
O Parlamento, adherido ao rexistro comunitario de xestión ambiental Emas
O Parlamento de Galicia está adherido ao Sistema Comunitario de Xestión e Auditoría Ambiental –EMAS- que recoñece a política ambiental da Cámara autonómica. Deste xeito, en todo o Estado tan só a Cámara galega e o Parlamento de Andalucía posúen esta certificación.
+ Ampliar

A climatización xeotérmica chega ao Parlamento de Galicia
A presidenta do Parlamento de Galicia, Dolores Villarino, presentou hoxe o sistema de climatización xeotérmica que permitirá quentar no inverno e enfriar no verán o 23 por cento do edificio.
+ Ampliar

Visita do I Encontro Solar ao Parlamento
Os participantes do “I Encontro Solar”, que se celebra mañá en Santiago de Compostela, visitaron hoxe a sede do Parlamento de Galicia, onde observaron os paneis solares fotovoltaicos instalados no edificio da institución.
+ Ampliar

Climatización xeotérmica
O Parlamento de Galicia comezou as obras de perforación nos xardíns da institución para a instalación do sistema de calefacción. A Cámara autonómica climatizará mediante este sistema un 23 por cento do edificio, superando en tres puntos as recomendacións do Plan de Acción sobre Eficiencia Enerxética da Comisión Europea para o aforro enerxético e o uso de enerxías limpas.
+ Ampliar

Educar en medio ambiente, un éxito para todos e todas
A presidenta do Parlamento de Galicia, Dolores Villarino Santiago, dixo hoxe que incluír o respecto polo medio ambiente na educación dos rapaces e rapazas “será un éxito para toda a sociedade”. Así o dixo no saúdo aos 80 rapaces e rapazas de entre 12 e 17 anos do Colexio Santiago Apóstol de Ponteareas que presentaron na Cámara preto de 50 experimentos científicos realizados con materiais reciclados.
+ Ampliar

Redución de 4.000 toneladas de CO2 en catro anos
A presidenta do Parlamento de Galicia, Dolores Villarino Santiago, presentou hoxe en Madrid o balance do programa de xestión medioambiental da Cámara autonómica “Por un Parlamento máis verde” na Conferencia de Presidentes de Parlamentos Autonómicos –Coprepa- que se celebrou onte xoves e hoxe venres en Madrid.
+ Ampliar

Certificación Europea de Xestión Ambiental
A presidenta do Parlamento de Galicia, Dolores Villarino Santiago, anunciou na Conferencia de Presidentes de Parlamentos Autonómicos –Coprepa- que Cámara autonómica opta á certificación europea de xestión medioambiental EMAS –Regulamento Comunitario de Ecoxestión e Ecoauditoría- porque xa cumpre cos requisitos necesarios.
+ Ampliar

Cadea humana a favor do respecto ao Planeta
Un total de 40 rapaces do colexio ourensán Xosé Manuel Folla Espino se dirixiron hoxe aos adultos para pedir dende a Cámara autonómica “a construción dun presente e un futuro respectuosos co planeta” con motivo da celebración do Día Mundial da Terra.
+ Ampliar

Parlamento de Galicia, Punto Limpo
A Mesa do Parlamento de Galicia ven de aprobar a sinatura dun convenio de colaboración coa empresa Cogami Reciclado de Galicia, SL –Coregal- para a instalación dun punto limpo de reciclaxe de residuos nas instalacións da Cámara autonómica.
+ Ampliar

Día Mundial dos Bosques no Parlamento de Galicia
Un total de 40 alumnos e alumnas de entre 10 e 12 anos do CEIP Doblada de Vigo e técnicos do Centro de Estudos de Lourizán participaron nunha plantación de árbores no xardín autóctono da Cámara autonómica con motivo da celebración do Día Mundial dos Bosques, o próximo día 21 de marzo
+ Ampliar

O Parlamento instala paneis solares na marquesiña da entrada
O Parlamento de Galicia pon en marcha esta semana a instalación de paneis solares fotovoltaicos translúcidos no teito da marquesiña da entrada, cunha extensión de 42 metros cadrados integrados na estrutura do edificio, e que producirán a enerxía equivalente á iluminación exterior do edificio.
+ Ampliar

Obradoiro medioambiental no Parlamento de Galicia
Un total de 30 rapaces e rapazas de sexto de primaria do CEIP Antonio Orza Couto –A Coruña- foron os primeiros en reciclar papel hoxe venres no Obradoiro medioambiental do programa educativo do Parlamento de Galicia.
+ Ampliar

As 74 Asembleas Rexionais con competencias lexislativas da UE aproban en Berlín a declaración sobre "Cambio Climático" do Parlamento de Galicia
A XI Conferencia de Asembleas Lexislativas Rexionais Europeas -Calre- aprobou a declaración sobre "cambio climático" presentada pola presidenta do Parlamento de Galicia, Dolores Villarino.
+ Ampliar

Plan de Optimización Enerxética no Parlamento
A presidenta do Parlamento de Galicia, Dolores Villarino, e o conselleiro de Enerxía e Industria e presidente do Instituto Enerxético de Galicia -Inega-, Fernando Blanco, asinaron en novembro de 2006 un convenio de colaboración para o desenvolvemento dun Plan de Optimización Enerxética no edificio do Parlamento de Galicia.
+ Ampliar