Santalices pon en valor a capacidade de renuncia e a predisposición para o diálogo dos políticos da transición

 
 
• Participou en Santiago na presentación do libro  El guionista de la transición. Torcuato Fernández-Miranda, el profesor del Rey,  ao que considerou unha “personalidade fundamental na historia política contemporánea de España”

Santiago, 9 de maio de 2016.-  “Figuras como Torcuato Fernández-Miranda  e tantos outros que, coas súas renuncias, cos seus erros e os seus acertos, coa súa predisposición para o diálogo e a súa capacidade de cesión, foron quen de edificar o réxime democrático que hoxe temos e que se traduciu na etapa de maior estabilidade e prosperidade de toda a historia contemporánea de España”. Son palabras do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, no acto de presentación do libro libro  El guionista de la transición. Torcuato Fernández-Miranda, el profesor del Rey, obra do xornalista Juan Fernández-Miranda.
 
O volume foi presentado esta tarde no Salón Nobre do Pazo de Fonseca, en Santiago, nun acto que contou coa participación do presidente da Xunta de Galicia.
 
Santalices Vieira destacou que Fernández-Miranda é unha “personalidade fundamental na historia política contemporánea de España” e un dos “artífices principais do éxito da transición española que nos levou da ditadura franquista á monarquía parlamentaria”. “Aínda que ese papel determinante arranca en 1960 como profesor do entón Príncipe Don Juan Carlos, será como presidente das Cortes desde onde o protagonista do libro exercerá un papel tan decisivo como eficaz para desmontar a estrutura do réxime anterior”.
 
Débeda de gratitude
 
O presidente do Parlamento de Galicia expresou o seu recoñecemento a Fernández-Miranda, pero tamén a outros políticos da época, como Adolfo Suárez, o recentemente falecido Fernando Álvarez de Miranda ou os ponentes constitucionais. “Cos políticos de aquela época temos unha débeda de gratitude”, dixo, “ao igual que co Rei don Juan Carlos I que, no seu conxunto, protagonizou un reinado memorable que, estou seguro, co paso do tempo, a sociedade saberá recoñecer”.
 
 
 
 
Saúdos,
Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

MARTES 21
novembro de 2017
lunsmarmérxovvensábdom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930
<< outubro| decembro >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 21/11/2017


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408