Declaración institucional do Parlamento de Galicia

 
O Parlamento de Galicia quere reafirmar o compromiso co futuro en liberdade do pobo saharauí, asumindo e renovando os importantes acordos acadados na última conferencia dos Intergrupos Parlamentarios Paz e Liberdade no Sáhara Occidental, celebrada nesta mesma institución os días 5 e 6 de marzo do presente ano por segunda vez na historia da nosa autonomía.
 
A visita do secretario xeral da ONU ao territorios ocupados abriu un conflito diplomático entre Marrocos e a ONU, primeiro coa negativa para recibir a Ban Ki-moon en Rabat e despois coa expulsión de 73 persoas empregadas civís da MINURSO.
 
Este conflito fai perigar o mandato da MINURSO e supón un grave elemento de preocupación para o cumprimento do Plan de Paz para o Sáhara Occidental acordado entre as partes.
 
O próximo pasado 17 de marzo celebrouse o Consello de Seguridade das Nacións Unidas, cun importante informe do secretario xeral. Instamos os representantes do Goberno de España, como membros deste Consello de Seguridade, a priorizar o diálogo para obter, sen máis atrasos, unha solución xusta e definitiva, que pasa por levar á práctica o dereito de autodeterminación do pobo saharauí mediante a celebración do referendo.
 
Consideramos imprescindible que a Misión das Nacións Unidas para o Referendo do Sáhara Occidental -MINURSO- debe ser reforzada nos territorios ocupados coa plenitude das delegacións que mantiña anteriormente, asumindo a potestade para vixiar e salvagardar os dereitos humanos da poboación saharauí no Sáhara Occidental.
 
Defendemos garantías de transparencia e legalidade nos procedementos xudiciais para os presos saharauís que participaron no campamento de Gdeim Izik, de acordo coa legalidade internacional e cos dereitos humanos.
Santiago de Compostela, 12 de abril de 2016.

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Erro ó carga-la páxina. Error en el servidor remoto: (404) No se encontró.

© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408