PARLAMENTO DE GALICIA



Salientamos

FISTERRA

RUIZ RIVAS:”A GRAN DIFERENZA DO BIPARTITO E O ACTUAL GOBERNO NA XUNTA DE GALICIA É QUE A COSTA DA MORTE AGORA SÍ VAI CONTAR CUNHA AUTOVÍA”

Os deputados do PPdeG mantiveron hoxe en Fisterra un encontro con portavoces e alcaldes da zona co fin de coñecer “in situ” as necesidades e preocupacións dos veciños da comarca e darlles traslado a sede parlamentaria na busca de solucións

+ Ampliar

RUIZ RIVAS COMPARECENCIA FEIJOO

RUIZ RIVAS:”AGORA GALICIA TEN UN GOBERNO QUE CONTA A VERDADE DAS CONTAS PUBLICAS E INVITA AO CONSENSO, E UNHA OPOSICIÓN QUE SÓ BUSCA OS SEUS INTERESES PARTIDISTAS”

“O PPdeG sabe cal é a situación actual e non a oculta aos galegos: as previsións irreais dos orzamentos da Xunta bipartita e do Goberno do Estado e a súa irracionalidade na xestión obriga á Xunta a devolver 2600 millóns en liquidacións negativas do pasado das que non é responsable e que afecta negativamente as finanzas da Comunidade” segundo o voceiro popular

+ Ampliar

DEPUTACION PERMANENTE

RUIZ RIVAS:”O SOCIALISTAS FAN O PARIPÉ AO SOLICITAR UNHA COMPARECENCIA DO PRESIDENTE DA XUNTA CANDO EL MESMO ANUNCIOU FAI UN MES QUE SE PRODUCIRÍA”

O voceiro do Grupo Popular critica o “uso torticeiro do Regulamento do Parlamento por parte do PSOE solicitando primeiro un pleno extraordinario sen reunir os requisitos, despois a reunión da Deputación Permanente unha vez que remata a reunión da Mesa do Parlamento e por último fan unha nova solicitude inventando novas fórmulas que nada teñen que ver coa comparecencia”

+ Ampliar

BALANCE PERIODO SESIONS

http://www.parlamentodegalicia.es/sites/ParlamentoGalicia/GrupoPP/SitioManuelSantosRuiz/BibliotecaImaxesGrupoParlamentario/_t/Ruiz%20Rivas%20desayuno%20informativo%207%207%2010%20_JPG.jpg

RUIZ RIVAS SALIENTA QUE NA ACTUAL LEXISLATURA O PARLAMENTO DE GALICIA “ESTÁ A CONVERTERSE DE VERDADE NO CENTRO DA VIDA POLÍTICA GALEGA”

A aprobación de dúas proposicións de lei de iniciativa popular demostra que a Cámara “reforzou o seu carácter participativo e de apertura á sociedade”, nun período de sesións de intensa actividade, no que se celebraron 11 plenos e 85 comisións

+ Ampliar

ENTREVISTA WEB RUIZ RIVAS

Ruiz Rivas salienta a receptividade do Goberno de Feijóo ás propostas que emanan do Parlamento no que comparece habitualmente para dar conta “dos asuntos que preocupan aos galegos”

Nunha entrevista publicada na web do PPdeG, o portavoz do Grupo Parlamentario Popular lamenta que a oposición estea “máis preocupada nos titulares e en solucionar os seus propios problemas ca nos do país”

+ Ampliar

A FONSAGRADA

O GRUPO POPULAR IMPULSA NO PARLAMENTO A CREACIÓN DUNHA RESIDENCIA PARA MAIORES NA FONSAGRADA

Os deputados do PPdeG, encabezados polo seu portavoz, Manuel Ruiz Rivas, e polo presidente provincial do PP, Xosé Manuel Barreiro, visitaron hoxe este municipio lucense, dentro das actividades de contacto directo co territorio e coas preocupacións dos cidadáns

+ Ampliar

BALANCE RESPOSTA PSOE

RUIZ RIVAS CUALIFICA AS DECLARACIÓNS DE LEICEAGA SOBRE A ACTIVIDADE PARLAMENTARIA DE “ESCUSAS DE MAL PAGADOR” PARA INTENTAR “AGACHAR AS CARENCIAS DO SEU PARTIDO Á HORA DE DEFENDER DE VERDADE OS INTERESES DOS GALEGOS”

O portavoz do Grupo Popular lémbralles aos socialistas que “a culpa de que aquí teñamos que plantexar tantas iniciativas en relación con decisións do Goberno central” é da “desastrosa política” de Zapatero e as súas “fatais” consecuencias para Galicia

+ Ampliar

NOIA ESCOLLERA

RUIZ RIVAS SUXÍRELLE A LAGE QUE LLE PIDA EXPLICACIÓNS AO ALCALDE DE NOIA POLA SÚA PRETENSIÓN DE DESMANTELAR O PORTO EN LUGAR DE CRITICAR A QUEN TRABALLA POR POTENCIALO

O portavoz do Grupo Parlamentario Popular salienta que a reversión a Costas do Estado do espazo portuario causaría enormes prexuízos urbanísticos aos veciños e provocaría que a vila perdera o seu gran potencial náutico de recreo

