Pilar Rojo define como “razoable, democrática e proporcional” a proposta de reparto de iniciativas aprobada esta semana pola Mesa e Xunta de Portavoces

 
• Defende a legalidade da medida e recorda que como presidenta da Cámara sempre procura o aval dos Servizos Xurídicos, ao tempo que vela “polos dereitos de participación democrática de todos os grupos”
 
• Amósase sorprendida porque as críticas á norma que regula o parque móbil da Cámara xurdan case catro anos despois de ser aprobada, malia que nada ten mudado desde entón
 
Santiago, 8 de febreiro de 2015.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, explicou hoxe que a proposta para o reparto de iniciativas no Pleno da Cámara, aprobada o pasado martes pola Mesa e Xunta de Portavoces é “razoable, democrática e proporcional”.
 
Nunha entrevista emitida este mediodía pola Cadea SER, Rojo Noguera recordou que ela mesma presentou á Mesa da Cámara unha proposta “razoable”, que a Mesa a “adoptou por unanimidade” para ser logo trasladada á Xunta de Portavoces, onde “se posicionaron os distintos grupos e aprobouse”. “Houbo un acordo de xeito natural, como hai moitos na Mesa e na Xunta de Portavoces”, afirmou.
 
Subliñou Rojo Noguera a legalidade da medida adoptada, e engadiu que como presidenta da Cámara sempre procura que as súas decisións sexan acordes coa lexislación e co Regulamento, e estean avaladas polos Servizos Xurídicos da institución. E vela “por suposto, polos dereitos de participación democrática de todos os grupos”.
 
Durante a entrevista, a presidenta da Cámara tamén apelou á “racionalidade e serenidade” dos deputados para evitar  que se volvan repetir sucesos e expresións que afectan á dignidade das persoas. “Os cidadáns non merecen escoitar as cousas que escoitan” en ocasións, afirmou, antes de recordar que a retirada dunha expresión do Diario de Sesións leva implícita unha chamada á orde para o deputado que a pronuncia. Recordou que unha terceira chamada á orde implica a expulsión, unha situación que considera “triste”, pero para a que a faculta o Regulamento.
 
Coches oficiais
 
Sobre as críticas á aplicación do acordo da Mesa da Cámara que regula a utilización cos coches oficiais da institución, a presidenta do Parlamento amosou a súa sorpresa porque sexa agora cando se cuestiona a aplicación dun texto aprobado hai case catro anos e que desde entón se ven aplicando do mesmo xeito. Vinculou os intentos de polemizar con este asunto co actual momento preelectoral.
 
“Non se mudou nada, todo o contrario -afirmou-. O único que se mudou nesta lexislatura, desde inicios de 2013, é a posibilidade para os membros da Mesa que cando non usan o coche oficial que podan pasar os gastos de quilometraxe como o resto dos deputados”.  Para o resto “é o mesmo espírito. Se agora se fai outra interpretación, se queren outra proposta distinta, que a plantexen. Ata o de agora, despois de case catro anos con este acordo nunca se dixo nada”, agregou
 
Apuntou a presidenta do Parlamento que a utilización dos coches oficiais sempre se efectuou de acordo coa norma en vigor, tanto por parte dos membros do PP no órgano reitor da Cámara, como “noutros momentos outros membros da Mesa”. Explicou que os cambios introducidos no parque móbil da institución permitiron reducir os 9 coches da 7ª lexislatura ata os 3 coches e unha furgoneta actuais. E que se pasou de 8 a 4 condutores.  “Os membros da Mesa utilizan o coche de xeito institucional, para as tarefas representativas e institucionais”, derivadas do seu cargo.
 
Demagoxia e populismo
 
Preguntada sobre se lle preocupa Podemos, Pilar Rojo afirmou que o que realmente lle preocupa é o ascenso das “demagoxias e os populismos”, que “enganan á cidadanía” na medida en que non explican como pretenden materializar o seu discurso.
 
“Agardo que as cousas se sereen, que as cousas vaian mellor; penso que están indo a mellor , agregou.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

LUNS 23
outubro de 2017
lunsmarmérxovvensábdom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031
<< setembro| novembro >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 23/10/2017


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408