Pilar Rojo reivindica a utilidade da CALRE para dar visibilidade aos parlamentos rexionais en Europa

 
• Participou en Bruxelas nunha reunión do Comité Permanente da CALRE, no que presentou un informe sobre o seu traballo á fronte desta Conferencia de parlamentos rexionais
 
Santiago, 9 de xullo de 2015.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, participa hoxe, na súa condición de vicepresidenta da Conferencia de Asembleas Lexislativas Rexionais Europeas, nunha reunión do Comité Permanente da CALRE que se celebra na sede do Comité das Rexións, en Bruxelas.
 
Pilar Rojo presentou nesta reunión un informe sobre a actividade desenvolvida pola Presidencia da CALRE 2014, exercida polo Parlamento de Galicia e que rematou coa Asemblea Plenaria celebrada en Santiago os días 7 e 8 de novembro.
 
Rojo Noguera, actualmente vicepresidenta da CALRE, defendeu a utilidade desta organización para “visibilizar e reivindicar” o papel dos diferentes parlamentos rexionais na organización institucional europea.
 
Cooperación entre a CALRE e o Comité das Rexións
 
Esta tarde, Pilar Rojo participou tamén, como vicepresidenta da CALRE, na sinatura dun convenio de cooperación co Comité das Rexións. O documento foi asinado polo presidente da CALRE, Raffaele Cattaneo, e polo presidente do Comité das Rexións, Markku Markkula, e nel as dúas entidades comprométense a afondar na colaboración que xa veñen mantendo e que, entre outras medidas, permite optimizar recursos organizativos. A partir de agora, a CALRE presentará no Comité das Rexións os seus documentos e informes de xestión, o que constitúe unha vía para oficializar a relación coas institucións comunitarias.
 

A xornada convocada pola CALRE na sede do Comité das Rexións iniciouse cunha reunión do grupo de traballo sobre Inmigración, que contou con dúas mesas redondas: a primeira versou sobre a nova axenda europea de migración e o novo sistema de asilo, mentres que a segunda se titulou “Migración irregular: de problema a oportunidade”. Nelas, interviñeron como relatores representantes da Comisión Europea, da Organización Internacional para as Migracións, do Ministerio italiano do Interior e da Universidade de Molise. Este venres, en horario de mañá, está prevista unha xuntaza do grupo de traballo da CALRE sobre Subsidiariedade.
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes Relacionadas

Sinatura do convenio de colaboración entre a CALRE e o CdRSinatura do convenio de colaboración entre a CALRE e o Comité das RexiónsReunión do grupo de traballo  sobre InmigraciónComité Permanente da CALREComité Permanente da CALRE

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

LUNS 23
outubro de 2017
lunsmarmérxovvensábdom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031
<< setembro| novembro >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 23/10/2017


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408