Pilar Rojo recibe no Parlamento á presidenta do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero

Santiago, 4 de xuño de 2015.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, recibiu este mediodía no seu seu despacho da Cámara a Ángeles Carmona, vocal do Consello Xeral do Poder Xudicial e presidenta do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero. Estivo acompañada por Filomena Peláez Solís, decana do Colexio de Avogados de Badaxoz e presidenta da Subcomisión de Violencia sobre a Muller do Consello Xeral da Avogacía Española. Tamén participou na reunión a secretaria xeral de Igualdade da Xunta, Susana López Abella.
 
Ángeles Carmona atópase en Galicia por mor da súa participación como ponente nunhas xornadas sobre Violencia de Xénero e Seguridade Pública nas que falou sobre "A percepción social da violencia de xénero".
 
O Observatorio sobre a Violencia de Xénero e Doméstica foi creado no ano 2002 co obxectivo de abordar este tipo de violencia desde a Administración de Xustiza. O Observatorio está integrado polo Consello Xeral do Poder Xudicial, que ostenta a súa Presidencia; o Ministerio de Xustiza; o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade; o Ministerio do Interior;  a Fiscalía Xeral do Estado; as Comunidades Autónomas con competencias en materia de xustiza, a través de quendas rotatorias anuais; o Consello Xeral da Avogacía Española; e o Consello Xeral de Procuradores de España.
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Erro ó carga-la páxina. Error en el servidor remoto: (404) No se encontró.

© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408