A presidenta do Parlamento visita o Colexio Santiago Apóstol, o Centro Galicia e a Delegación da Xunta en Buenos Aires


 
* O luns visitou tamén a Federación de Asociacións Galegas

Buenos Aires, 7 de abril de 2015.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, visitou este martes en Buenos Aires o Colexio Santiago Apóstol e o Centro Galicia de Buenos Aires, dentro da rolda de visitas institucionais á colectividade galega da capital arxentina.
 
No Colexio Santiago Apóstol, Pilar Rojo tivo ocasión de coñecer as instalacións e o labor educativo deste centro. Asinou no libro de ouro e fixo entrega dun lote de libros para a biblioteca do Colexio.
 
Durante a visita ao Centro Galicia, Pilar Rojo tamén asinou no libro de ouro da institución, á que definiu como “faro de galeguidade e exemplo de traballo a prol da Galicia universal”. A presidenta do Parlamento deixou tamén constancia do agradecemento do Lexislativo galego pola axuda e colaboración recibida para poder amosar en Buenos Aires a exposición “53 páxinas das nosas letras”, inaugurada onte nas dependencias do Centro Galicia. Agradeceu poder levar a exposición á capital arxentina, ofrecendo deste xeito a oportunidade de coñecela  a moitos dos galegos que “viven lonxe da terra nai, pero que tan cerca están de todos nós”.
 
A axenda institucional da presidenta do Parlamento desta mañá completouse cunha visita á Delegación da Xunta de Galicia en Buenos Aires, as instalacións da cal lle foron amosadas polo delegado, Alejandro López Dobarro.
 
Onte luns, Pilar Rojo visitou tamén a sede da Federación de Asociacións Galegas, e o Museo da Emigración, pertencente a esta entidade.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes Relacionadas

Pilar Rojo asina no libro de ouro do Centro Galicia de Buenos AiresO Centro Galicia acolle a mostra "53 páxinas das nosas letras"Visita ao Colexio Apóstol Santiago de Buenos AiresVisita ao Colexio Santiago ApóstolPilar Rojo visitu a delegación da Xunta de Galicia en Buenos Aires, onde asinou no libo de ouro

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

MARTES 21
novembro de 2017
lunsmarmérxovvensábdom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930
<< outubro| decembro >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 21/11/2017


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408