polo Tribunal de Xustiza da Unión Europea en materia de indemnizacións por remate de contratos laborais
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 10, do 09.11.2016
 
2.6 669 (10/PNP-000041)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
Sobre a posición do Parlamento de Galicia e as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co expediente de regulación de emprego no Banco Popular-–Pastor
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 10, do 09.11.2016
 
2.7 714 (10/PNP-000049)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 13 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas intencións da empresa Ferroatlántica de vender as centrais hidroeléctricas dos ríos Xallas e Grande. (Procedemento de urxencia)
Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 10, do 09.11.2016
 
2.8 730 (10/PNP-000054)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Fernández Prado, Martín e 13 máis
Sobre a demanda polo Goberno galego ao Concello de Vigo da realización das adaptacións tecnolóxicas necesarias para compatibilizar os dispositivos de cobramento do transporte urbano Vitrasa coa tarxeta Transporte Metropolitano de Galicia. (Procedemento de urxencia)
Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 10, do 09.11.2016
 
Punto 3. Interpelacións

 
3.1 375 (10/INT-000001)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Sánchez García, Antón e 13 máis
Sobre a política da Xunta de Galicia en relación coa exclusión social e a pobreza
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 6, do 03.11.2016
 
3.2 480 (10/INT-000003)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Sánchez García, Antón e 13 máis
 Sobre a política da Xunta de Galicia en relación cos desafiuzamentos
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 7, do 04.11.2016
 
3.3 649 (10/INT-000009)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Blanco Rodríguez, Noela e Torrado Quintela, Julio
Sobre a política da Xunta de Galicia en relación co desemprego e a precariedade laboral
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 10, do 09.11.2016
 
Punto 4. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
 
4.1 1120 (10/POPX-000001)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén
Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego en relación coa transferencia a Galicia da AP-9
 
4.2 1127 (10/POPX-000002)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Fernández Leiceaga, Xoaquín María
Sobre a opinión do Goberno galego en relación cos cambios normativos previstos no ámbito educativo
 
4.3 1147 (10/POPX-000003)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis
Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego en relación coas consecuencias socioeconómicas que tería a segregación e venda de activos da empresa Ferroatlántica
 
Punto 5. Preguntas ao Goberno
 
5.1 411 (10/POP-000015)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Vilán Lorenzo, Patricia e Pierres López, María Luisa
Sobre o anuncio de investimento de máis de 15 millóns de euros para ampliar a estación depuradora dos Praceres, en Pontevedra
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 6, do 03.11.2016
 
5.2 1118 (10/PUP-000032)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rivas Cruz, José Luis
Sobre a opinión do Goberno galego respecto da instalación de vertedoiros, como o previsto en Lousame, como alternativa de futuro viable para os residuos industriais
 
5.3 740 (10/POP-000107)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Castiñeira Broz, Jaime e 4 máis
Sobre a resposta que lle están a dar os concellos galegos ao Programa de vivendas baleiras posto en marcha pola Xunta de Galicia na novena lexislatura
 
5.4 355 (10/POP-000003)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Losada Álvarez, Abel Fermín e Toja Suárez, María Dolores
Sobre a adquisición pola Xunta de Galicia do compromiso de adoptar as medidas legais axeitadas para evitar a segregación pola empresa Ferroatlántica das súas actividades de produción de enerxía eléctrica e de ferroaliaxes
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 6, do 03.11.2016
 
5.5 572 (10/POP-000024)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
Sobre as actuacións levadas a cabo ou previstas polo Goberno galego para evitar a segregación pola empresa Ferroatlántica das súas actividades de produción de enerxía eléctrica e de ferroaliaxes
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 10, do 09.11.2016
 
5.6 609 (10/POP-000030)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Lago Peñas, José Manuel
Sobre o coñecemento polo Goberno galego da situación que están a vivir as persoas paradas en Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 10, do 09.11.2016
 
5.7 758 (10/POP-000108)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Fernández Gil, César Manuel e 5 máis
Sobre a situación na que se atopa o ensino galego no referido ao desenvolvemento do curso académico 2016-2017

5.8 1146 (10/PUP-000033)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Chao Pérez, Luca e Cuña Bóveda, María de los Ángeles
Sobre a actuación que vai levar a cabo o Goberno galego en relación coa aplicación das reválidas de 2º de bacharelato establecidas na LOMCE para o curso 2016-2017
 
5.9 388 (10/POP-000010)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Blanco Rodríguez, Noela e Fernández Fernández, Raúl
Sobre o estado actual do proxecto de construción na provincia de Ourense dun centro para a continuidade na atención ás persoas con discapacidade unha vez cumpridos os 21 anos de idade
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 6, do 03.11.2016

Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, o abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
 
Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2016
 

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

LUNS 23
outubro de 2017
lunsmarmérxovvensábdom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031
<< setembro| novembro >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 23/10/2017


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408