O Parlamento de Galicia admite a trámite a Memoria de 2014 do Consello de Contas e diversos informes de fiscalización

Santiago, 26 de xuño de 2015.- O Parlamento de Galicia admitiu a trámite, mediante unha Resolución da Presidencia, un escrito do Consello de Contas co que se remiten a Memoria de actividades de 2014 e informes de fiscalización das contas do sector público de Galicia correspondentes aos plans de traballo de 2014 e 2015 (Conta xeral da Comunidade Autónoma de 2013).
 
A documentación foi aprobada polo Pleno do Consello de Contas celebrado o 16 de xuño de 2015. Trátase dos seguintes documentos:
 
• Conta Xeral da Comunidade Autónoma, ex. 2013.
• Fondos de Compensación Interterritorial, ex. 2012.
• Fondos Europeos, ex. 2013.
• Conta Xeral do Sergas, ex. 2013.
• Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria, ex. 2012.
• Entidades Instrumentais autonómicas, ex. 2013.
• Conta Xeral das Entidades Locais de Galicia, ex. 2013.
• Avaliación da estrutura do persoal no sector local de Galicia, ex. 2011-2012.
• Declaración definitiva sobre a Conta Xeral da Comunidade Autónoma.
• Memoria de actividades, ex. 2014.
• Contas anuais, ex. 2014.
 
Toda esta documentación está publicada na web do Parlamento de Galicia (http://www.parlamentodegalicia.gal/sitios/web/contenidogal/documentosdeinterese/consellocontas.aspx)
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

LUNS 23
outubro de 2017
lunsmarmérxovvensábdom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031
<< setembro| novembro >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 23/10/2017


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408