O presidente do Parlamento inicia os trámites para a designación de candidato á Presidencia da Xunta

 
• Santalices Vieira recibirá individualmente aos representantes das formacións políticas con representación parlamentaria durante a mañá do vindeiro venres
 
Santiago, 25 de outubro de 2016.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, dirixiuse hoxe por escrito aos representantes das catro formacións políticas da Cámara galega para pedirlles que designen cadanseu representante para participar na rolda de consultas previa á designación formal do candidato á Presidencia da Xunta.
 
O presidente do Parlamento recibirá individualmente aos representantes das forzas políticas a partir das 10,00 horas do próximo venres, 28 de outubro; e comunicará a decisión unha vez rematadas as entrevistas e oída a Mesa da Cámara.
 
Este mesmo venres, a mediodía, constituirase a Xunta de Portavoces da X Lexislatura (http://www.parlamento.gal/sitios/web/AxendaParlamentaria/100000097_xp_2016_10_28_convo.pdf), unha reunión que se aproveitará para a realización dos trámites previos á constitución formal das comisións, prevista para a xornada do mércores 2 de novembro.
 
A primeira reunión da Mesa da Cámara está prevista para o xoves 27 de outubro ás 18,30 horas (http://www.parlamento.gal/sitios/web/AxendaParlamentaria/100000087_mp_2016_10_27_convo.pdf).
 
Saúdos,
Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.
 

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Erro ó carga-la páxina. Error en el servidor remoto: (404) No se encontró.

© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408