Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 14 de abril de 2015

5.1 30558 (09/PNP-002211)
 Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
 Fajardo Recouso, Juan Manuel
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para a devolución dos impostos e taxas cobradas de xeito indebido aos mariñeiros galegos en Noruega
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 386, do 03.12.2014
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
1. Exixir do Goberno central a inmediata reclamación perante o Goberno noruegués da devolución das taxas irregularmente cobradas sos mariñeiros galegos no país nórdico.
2. Interpor ao amparo do artigo 33 do Convenio europeo de dereitos humanos unha demanda perante o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos contra o Reino de Noruega, por incumprir o Convenio europeo de dereitos humanos ao ter vulnerado a prohibición de discriminación por nacionalidade por ter exixido a residencia para a inclusión no sistema noruegués de Seguridade Social aos nosos  traballadores do mar emigrantes embarcados nos seus buques, que, polo contrario, non se lles exixiu aos nacionais noruegueses empregados nos mesmos barcos, sen que exista xustificación obxectiva e razoable para iso".
 
5.2 32566 (09/PNP-002386)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Balseiro Orol, José Manuel
 Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego diante do Goberno central en relación coa creación dun rexistro nacional de posibilidades de pesca
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 410, do 05.02.2015
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno central para que adopte as medidas técnicas e normativas necesarias para a creación dun rexistro nacional de posibilidades de pesca, que incorpore todas as frotas que teñan constituído un réxime de posibilidades de pesca, con distribución individual por buque".

5.5 34781 (09/PNP-002554)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Romero Fernández, Cristina Isabel, e 7 máis
 Sobre a posta en marcha polo Goberno galego dun plan de mercados excelentes que poña en valor e incentive as posibilidades dos mercados e prazas de abastos de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 432, do 18.03.2015
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia para que active un plan de mercados excelentes que poña en valor e incentive as posibilidades dos nosos mercados e prazas de abastos, resaltando aquelas que presenten as mellores infraestruturas e os mellores servizos aos seus clientes e visitantes".
 
5.6 35374 (09/PNP-002587)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Vázquez Fernández, Manuel, e 3 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa dispensación da nova vacina contra a meninxite tipo B
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 436, do 25.03.2015
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia para que:
 
1. Adopte as medidas oportunas para incluír no calendario vacinal obrigatorio a vacina contra a meninxite tipo B. Neste senso, insta o Ministerio de Sanidade co fin de que, en función das novas evidencias científicas dispoñibles, decida a inclusión da vacina contra a meninxite tipo B no calendario vacinal.
 
2. Que, mentres isto non ocorre, se habiliten as farmacias galegas para que dispensen esta vacina, como sucede, practicamente, nas farmacias de toda Europa.
 
3. Informe a toda a poboación destas medidas, co obxecto de cortar a lamentable «peregrinaxe» a Portugal das familias, para conseguir una vacina que debemos dispensar en Galicia".
 
5.7 35377 (09/PNP-002588)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Gallego Calvar, María Carmen, e 3 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para o desenvolvemento da Lei 2/2014, do 14 de abril, pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais de Galicia e, en particular, nos ámbitos educativo e sanitario
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 436, do 25.03.2015
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia para que:
 
1. Inicie un proceso de diálogo coas organizacións LGTBI galegas, concellos e outras administracións públicas co fin de realizar o desenvolvemento regulamentario da Lei 2/2014.
 
2. Con carácter de urxencia, aprobe, de acordo coas organizacións de LGTBI, familias, comunidade educativa e sanitaria, os protocolos de actuación necesarios para:
  • Divulgar as distintas realidades afectivo-sexuais e de xénero e os distintos modelos familiares, para os efectos de garantir o pleno gozo dos dereitos das persoas LGTBI e o libre desenvolvemento da súa personalidade no ámbito familiar e entre as ANPA.
  • Garantir a atención terapéutica e sanitaria das prácticas e terapias relacionadas coa transexualidade e intersexualidade en todo o ámbito sanitario público, de conformidade co establecido no artigo 20 da LGTBI.
3. Garanta a formación continua e obrigatoria de todo o persoal sanitario en materia de diversidade afectivo-sexual, tanto no ámbito público coma privado ou concertado.
 
4. Promova campañas e cursos de formación sobre os aspectos e necesidades específicas das persoas LGTBI no ámbito sanitario.
 
5. Inclúa a realidade LGTBI nos contidos transversais da formación de todo o alumnado de Galicia.
 
6. Estableza actividades de formación para o persoal docente e incorpore a realidade LGTBI aos plans de estudo.
 
7. Logo de acordo coas corporacións locais respectivas, poña en funcionamento nos centros de información, atención, orientación e asesoramento xa existentes unha liña específica de atención para o colectivo LGTBI, que se desenvolverá regulamentariamente".

5.8 35613 (09/PNP-002598)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pombo Rodríguez, Cosme Eladio, e Prado Cores, María Montserrat
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para garantir o mantemento dos postos de traballo e a continuidade da actividade empresarial na factoría Vestas Nacelles Spain, S.A., no concello de Viveiro
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 442, do 06.04.2015
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:
1. Tomar todas as iniciativas precisas de cara a garantir a continuidade dos postos de traballo existentes (antes do anuncio dos ERE) na factoría Vestas de Viveiro e a continuidade da actividade desta factoría.
2. Facer valer as axudas públicas concedidas á empresa Vestas Nacelles Spain S.A., de Viveiro, por parte da Xunta de Galicia de cara ao mantemento dos postos de traballo e da continuidade da actividade empresarial".

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

MARTES 21
novembro de 2017
lunsmarmérxovvensábdom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930
<< outubro| decembro >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 21/11/2017


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408