O Parlamento de Galicia adhírese á campaña A Hora do Planeta contra o cambio climático

• A sede do lexislativo galego apagará todas as luces o vindeiro 19 de marzo de 20:30 a 21:30 no marco desa campaña de concienciación

• O Parlamento de Galicia dispón da súa propia estratexia de aforro enerxético e minimización de residuos

Santiago, 11 de marzo de 2016.- O Parlamento de Galicia vén de adherirse á campaña A Hora do Planeta, que pretende implicar a máis de mil millóns de persoas e mobilizar a 7.000 cidades do mundo para demostrar o apoio global á acción contra o cambio climático apagando as luces dos seus principais edificios e monumentos.

No marco desta campaña, o Parlamento de Galicia apagará todas as luces o vindeiro 19 de marzo entre as 20:30 e as 21:30 horas.

A Hora do Planeta (http://www.horadelplaneta.es/) é unha campaña de WWF xurdida en Sidney (Australia) en 2007 como un xesto simbólico de loita contra o cambio climático. Tense convertido na maior campaña de mobilización ambiental da historia, segundo os seus promotores.

Máis aló de xestos como a adhesión a esta campaña, o Parlamento de Galicia dispón, desde hai anos, da súa propia estratexia de aforro enerxético e minimización da xeración de residuos.

Nos últimos meses, o Parlamento de Galicia está a executar a primeira fase da substitución paulatina da iluminación do edificio por luminarias con tecnoloxía led, que proporciona aforros enerxéticos superiores ao 50 % respecto ao equipamento anterior. A Cámara tamén ten prevista a substitución do equipo de climatización do Hemiciclo por outro máis eficiente.


Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

LUNS 23
outubro de 2017
lunsmarmérxovvensábdom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031
<< setembro| novembro >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 23/10/2017


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408