Fachada do Parlamento de Galicia Páxina principal do Parlamento de Galicia

PARLAMENTO DE GALICIA

Menu de navegación.


O Parlamento de Galicia convoca oito bolsas para a formación práctica de licenciados e diplomados universitarios

 
A Cámara galega aposta, con esta medida, pola formación das persoas que veñen de rematar os seus estudos universitarios
 
 
• As bolsas terán unha duración de 12 meses e facilitan  formación práctica en áreas como arquivo, biblioteca e documentación, comunicación institucional, informática e publicacións
 
• Unha vez publicada a convocatoria no Diario Oficial de Galicia, os interesados dispoñen dun prazo de 20 días naturais para presentar as solicitudes

Santiago, 23 de outubro de 2010.- O Parlamento de Galicia aposta pola formación práctica das personas que veñen de rematar os seus estudos e convoca oito bolsas dirixidas a licenciados e diplomados universitarios en diferentes disciplinas.
 
O Diario Oficial de Galicia publicou este venres as bases da convocatoria, polo que os aspirantes dispoñen dun prazo de 20 días naturais, contados a partir de hoxe, para formalizar as solicitudes.
 
As bases poden consultarse no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia (número 334, do 15 de outubro de 2010, dispoñible en www.parlamentodegalicia.es) e no propio Diario Oficial de Galicia (www.xunta.es/consulta-do-dog).
 
En concreto, ofértanse cinco bolsas para a formación práctica de arquiveiros, bibliotecarios e documentalistas (dirixido a licenciados ou diplomados en biblioteconomía e documentación); unha para comunicación institucional (licenciados nas facultades de Ciencias da Comunicación ou Ciencias Sociais e da Comunicación); outra para persoal informático (licenciados ou diplomados en informática); e outra para o servizo de publicacións (licenciados en Traducción e Interpretación, rama de galego, ou en Filoloxía Galega).
Estas bolsas terán unha duración de doce meses cunha contía global de 12.000 euros brutos, suxeitos a retención.
 
A concesión de cada unha destas bolsas será efectuada pola Mesa do Parlamento logo da proposta efectuada por unha comisión de avaliación presidida pola presidenta da Cámara e integrada por funcionarios da institución.
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

SÁBADO 18
maio de 2013
lunsmarmérxovvensábdom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031
<< abril| xuño >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 18/05/2013


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408