Santalices anima aos escolares a asumir compromisos para asegurar o bo funcionamento da sociedade

- O Parlamento acolleu un pleno infantil organizado coa colaboración de “Aldeas Infantiles” no marco da iniciativa “Deputados por un día”

- Participou alumnado de catro centros galegos: CPI Armando Cotarelo Valledor, de Boimorto (A Coruña), do CEIP Casás, de Lugo, do CEIP Plurilingüe de Seixalbo (Ourense), e do CEIP Cerdeiriñas – Piloño, de Vila de Cruces (Pontevedra)
 
Santiago 17 de xuño de 2016.- Alumnado de catro centros escolares galegos -CPI Armando Cotarelo Valledor, de Boimorto (A Coruña), do CEIP Casás, de Lugo, do CEIP Plurilingüe de Seixalbo (Ourense), e do CEIP Cerdeiriñas – Piloño, de Vila de Cruces (Pontevedra)- participou hoxe nun Pleno infantil celebrado no Parlamento de Galicia no marco da iniciativa “Deputados por un día”, organizada pola Cámara galega coa colaboración de “Aldeas Infantiles”.

No acto, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, reiterou que a Cámara que preside “mantén intacta a vocación de representar ao conxunto das galegas e galegos coa maior fidelidade posible” e feliciouse pola celebración deste Pleno Infantil. “O Parlamento está encantado de tervos entre nós e de escoitar con atención o moito e interesante que nos podedes aportar”.

O alumnado participante nesta edición de “Deputados por un día” centrou os seus traballos na audacia, a prudencia e a toma de decisións, asumindo compromisos relacionados con estas cualidades e procesos.

O valor do compromiso
 
Santalices Vieira destacou a importancia do compromiso persoal, cada un na medida das súas posibilidades, para contribuír ao correcto funcionamento da sociedade.

“Precisamos do compromiso do persoal docente e sanitario para ter unha educación e unha sanidade de calidade, pero tamén é necesario o voso compromiso para respectar e seguir as indicacións dos profes”, sinalou dirixíndose aos escolares presentes no Salón de Plenos do Parlamento.

“A vida é, case sempre, unha sucesión de compromisos –dixo-. E cando estes se cumpren asegúrase a boa marcha de case todo. Seguro que os vosos pais e as vosas familias vos piden que vos comprometades a ter un bo comportamento, a estudar, a ser solidarios, a colaborar nas tarefas domésticas, a respectar aos demais”.

“Todos asumimos compromisos. E vós debedes asumilos tamén, estou seguro de que xa o facedes”, agregou o presidente do Parlamento.

O presidente de “Aldeas Infantiles” abriu o acto, ao que tamén asistiron deputados dos diferentes grupos parlamentarios e maila directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xunta de Galicia.
 

Saúdos,
Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

LUNS 23
outubro de 2017
lunsmarmérxovvensábdom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031
<< setembro| novembro >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 23/10/2017


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408