Pilar Rojo reivindica en Buenos Aires a universalidade da cultura galega

 
• Presidiu a apertura da exposición “53 páxinas das  nosas letras” organizada polo Parlamento, a Xunta e a RAG, e trasladada a Buenos Aires coincidindo co XI Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos
 
• Previamente, Pilar Rojo visitou a Federación de Asociacións Galegas

Buenos Aires, 6 de abril de 2015.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo reivindicou  en Buenos Aires a universalidade da cultura galega no acto de apertura ao público (tarde en Buenos Aires, noite en Galicia) da exposición “53 páxinas das nosas letras” unha mostra itinerante e divulgativa organizada polo Parlamento, a Xunta e a Real Academia.

A mostra chega a Buenos Aires como actividade complementaria do XI Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG), inaugurado este luns. Estará aberta ao público ata o vindeiro 3 de maio na Sala Luis Seoane do Centro Galicia de Buenos Aires.

Pilar Rojo valorou que a exposisión se amose no Centro Galicia, o que permitirá, ademais, que os centos de estudantes do Colexio Santiago Apóstol podan afondar nos seus coñecementos sobre a lingua e literatura galega tomando como base os materiais que conforman esta mostra.
 
A presidenta do Parlamento de Galicia animou ao conxunto da sociedade a participar na tarefa de espallar e prestixiar a cultura galega, como fai a colonia galega de Buenos Aires.
Pilar Rojo enfatizou a especial significación deste acto, dados os intensos lazos que unen a Galicia con Arxentina, e particularmente con Buenos Aires, cidade que no seu momento foi denominada quinta provincia e primeira cidade de Galicia.

A mostra “53 páxinas das nosas letras” foi concibida para render homenaxe e divulgar a figura e obra dos escritores e escritoras aos que se lles ten dedicado o Día das Letras Galegas. Está integrada polas denominadas Medallas das Letras -obra do debuxante e caricaturista Siro López e o escultor e medallista Manuel Ferreiro Badía-, pertencentes á colección de arte do Parlamento. Reproducen a faciana, en altorrelevo, dos autores ou autoras aos que de dedicou o Día das Letras Galegas desde a súa primeira edición, a de 1963.
 
Ademais de contemplar as obras, os visitantes da mostra poderán afondar no coñecemento dos autores homenaxeados a través dun catálogo prologado polo presidente da Real Academia Galega, e integrado por breves perfís de cada un dos escritores ou escritoras homenaxeados durante este algo máis de medio século. A mostra inclúe tamén un vídeo divulgativo sobre o Día das Letras Galegas que inclúe unha gravación sonora de Francisco Fernández del Riego, impulsor desta celebración.
 
Agradecementos
 
A presidenta do Parlamento agradeceu a colaboración prestada polas diferentes institucións e entidades que fixeron posible o traslado da mostra a Buenos Aires: Centro Galicia de Buenos Aires, Asociación Internacional de Estudos Galegos, Delegación da Xunta de Galicia en Buenos Aires e Embaixada de España na República Arxentina.
 
No acto interviron tamén o presidente do Centro Galicia, Agustín Diz Portabales; o secretario da Rea Academia Galega, Henrique Monteagudo; e o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García.
 
Ricardo Alfonsín, fillo do expresidente Raúl Alfonsín, de orixe galega, achegouse ao Centro Galicia para saudar á presidenta do Parlamento de Galicia.
 
Con anterioridade a este acto, a presidenta do Parlamento visitou a sede da Federación de Asociacións Galegas, onde foi recibida polo presidente da entidade, Francisco Lores Mascato, e outros integrantes da mesma. Alí mesmo visitou tamén o Museo da Emigración, pertencente a esta entidade.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes Relacionadas

Pilar Rojo saúda a Ricardo Alfonsín, fillo do expresidente arxentino Raúl AlfonsínVisita á Federación de Asociacións Galegas

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

MÉRCORES 22
novembro de 2017
lunsmarmérxovvensábdom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930
<< outubro| decembro >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 22/11/2017


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408