O Parlamento de Galicia conmemora o 35 aniversario da promulgación do Estatuto coa entrega das súas medallas aos ex presidentes da Cámara

 
• Nesta primeira ocasión, as Medallas recoñecen a contribución dos homenaxeados á “consolidación da institución parlamentaria como peza clave da autonomía galega”
 
Santiago, 5 de abril de 2016.- O Parlamento de Galicia celebrará mañá mércores, 6 de abril, o 35 aniversario da promulgación do Estatuto de Autonomía de Galicia (Lei Orgánica 1/1981, de 6 de abril) co acto de entrega das súas medallas aos/as ex presidentes/as da Cámara.
 
Esta será a primeira ocasión na que o Parlamento de Galicia entregue as súas Medallas. A concesión foi acordada pola Mesa da Cámara na sesión do pasado 14 de marzo. Recibirán a distinción Antonio Rosón Pérez (a titulo póstumo), Tomás Pérez Vidal,  Victorino Núñez Rodríguez (a título póstumo), José María García Leira, Dolores Villarino Santiago e Pilar Rojo Noguera. 
 
No seu acordo, a Mesa do Parlamento valora o traballo desenvolvido polas persoas que ao longo dos 35 anos de historia da Cámara teñen desempeñado a Presidencia da institución. “Todas elas contribuíron á consolidación da institución parlamentaria como peza clave da autonomía galega, e a súa traxectoria, dedicación e bo facer ao fronte da Cámara as fan merecedoras da concesión, nunha data tan significativa, da Medalla do Parlamento de Galicia”, sinala a proposta de concesión.
 
A concesión das medallas súmase ás iniciativas encamiñadas a impulsar o papel central do Parlamento na vida política galega. E preténdese, ademais, poñer en valor os acordos acadados en sede parlamentaria.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

LUNS 23
outubro de 2017
lunsmarmérxovvensábdom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031
<< setembro| novembro >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 23/10/2017


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408