Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 16 de setembro de 2015

5.4 39004 (09/PNP-002849)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fariñas Sobrino, Hipólito, e sete deputados/as máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia co fin de mellorarlle a atención educativa ao alumnado con trastorno do espectro autista (TEA).
Publicación da iniciativa, BOPG nº 500, do 31.07.2015
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a contribuír a mellorar a atención educativa que se presta no ensino galego ao alumnado con trastorno do espectro autista (TEA), a través da  elaboración e difusión dun protocolo que axude as comunidades educativas na aplicación das atencións e reforzos máis acaídos".

5.5 39404 (09/PNP-002866)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Tellado Filgueira, Miguel Ángel, e sete deputados/as máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en colaboración co sector naval galego para impulsar a entrada no sector da fabricación de compoñentes da eólica mariña.
Publicación da iniciativa, BOPG nº 504, do 10.08.2015
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a manter a colaboración co sector naval galego, e nomeadamente con Navantia Ferrol, para impulsar a entrada no sector da fabricación de compoñentes da eólica mariña, apoiando de forma decidida as iniciativas empresariais que camiñen nesa dirección para promover a verdadeira diversificación industrial da comarca de Ferrolterra".

 
5.6 39686 (09/PNP-002891)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Blanco Rodríguez, Noela, e dous deputados/as máis
Sobre a actuación que debe realizar a Xunta de Galicia ante o Goberno de España para que solicite ao Consello de Europa que no acordo acadado en relación coas tarifas das empresas de telecomunicación se inclúa a anulación de forma sistemática do cobramento do roaming aos cidadáns empadroados nas poboacións galegas transfronteirizas situadas na zona estimada de invasión das redes.
Publicación da iniciativa, BOPG nº 511, do 02.09.2015
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:
 
1. Demandar ao Goberno de España que solicite ao Consello de Europa que no acordo acadado se inclúa a anulación de forma sistemática do cobramento do roaming aos cidadáns empadroados nas poboacións galegas transfronteirizas situadas na zona estimada de invasión das redes.
 
2. Demandar ao Goberno de España que solicite ao Consello de Europa que adiante a supresión de cobramento do roaming aos residentes das poboacións transfronteirizas de Galicia co Norte de Portugal como paso previo á desaparición desta tarifa no ano 2017".
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

LUNS 23
outubro de 2017
lunsmarmérxovvensábdom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031
<< setembro| novembro >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 23/10/2017


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408