Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 29 de xuño de 2016


  

5.1 46042 (09/PNP-003819)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Asociación Galega de Familias Numerosas
De iniciativa popular, sobre redución do tipo impositivo do IVE dos cueiros
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno do Estado, ao se tratar dunha competencia do Estado (tipo de gravame IVE), co fin de solicitar que se reduza  o tipo impositivo dos cueiros do 21 % actual, o tipo máximo, o mesmo que se está aplicar aos artigos de luxo, ata o IVE suprerreducido do 4 %, como produto de primeira necesidade que é”.

5.3 50798 (09/PNP-003739)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Goldar Güimil, Jesús Antonio e 14 máis
Sobre a solicitude polo Goberno galego aos concellos da Coruña, Lugo, Santiago de Compostela, Vigo e Ourense da adopción das medidas necesarias durante o ano 2016 para estender a gratuidade do transporte urbano aos menores de dezaoito anos
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 652, do 01.06.2016
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia, insta á Xunta de Galicia a que solicite aos concellos que contan actualmente con transporte urbano, isto é, A Coruña, Lugo, Santiago, Vigo e Ourense, a que durante o ano 2016 adopten cantas medidas sexan necesarias co fin de estender a gratuidade do transporte urbano aos menores de 18 anos”.
 
5.4 50889 (09/PNP-003756)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Adán Villamarín, María do Carme e 2 máis
Sobre a realización polo Goberno galego das actuacións necesarias para garantir o mantemento dos centros produtivos e dos postos de traballo de Alcoa en Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 652, do 01.06.2016
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento insta á Xunta de Galicia a realizar todas as accións necesarias encamiñadas a garantir os centros produtivos e os postos de traballo de Alcoa en Galicia”.

5.8 51285 (09/PNP-003787)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Ferreiro Vidarte, María de los Ángeles e 3 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación co baremo para a valoración do grao de discapacidade das persoas con enfermidades neurodexenerativas, e os seus procesos de revisión e actualización
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 659, do 15.06.2016
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a que se dirixa ao Goberno de España para:
 
1º. Que atenda as peticións das asociacións de persoas con enfermidades neurodexenerativas, tendo en conta todas as especificidades destas enfermidades nos procesos de revisión e actualización dos baremos, buscando en todo momento poder realizar os procesos de valoración con equidade e atendendo ás características do avance do proceso dexenerativo.
 
2º. Que lle solicite a modificación do baremo para a avaliación do grao de discapacidade recoñecendo, tralo diagnóstico de enfermidades neurodexenerativas, unha porcentaxe de discapacidade do 33 %, independentemente da propia valoración que compense a especificidade en canto a variabilidade de xeración e de explotación que os cursos destas enfermidades xeran”.
 
 
 
 
 
 

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

LUNS 23
outubro de 2017
lunsmarmérxovvensábdom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031
<< setembro| novembro >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 23/10/2017


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408