PARLAMENTO DE GALICIA



Salientamos

LINGUA TOPONIMIA

RUÍZ RIVAS CONSIDERA “O MAIOR EXERCICIO DE CINISMO POLÍTICO” QUE O ALCALDE DA CORUÑA REMITIRA HOXE UN ESCRITO AO PRESIDENTE DA XUNTA PEDINDO A COOFICIALIDADE DO TOPÓNIMO DESPOIS DE TER VOTADO EN CONTRA ONTE


• O deputado acusa á oposición de “intentar enganar á xente cunha dobre linguaxe”.

Santiago, 27 de outubro de 2009.- O portavoz do Grupo Parlamentario Popular, Manuel Ruíz Rivas, considerou esta tarde, en declaracións aos medios de comunicación, “o maior exercicio de cinismo político” o feito de que o alcalde da Coruña remitira hoxe un escrito ao Presidente da Xunta pedindo a cooficialidade do topónimo da dita cidade, despois de ter votado en contra onte no Pleno municipal.
Tra-la votación dunha moción presentada polo BNG en relación co uso da lingua galega, á que os populares presentaron unha emenda, o portavoz parlamentario do PPdeG expresa a “desazón” do seu Grupo polo rexeitamento de PSOE e BNG á súa proposta de reafirmar o compromiso da Cámara coa defensa e promoción do galego en base ao Estatuto, a Lei de Normalización Lingüística e o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega. Así, explicou que o texto da emenda presentada polo seu Grupo “era claro sobre a defensa do galego” e afirmou non entender cómo, “cando toda a lexislación ao respecto descansa neses tres textos legais, se quere buscar outro tipo de compromisos”. Nese sentido, o deputado acusou á oposición de “intentar enganar á xente cunha dobre linguaxe”.
Ruíz Rivas, quen salientou que “nós non seremos altavoces de quen dí unha cousa e despois a contraria”,  reiterou que, tal como dixo o presidente da Xunta, calquera decisión sobre toponimia debaterase no Parlamento “cando o concello en cuestión así o solicite” mediante acordo plenario, “tal como establece a Lei”.
Para Ruíz Rivas, o rexeitamento á emenda do Grupo Popular só se explica por un interese “en apartarnos deste acordo”.


IMAXES RELACIONADAS

Non hai imaxes relacionadas coa nova.


Manuel Ruiz Rivas

Manuel Ruiz Rivas

Circunscripción: A Coruña

Currículum Vitae

Buzón Deputados/as

  • O deputado/a te escoita: deixa suxestións e propostas sobre os asuntos do teu interese:
    Contactar



© Parlamento de Galicia, 2007 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408