Ambrosio Oróns toma posesión como deputado do Parlamento de Galicia

• O Pleno da Cámara tamén elixe a Beatriz Rodríguez Fraga e Constantino Carreiras Souto para a cobertura de dúas vacantes de membros do Consello de Contas de Galicia.

Santiago, 23 de febreiro de 2016.- Ambrosio Oróns Baña tomou posesión esta mañá, no Pleno da Cámara, como deputado do PPdeG pola circunscrición da Coruña en substitución de José Santiago Freire Abeijón, recentemente elixido alcalde de Noia.
 
Nado en 1974, Oróns Baña é licenciado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte (Universidade da Coruña). Profesor de ESO e Bacharelato. Adestrador de fútbol, nivel III (nacional). Técnico superior en Actividades Físico-Deportivas e Salvamento Acuático. Adestrador superior de natación. Aptitude pedagóxica na Universidade de Burgos. O novo deputado do PPdeG pola Coruña foi portavoz do GPP en Laxe desde o ano 2010 ata o 2014.
 
Consello de Contas
 
O Pleno da Cámara tamén elixiou a Constantino Carreiras Souto e a Beatriz Rodríguez Fraga para a cobertura de dúas vacantes de membros do Consello de Contas de Galicia.
 
Constantino Carreiras Souto é licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela. Auditor-Economista, máster en Economía da Saúde e director de hospitais pola Escola Nacional de Saúde, directivo e inspector de servizos da Xunta de Galicia. Funcionario de Carreira do Corpo Superior da Xunta de Galicia. Auditor do Consello de Contas de Galicia desde o ano 2006.
 
Beatriz Rodríguez Fraga é licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Cursos de especialización en Dereito Galego, Dereito Contencioso-Administrativo, Urbanismo, Inspección de Servizos, Directivos, Dereito Civil, Xestión e Disciplina Urbanística e Dereito Comunitario. Funcionaria do Corpo Superior da Xunta de Galicia, onde ten desempeñado diversas responsabilidades, na maior parte de carácter xurídico. Xefa do departamento de Axudas da Axencia Galega de Innovación desde febreiro de 2015.  
 
De seguido, Xosé Manuel Atanes Limia, Javier Casares Mouriño e Mercedes Castro Mouzo foron elixidos membros do Consello Social da Universidade de Vigo.
 
O Pleno do Parlamento continuou co debate dos textos lexislativos incluídos na orde do día.
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

LUNS 23
outubro de 2017
lunsmarmérxovvensábdom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031
<< setembro| novembro >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 23/10/2017


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408