A presidenta do Parlamento e os reitores das tres universidades galegas comprométense a incrementar a colaboración entre as institucións

· Estudantes de Dereito das tres universidades galegas poderán realizar prácticas no Parlamento de Galicia, posibilidade que ata o de agora se limitaba  ao Prácticum da USC.

· Máis de 300 alumnos de Dereito da USC realizaron o Prácticum no Parlamento de Galicia no marco dun convenio asinado en 2004.

· Desde 2010, o Parlamento concedeu 42 bolsas de formación práctica para titulados universitarios, ao abeiro do convenio marco asinado entón coas tres universidades galegas.

Santiago, 16 de abril de 2015.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, reuniuse este mediodía no seu despacho da Cámara cos reitores das tres universidades galegas, cos que se comprometeu a incrementar  colaboración entre o lexislativo galego e as institucións académicas.
 
Durante o encontro, Pilar Rojo e os tres reitores asinaron convenios de colaboración para facilitar que os estudantes de Dereito das tres universidades galegas podan realizar prácticas académicas externas no Parlamento de Galicia. A colaboración neste ámbito estaba limitada, ata o de agora, aos alumnos da Facultade de Dereito da USC no  marco dun convenio asinado no ano 2004. Desde entón, un total de 329 estudantes realizaron o Prácticum no Parlamento de Galicia.
 
Na xuntanza participaron os reitores das universidades de Santiago de Compostela, Juan Viaño Rey; da Coruña, Xosé Luís Armesto Barbeito; e de Vigo, Salustiano Mato de la Iglesia. Tamén acudiron os presidentes dos Consellos Sociais das universidades de Santiago de Compostela, José María Arias Mosquera; e de Vigo, Ernesto Pedrosa Silva.
 
Bolsas de formación para universitarios
 
En maio de 2010, a presidenta do Parlamento de Galicia e os tres reitores galegos asinaron un convenio marco que, desde entón, permitiu a concesión de 42 bolsas de formación práctica na Cámara galega para titulados universitarios. Estas convocatorias teñen periodicidade anual e ofrecen bolsas de formación en arquivo, biblioteca e documentación, comunicación institucional, publicacións e informática.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

MARTES 21
novembro de 2017
lunsmarmérxovvensábdom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930
<< outubro| decembro >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 21/11/2017


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408