+ Ampliar

AUTOVIA COSTA MORTE E TRAMA AGRARIA PSOE

http://www.parlamentodegalicia.es/sites/ParlamentoGalicia/GrupoPP/SitioManuelSantosRuiz/BibliotecaImaxesGrupoParlamentario/_t/Ruiz%20Rivas%20e%20Gomez%20Alonso%2028%206%2010_JPG.jpg

RUIZ RIVAS ACUSA AO PSOE GALEGO DE MONTAR UN “ESPECTÁCULO CIRCENSE” COA VISITA DE LÓPEZ VIDAL Á XUNTA PARA TAPAR “ERROS DO PASADO” COMO O DA TRAMA AGRARIA

O portavoz do Grupo Popular revela que un bo número de empregados contratados polas asociacións da rede traballaban lonxe dos centros declarados por estas á Xunta

+ Ampliar

RENOVACION TRIBUNAL CONSTITUCIONAL

RUIZ RIVAS RESALTA QUE A ELECCIÓN DE CANDIDATOS AO TRIBUNAL CONSTITUCIONAL APROBADA NA PASADA LEXISLATURA BASEOUSE NUN SISTEMA “REPROBABLE DESDE O PUNTO DE VISTA DEMOCRÁTICO”

O Pleno do Parlamento aproba unha iniciativa do Grupo Popular para que a Cámara poida facer unha nova proposta que reflicta a súa composición actual

+ Ampliar

XULLO PARLAMENTO

RUIZ RIVAS LEMBRA QUE PACHI VÁZQUEZ É “O DEPUTADO AUSENTE” POLAS SÚAS INASISTENCIAS AO PARLAMENTO

O portavoz do Grupo Popular lembra que o mes de xullo só pode habilitarse, en base ao Regulamento, por solicitude do Goberno, da Deputación Permanente ou por aprobación da maioría da Cámara

+ Ampliar

VIAXES PRESIDENTE

RUIZ RIVAS SALIENTA QUE O PRESIDENTE FEIJÓO “ESTÁ SEMPRE ONDE TEN QUE ESTAR” E CUALIFICA DE “SORPRENDENTE” QUE “A ALGUÉN LLE PAREZA MAL” QUE SE REÚNA COS GALEGOS DE EUSKADI E CO PRESIDENTE DESA COMUNIDADE

“Outros que non son presidentes as veces que saíron fóra de Galicia foi para facer xestións en contra de Galicia”, lembrou o portavoz do Grupo Popular, en referencia ás “visitas a Ferraz” de Pachi Vázquez en relación coas caixas de aforros

+ Ampliar

PENSIÓNS E NAVANTIA

O GRUPO POPULAR PROPÓN QUE A XUNTA DEMANDE AO GOBERNO DE ZAPATERO QUE RENUNCIE A CONXELAR AS PENSIÓNS

Ruiz Rivas amósase radicalmente en contra dunha decisión que “lesionará inxustamente a máis de 5 millóns de pensionistas” e que supón romper o Pacto de Toledo, “un dos maiores logros da nosa democracia”

+ Ampliar

ENTREVISTA RNE

RUIZ RIVAS RESALTA QUE O PLAN ESTRATÉXICO E AS MEDIDAS DE AUSTERIDADE E DE LOITA CONTRA A CRISE DA XUNTA DEMOSTRAN QUE AO GOBERNO DE FEIJÓO PREOCÚPALLE “O QUE LLE PREOCUPA Á XENTE”

Nunha entrevista emitida hoxe por Radio Nacional de España en Galicia, o portavoz do Grupo Popular reiterou que cando hai indicios “dunha suposta trama de desvío de fondos públicos” hai que investigar e o Goberno “ten que intervir”

+ Ampliar

PASAMENTO VICTORINO NUÑEZ

O GRUPO POPULAR EXPRESA O SEU PESAR POLO FALECEMENTO DE VICTORINO NÚÑEZ E AGRADECE A SÚA DEDICACION Á CAUSA DE GALICIA

O portavoz parlamentario do PPdeG, Manuel Ruiz Rivas, envía un telegrama de pésame á familia

+ Ampliar

SINALIZACION VIARIA PORTO DO SON

RUIZ RIVAS INSTA Á XUNTA A MELLORAR A SINALIZACIÓN VIARIA CARA A PORTO DO SON

Presentou no Parlamento unha proposición non de lei na que fai especial fincapé na Vía de Alta Capacidade Brión-Noia, a Autovía do Barbanza e na confluencia coa AC-550

+ Ampliar

PACTO ECONOMICO PSOE

RUIZ RIVAS CRE QUE CADA VEZ QUE PACHI VÁZQUEZ FAI UNHA PROPOSTA DE PACTO “ESTÁ PENSANDO XA EN CÓMO RACHALO”

O portavoz do Grupo Popular salienta que o único que pode respostar á oferta remitida mediante carta polo secretario xeral do PSdeG ao presidente da Xunta “é o propio presidente”

