O correo electrónico do Parlamento de Galicia incorpora o dominio PuntoGal

· Desde este martes, todos os correos electrónicos do Parlamento se envían por defecto desde o dominio parlamentodegalicia.gal
 
· O Parlamento de Galicia foi unha das institución pioneiras na activación do dominio PuntoGal para a súa web o pasado 25 de xullo

Santiago, 3 de xuño de 2015.- Todos os correos electrónicos enviados desde as contas oficiais do Parlamento de Galicia –deputados e deputadas, grupos parlamentarios e persoal ao servizo da Administración parlamentaria- son remitidos por defecto, desde este martes, desde o dominio parlamentodegalicia.gal.
 
A presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, informou desta decisión na reunión da Mesa e da Xunta de Portavoces do Parlamento celebrada onte. A medida constitúe un paso máis na implantación do dominio PuntoGal, propio de Galicia, que outorga visibilidade e proxección en Internet.
 
O Parlamento de Galicia foi unha das institucións pioneiras na activación do dominio PuntoGal na súa web o pasado 25 de xullo, que desde entón tamén é accesible a través dos enderezos www.parlamento.gal e www.parlamentodegalicia.gal.
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

MARTES 21
novembro de 2017
lunsmarmérxovvensábdom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930
<< outubro| decembro >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 21/11/2017


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408