Declaración Institucional do Parlamento de Galicia no marco do Día Internacional contra o Traballo Infantil

Con motivo do Día Mundial contra o Traballo Infantil, que se celebra o 12 de xuño, chegou a esta Presidencia, promovida por Plan International España, unha declaración institucional asinada por todos os grupos políticos, que paso a ler:

Os deputados e as deputadas que neste Parlamento representamos a cidadanía galega facemos un chamamento á comunidade internacional para defender que todos os nenos e nenas teñan acceso á educación universal gratuíta como un dereito básico e obrigatorio e a loitar polo desenvolvemento de políticas que impidan a explotación infantil a través do traballo.

Todos os nenos e nenas teñen os mesmos dereitos, establecidos en tratados internacionais como a Convención sobre os dereitos do neno, que recolle os dereitos da infancia e inclúe dereitos como o dereito á educación. As institucións públicas e, en concreto, este Parlamento responsabilízanse e garanten que todas as nenas e os nenos poidan acceder aos seus dereitos e instan a que tamén sexa así a nivel global.

O traballo infantil é consecuencia de situacións de pobreza nas que os nenos e nenas están obrigados a abandonar os estudos para manter economicamente as súas familias, perdendo o dereito á nenez e a súa posibilidade a un futuro digno.

Este Parlamento é consciente de que a situación das nenas é  especialmente difícil, xa que sofren una dobre vulneración pola súa idade e polo seu xénero. Así, as nenas son as máis pobres entre os pobres: nos  países en vías de desenvolvemento as nenas son as máis vulnerables, un feito que se acentúa cando no seu contorno hai  escaseza de recursos. Este factor, xunto con outros condicionantes, fai que as nenas non poidan ir ao colexio e que sufran prácticas como o matrimonio infantil, o traballo infantil doméstico, o embarazo temperán, a violencia, a discriminación e a mutilación xenital feminina.

O Parlamento de Galicia reitera o seu compromiso cos  dereitos da infancia e a súa loita contra o traballo infantil e, en concreto, o traballo doméstico que realizan millóns de nenas no mundo.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2016

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

LUNS 23
outubro de 2017
lunsmarmérxovvensábdom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031
<< setembro| novembro >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 23/10/2017


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408