Carmen Cajide toma posesión como deputada do Parlamento de Galicia
* Substitúe a Emilio Pérez Touriño
Santiago, 16 de marzo de 2010.- Carmen Cajide Hervés tomou posesión hoxe da súa acta de deputada do PSdeG-PSOE, por Pontevedra, no Parlamento de Galicia, en substitución de Emilio Pérez Touriño, que a semana pasada renunciou ao seu escano na Cámara.
A nova deputada naceu o 21 de decembro de 1956 en Cuntis. Casada
Estudios e Profesión
Curso de Axentes de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes
Animador sociocultural e deportiva. Monitora de baloncesto. Formador de formadores.
Axente de desenvolvemento local. Amplía formación sobre deseño e elaboración de proxectos. Amplía formación sobre: Desenvolvemento Rural, Programas Europeos, Sevizos Sociais, Igualdade de Oportunidades, Turismo, Patrimonio, etc.
Formación teórica, e sobre todo práctica, sobre dirección e coordinación de recursos humanos. Axente Censal e/ou Xefa de Grupo. Coordinadora do programa europeo Now II “Alta Artesanía Rural”, da Mancomunidade Intermunicipal dos Vales do Ulla e Umia dende junio do 1997 a abril de 1998. Coordinadora da Asociación para o desenvolvemento Rural dos Vales do Ulla e Umia dende abril de 1998. Actuando como responsable Técnica da Xerencia dos proxectos Europeos NOW III “CERES”, EQUAL “Mujer Empresa y Vida Económica Local”, EQUAL “Profesionais para la Igualdad de Oportunidades”. Foi responsable da Xerencia do proxecto de Desenvolvemento Rural LEADER+ Ulla Umia. Secretaria da asociación de veciños San Roque de Cardecide dende fai 16 anos. Secretaria da comunidade de montes en man común de Laxos e Cardecide durante 12 anos.
Cargos Institucionais
Concelleira de Servicios Sociais, Muller, Xuventude e Formación e Emprego do Concello de Cuntis durante 10 anos e medio. Foi deputada na VI Lexislatura, na que formou parte da comisión de Pesca e foi secretaria da de Agricultura. Tamén formou parte da Comisión de Igualdade e Fondos Europeos.
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia
Imaxes Relacionadas