O Parlamento de Galicia acollerá a sesión constitutiva da X Lexislatura o vindeiro 21 de outubro

Santiago, 17 de outubro de 2016.- O Parlamento de Galicia acollerá, o vindeiro 21 de outubro, ás 11:00 horas, a sesión constitutiva da X Lexislatura, tal e como sinala o Decreto  92/2016, do 1 de agosto, de disolución do Parlamento de Galicia e de convocatoria de eleccións (http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160802/AnuncioC3B0-010816-1_gl.html).
 
O procedemento para a celebración da sesión constitutiva está regulado no Título I do Regulamento do Parlamento de Galicia.
Regulamento do Parlamento de Galicia
 
TÍTULO I
 
Da sesión constitutiva do Parlamento de Galicia
Artigo 2
1. Celebradas as eleccións ao Parlamento galego e proclamados os resultados en todas as circunscricións electorais, a Xunta de Galicia publicará o decreto da sesión constitutiva, conforme o que dispoña unha lei do Parlamento.
2. A sesión constitutiva terá lugar na data que, dentro do prazo dun mes, a partir do día de celebración das eleccións, determine o decreto de convocatoria.
 
Artigo 3
A sesión constitutiva será presidida inicialmente polo deputado electo de maior idade dos presentes, asistido, en calidade de secretarios, polos dous deputados máis novos.
 
Artigo 4
1. O presidente declarará aberta a sesión e un dos secretarios dará lectura ao decreto de convocatoria, á relación de deputados electos e aos recursos contencioso-electorais interpostos, con indicación dos deputados electos que puidesen quedar afectados pola resolución deles.
2. O Pleno procederá seguidamente á elección da Mesa do Parlamento de Galicia, de acordo co procedemento previsto no artigo 36 deste Regulamento.
 
Artigo 5
1. Concluídas as votacións, os elixidos ocuparán os seus postos. O presidente electo prestará e solicitará dos demais deputados o xuramento ou a promesa de acatar e gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de Galicia, para o cal serán chamados por orde alfabética. Rematado o chamamento, o presidente declarará constituído o Parlamento, e a seguir levantará a sesión.
2. A constitución do Parlamento será comunicada polo seu presidente a el-rei, ao Senado, ao presidente do Goberno e ao presidente en funcións da Xunta de Galicia.
 
Artigo 6
Dentro do prazo dos quince días seguintes á celebración da sesión constitutiva, terá lugar a solemne sesión de apertura da lexislatura.

Antecedentes:
 
Saúdos,
Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

LUNS 23
outubro de 2017
lunsmarmérxovvensábdom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031
<< setembro| novembro >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 23/10/2017


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408