Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 25 de marzo de 2015

4.1 32524 (09/PNP-002374)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 7 máis
Sobre a realización polo Goberno galego das xestións necesarias para avanzar na implantación da presentación telemática das demandas e comunicacións xudiciais
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 410, do 05.02.2015
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a realizar as xestións necesarias para que se avance na implantación da presentación telemática de demandas xudiciais, así como no resto de comunicacións xudiciais tanto para os profesionais como para outras administracións públicas, evitando custos e desprazamentos innecesarios aos cidadáns e profesionais nas súas relacións coa Administración de Xustiza".
 
 
4.2 32700 (09/PNP-002401)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa celebración do Día das Letras Galegas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 410, do 05.02.2015
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a, en colaboración con administracións locais, asociacións e diversas entidades, apoiar e revitalizar a celebración do Día das Letras Galegas a través da promoción de actividades e actos que poñan de relevo a traxectoria e a relevancia do/a autor/a designado/a pola RAG, tanto no conxunto da comunidade galega como nos lugares relacionados coa súa vida e obra".
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Erro ó carga-la páxina. Error en el servidor remoto: (404) No se encontró.

© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408