Televisión de Galicia producirá e emitirá sete programas sobre a historia do Parlamento tomando como base testemuñas de exparlamentarios/as

• O presidente do Parlamento de Galicia, o director xeral da Corporación de Radio e Televisión de Galicia e o presidente da Asociación de Exparlamentarios/as asinaron un convenio de colaboración para articular esta iniciativa de divulgación
 
• A partir desta serie de programas, o Parlamento de Galicia editará un libro de anécdotas parlamentarias

Santiago, 15 de xullo de 2016.- Televisión de Galicia producirá e emitirá un total de sete programas divulgativos especiais para dar a coñecer a historia do Parlamento de Galicia, tomando como base as testemuñas dos exparlamentarios/as da Cámara e as anécdotas da vida parlamentaria relatadas polos seus protagonistas.
 
Cada un destes programas terá unha duración de 30 minutos e o seu contido será plural, reflectindo a composición da Cámara autonómica ao longo da historia.
 
Esta iniciativa está recollida nun convenio de colaboración asinado esta mañá polo presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira; o presidente da Asociación de Exparlamentarios/as do Parlamento de Galicia, Jesús María Fernández Rosende; e o director xeral da Corporación Radio e Televisión de Galicia, Alfonso Sánchez Izquierdo.

Colaboración da Asociación de Exparlamentarios/as
 
A Asociación de Exparlamentarios/as do Parlamento de Galicia colaborará coa Corporación Radio e Televisión de Galicia prestando asesoramento para a elaboración dos programas previstos.
 
Tomando como base o contido dos programas elaborados e emitidos, o Parlamento de Galicia elaborará e publicará un libro de anécdotas parlamentarias.
 
Esta iniciativa ponse en marcha cando están a piques de cumprirse os 35 anos da constitución do Parlamento de Galicia (a sesión constitutiva da primeira lexislatura celebrouse o 19 de decembro de 1981).
 
 

Saúdos,
Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Erro ó carga-la páxina. Error en el servidor remoto: (404) No se encontró.

© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408