PARLAMENTO DE GALICIA



Salientamos

FUNDACION CELA

O GRUPO POPULAR PRESENTARÁ UNHA INICIATIVA PARA QUE O LEGADO DE CELA QUEDE EN GALICIA E QUE A FUNDACIÓN NON PERDA O SEU PROTAGONISMO EN PADRÓN

• Para o voceiro popular o inicio dos trámites pola Xunta para declarar o patrimonio artístico e literario como Ben de Interese Cultural é a mellor garantía para conservar o seu legado e a súa permanencia na nosa Comunidade
                
Santiago de Compostela, 4 de xuño de  2010.-  O voceiro do Grupo Popular, Manuel Ruiz Rivas, anunciou a próxima presentación no Parlamento de Galicia dunha iniciativa co obxectivo de que o legado do Premio Nobel Camilo José Cela se quede en Galicia e que Padrón non perda o seu protagonismo na súa Fundación, como foi ata o de agora. Segundo o voceiro popular Iria Flavia (Padrón)  seguirá conservando o peso que tivo sempre, tanto na vida como na traxectoria e na obra do Premio Nobel, e seguirá tendo a sede da súa Fundación.
Para Ruiz Rivas o inicio dos trámites, por parte da Xunta de Galicia, para declarar o patrimonio artístico e literario do Premio Nobel como Ben de Interese Cultural é a mellor garantía de conservación do seu legado e da súa permanencia na nosa Comunidade. “A Xunta iniciou xestións para garantir que a colección, que recolle de forma exhaustiva e completa a documentación referida a súa produción artística e as cartas que mantiña con intelectuais da época, poida ser conservada en Galicia como parte do patrimonio galego e que como tal ten que ser atendido, conservado e enriquecido polas administracións públicas”.
O PPdeG considera que estas accións da Xunta están encamiñadas a salvar a súa vinculación con Galicia e da desaparición a Fundación Cela “da que o goberno bipartito na Xunta de Galicia e en concreto a Consellería de Cultura, dirixida naquel momento polo BNG, nada fixo e nunca estimou oportuno preocuparse pola obra do Nobel galego”.


IMAXES RELACIONADAS


Manuel Ruiz Rivas

Manuel Ruiz Rivas

Circunscripción: A Coruña

Currículum Vitae

Buzón Deputados/as

  • O deputado/a te escoita: deixa suxestións e propostas sobre os asuntos do teu interese:
    Contactar



© Parlamento de Galicia, 2007 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408