Fachada do Parlamento de Galicia Páxina principal do Parlamento de Galicia

PARLAMENTO DE GALICIA

Menu de navegación.


Pilar Rojo reivindica o valor da Ruta Xacobea de Arousa e Ulla

 A presidenta do Parlamento de Galicia participou, en Rianxo, nun acto de promoción deste itinerario marítimo-fluvial, que contou coa asistencia dos responsables da Ruta Quetzal
 
• Sumouse á homenaxe rendida hoxe ao fundador e primeiro presidente da Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla, José Luis Sánchez Agustino, o “artífice do recoñecemento e a proxección da que hoxe goza a ruta marítimo fluvial de Arousa e Ulla”

Santiago, 23 de xullo de 2010.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, reivindicou hoxe o protagonismo da Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla, “sen a cal  non se podería explicar a existencia de calquera outro dos camiños de Santiago que, desde hai séculos, conducen cara Compostela a millóns de peregrinos”.
 
Nun acto organizado en Rianxo para dar a saída a unha nova edición do remonte desta Ruta Xacobea, a titular da Cámara lexislativa galega valorou tamén o papel desenvolvido polos peregrinos ao longo da historia. “Contribuiron a estender culturas, intercambiar coñecementos, sementar valores e forxar o espírito europeo do que hoxe todos estamos imbuídos”, dixo.
 
Con independencia do motivo que anime a peregrinación, Rojo Noguera amosouse convencida de que “cantos percorren o Camiño de Santiago rematan a Ruta renovados e cunha pegada indeleble para o resto das súas vidas”.
 
No acto participaron tamén os organizadores da Ruta Quetzal, que este ano visita Galicia.
 
Homenaxe ao promotor da Ruta Xacobea de Arousa e Ulla
A presidenta do Parlamento de Galicia sumouse tamén á homenaxe rendida hoxe ao fundador e primeiro presidente da Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla, José Luis Sánchez Agustino, por ter sido o “artífice do recoñecemento e a proxección da que hoxe goza a ruta marítimo fluvial de Arousa e Ulla”.

Saúdos, Gabinete de Comunicación
 
 
 
 
 

 

Imaxes Relacionadas

foto Xunta

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

DOMINGO 19
maio de 2013
lunsmarmérxovvensábdom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031
<< abril| xuño >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 19/05/2013


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408