O Consello de Contas entrega ao Parlamento de Galicia a Memoria e os Informes correspondentes ao Plan de Traballo de 2016

Santiago, 15 de xullo de 2016.- O conselleiro maior do Consello de Contas, José Antonio Redondo López, entregoulle hoxe ao presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira,  a memoria de actividades e os informes de fiscalización correspondentes ao seu Plan de Traballo.
 
Tamén lle entregou o proxecto do novo Regulamento de Réxime Interior do Consello de Contas para a súa tramitación e aprobación pola Comisión Permanente non Lexislativa para as Relacións co Consello de Contas do Parlamento de Galicia. Este proxecto elaborouse para adaptar o Regulamento anterior á Lei 8/2015, do 7 de agosto, de reforma da Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas.
 
Os informes de fiscalización de carácter xeral corresponden ao exercicio 2014 (contas xerais da Administración, do Sergas, da Administración instrumental, ou das entidades locais), e os informes específicos refírense a distintos exercicios anteriores.
 
A documentación achegada inclúe os seguintes documentos e informes:
 
Documentos

• Memoria anual de actividades do Consello de Contas de Galicia correspondente ao exercicio 2015
• Contas anuais da institución referentes ao exercicio 2015
• Informe sobre as contas rendidas en 2015 correspondentes ao exercicio 2014
 
Informes de fiscalización sobre o sector público de Galicia

• Declaración definitiva sobre o exame e comprobación da Conta Xeral da Comunidade Autónoma e Conta xeral da Administración da Comunidade Autónoma, ex.2014
• Informe de fiscalización do Plan Ágora. Agora Re-comercia, ex.2010-2013
• Informe de fiscalización do Programa de Ordenación das producións forestais, ex. 2013
• Informe de fiscalización de Subvencións e Axudas da Administración da Comunidade Autónoma (Fondos Propios), ex. 2012-2013.
• Informe de Fiscalización de Encomendas de Xestión, ex. 2013
• Informe de Fiscalización da Conta Xeral do Servizo Galego de Saúde, ex. 2014.
• Informe de fiscalización sobre os Obxectivos da Área do Sergas formulados no documento Orzamentario, ex. 2011-2013.
• Informe de Fiscalización dos Fondos europeos, ex. 2014
• Informe de Fiscalización dos Fondos de compensación interterritorial, ex 2013
• Informe Económico Financeiro das Entidades Instrumentais Autonómicas, ex. 2014
• Informe de fiscalización das resolucións e acordos contrarios aos reparos formulados polas intervencións locais. Concellos entre 25.000 e 100.000 habitantes, ex.2013
• Informe de fiscalización sobre o Plan de pago a provedores das entidades locais de Galicia, ex.2013
• Informe de Fiscalización da Conta Xeral das Entidades Locais, ex. 2014.
• Informe de Fiscalización da Xestión recadatoria de tributos, prezos públicos e outros delegados polos concellos na Deputación de A Coruña, ex. 2012
• Informe de Fiscalización da Xestión recadatoria de tributos, prezos públicos e outros delegados polos concellos na Deputación de Lugo, ex. 2012
• Informe de Fiscalización da Xestión recadatoria de tributos, prezos públicos e outros delegados polos concellos na Deputación de Pontevedra, ex. 2012
• Informe de Fiscalización da Xestión recadatoria de tributos, prezos públicos e outros delegados polos concellos na Deputación de Ourense, ex. 2012
• Informe de Fiscalización do Concello de Viveiro, ex. 2011
 
Os informes de fiscalización aprobados polo Pleno do Consello de Contas de Galicia durante o ano 2016, atópanse dispoñibles a texto completo na sede web da Institución www.ccontasgalicia.es
 
 
 
Saúdos,
Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Erro ó carga-la páxina. Error en el servidor remoto: (404) No se encontró.

© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408