O Parlamento de Galicia acolleu a entrega dos Premios de Publicidade en Galego

 
• O vicepresidente da Cámara, Miguel Santalices valora a relevancia deste galardón, que acumula 22 anos de vida
 
Santiago, 4 de maio de 2015.- O Parlamento de Galicia acolleu esta tarde o acto de entrega dos XXII Premios de Publicidade en Galego, convocados polo Consello Asesor de RTVE-G e da CRTVG.
 
O vicepresidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices destacou a relevancia deste galardón, que considerou  “plenamente consolidado, pola reputación acumulada ao longo  dos seus 22 anos de vida, e tamén porque a publicidade en galego deixou de ser un exemplo anecdótico e puntual para converterse nunha realidade frecuente”. Admitiu que, sen embargo, “aínda queda camiño por percorrer”. Salientou o recoñecemento que estes premios supoñen para as empresas e axencias que apostan pola lingua e o talento galegos.
 
Premiados
 
O Premio de Publicidade en Galego na modalidade de Internet reaceu na web de “Galeguesas, a diferencia”, da empresa Galeguesa, elaborado e presentado pola axencia Arraianos Multimedia. Na modalidade de Radio, resultou premiada a campaña “Hai cousas que canto menos cambien mellor”, de Larsa, elaborada e presentada pola axencia BAP&Conde. Na modalidade de Televisión, o premio correspondeu ao anuncio “O noso é o noso”, de Estrella Galicia, elaborado pola axencia Imaxe e presentado pola TVG.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

LUNS 23
outubro de 2017
lunsmarmérxovvensábdom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031
<< setembro| novembro >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 23/10/2017


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408