Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 30 de marzo de 2016


 
4.1 40843 (09/PNP-002967)
Grupo Parlamentario Mixto
Martínez García, María Consuelo
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego co fin de incrementar o número de persoas refuxiadas acollidas en Galicia e a presentación no Parlamento de Galicia dun plan de acollemento
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 520, do 16.09.2015
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta a:
 
• Seguir traballando na coordinación dentro do Plan de Acollida de todos os recursos dispoñibles tanto das administracións como das ONGs e das familias galegas co gallo de favorecer a efectiva integración das persoas solicitantes de protección internacional.
 
• Defender no ámbito comunitario políticas construtivas e coordinadas fronte ás ameazas dos controis fronteirizos  que se cernen sobre o espazo Schengen. A introducción permanente de controis fronteiros non pode ser a resposta ás arelas dos cidadáns da UE de maior seguridade e protección do seu nivel de vida.
 
• Rexeitar calquera acordo que contemple expulsión colectivas de refuxiados sirios, así como a necesidade da adopción dun acordo respectuoso coa legalidade internacional e os Dereitos Humanos, e especificamente que calquera expulsión a Turquía só será posible adoptala tras a conclusión cun expediente de asilo individualizado con todas as garantías”.

4.2 46286 (09/PNP-003352)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central para a mellora do sistema de cotización e protección sociolaboral das persoas que traballan no mar
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 598, do 10.02.2016
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia, insta á Xunta de Galicia:
 
• A dirixirse ao Goberno central para que continúe as xestións e impulse os cambios normativos que sexan precisos para mellorar o sistema de cotización e protección sociolaboral das persoas traballadoras do mar e, tras un proceso de diálogo co sector, se estuden, entre outras, a posibilidade de establecer un sistema que permita aumentar voluntariamente as bases de cotización, cos límites que se acorden e sempre que non supoña perda ou menoscabo para estes traballadores.
 
• A instar ao Goberno do Estado para que impulse unha mesa negociadora tripartita, con representación do sector, os sindicatos máis representativos nas comunidades autónomas costeiras e a Administración, para acordar os cambios normativos precisos para a mellora do sistema de cotización e protección sociolaboral das persoas traballadoras do mar”.
  
4.4 47386 (09/PNP-003443)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Puy Fraga, Pedro e Trenor López, Gonzalo
Sobre a solicitude pola Xunta de Galicia ao Concello da Coruña da apertura do túnel do Parrote
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 606, do 24.02.2016
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a solicitar ao Concello da Coruña a apertura do túnel do Parrote para mellorar o tráfico e a mobilidade da zona e evitar posibles prexuízos aos cidadáns, así como ao sector do comercio e da hostalería".
 
 
 

 

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

MÉRCORES 22
novembro de 2017
lunsmarmérxovvensábdom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930
<< outubro| decembro >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 22/11/2017


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408