+ Ampliar

BALANCE UE SECTOR LÁCTEO

http://www.parlamentodegalicia.es/sites/ParlamentoGalicia/GrupoPP/SitioManuelSantosRuiz/BibliotecaImaxesGrupoParlamentario/_t/Rolda%20prensa%20portavoz%20balance%20presidencia%20española%20UE%2016-6-10_JPG.jpg

OS SOCIALISTAS GALEGOS LEVAN A COMISIÓN UNHA INICIATIVA NA QUE LLE PIDEN Á XUNTA QUE DEMANDE AOS SOCIALISTAS DO GOBERNO CENTRAL A DEFENSA DO SECTOR LÁCTEO ANTE A UE QUE NON ESTÁN A FACER

Ruiz Rivas salienta que o PSdeG ofrece con esta proposición non de lei, que se debaterá na Comisión de Asuntos Europeos de mañá, unha mostra máis da súa falta de interlocución co seu partido en Madrid, ao que “non son quen de pedir directamente que apoie os intereses de Galicia”

+ Ampliar

CONFERENCIA POLITICA PSDEG-PSOE

RUIZ RIVAS LAMENTA QUE OS SOCIALISTAS PERDERAN NA SÚA CONFERENCI APOLÍTICA “UN TEMPO PRECIOSO PARA ATENDER OS PROBLEMAS DOS GALEGOS” E O MALGASTARAN EN CENTRARSE NOS SEUS PROPIOS

O portavoz do Grupo Popular considera que o enérxico respaldo de José Blanco a Pachi Vázquez demostra que está cuestionado polos seus propios militantes

+ Ampliar

LEI COSTAS

O GRUPO POPULAR PRESENTA UNHA PROPOSICIÓN DE LEI DE MODIFICACIÓN DA LEI DE COSTAS, CO FIN DE QUE SE RECOLLAN NELA AS PECULIARIDADES DOS ASENTAMENTOS RURAIS DO LITORAL GALEGO, ASÍ COMO A LEXISLACIÓN URBANÍSTICA AUTONÓMICA

Ruiz Rivas salienta que a iniciativa, que sería remitida ao Congreso dos Deputados, pretende unha solución legal axeitada “a un problema que afecta a moitos veciños de núcleos costeiros” e que provoca situacións “moralmente inxustas”

+ Ampliar

VIAXES INSTITUCIONAIS

O GRUPO POPULAR PRESENTA UNHA INICIATIVA PARA QUE A XUNTA REGULE AS VIAXES AO ESTRANXEIRO DOS MEMBROS DO GOBERNO E ALTOS CARGOS DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

A proposición non de lei, rexistrada onte, propón fixar criterios de necesidade, proporcionalidade e austeridade e suprimir as viaxes oficiais ao exterior en período electoral, agás en casos moi determinados

+ Ampliar

TRIBUNAL CONSTITUCIONAL

O PPDEG PIDE QUE GALICIA NON QUEDE FÓRA DO NOVO PROCESO DE ELECCIÓN DE CANDIDATOS AO CONSTITUCIONAL “XA QUE AGORA EXISTE UNHA NOVA MAIORÍA”

Para o voceiro parlamentario popular, Manuel Ruiz Rivas, a nova petición de candidatos a distintas Comunidades Autónoma “debería posibilitar ao Parlamento galego elixir candidatos que respondan á pluralidade da Cámara e non deixando fora ao grupo maioritario como ocorreu no ano 2008”

+ Ampliar

TRAMA PSOE

DEPUTADOS DO GRUPO POPULAR, ENCABEZADOS POR RODRÍGUEZ MIRANDA, REVISARÁN O LUNS NA XUNTA TODOS OS EXPEDIENTES RESOLTOS POLO BIPARTITO RELACIONADOS COA ORDE DE TRABALLO QUE SUSTENTOU A PRESUNTA TRAMA DO PSOE

Ruiz Rivas afirma que o PPdeG ten “fundadas razóns para pensar” que o suposto desvío de fondos públicos se estendeu a outras anualidades ademais da de 2006

+ Ampliar

FUNDACION CELA

http://www.parlamentodegalicia.es/sites/ParlamentoGalicia/GrupoPP/SitioManuelSantosRuiz/BibliotecaImaxesGrupoParlamentario/_t/voceiro%204%206%2010%20_JPG.jpg

O GRUPO POPULAR PRESENTARÁ UNHA INICIATIVA PARA QUE O LEGADO DE CELA QUEDE EN GALICIA E QUE A FUNDACIÓN NON PERDA O SEU PROTAGONISMO EN PADRÓN

Para o voceiro popular, Manuel Ruiz Rivas, Padrón seguirá conservando o peso que tivo sempre na traxectoria e obra do Premio Nobel e seguirá tendo a sede da súa Fundación

+ Ampliar

CONSELLO CONTAS INFORME 2007

http://www.parlamentodegalicia.es/sites/ParlamentoGalicia/GrupoPP/SitioManuelSantosRuiz/BibliotecaImaxesGrupoParlamentario/_t/rolda%20voceiro%20%204%206%2010_JPG.jpg

O INFORME DO CONSELLO DE CONTAS REAFIRMA O ACERTO DAS MEDIDAS DE AUSTERIDADE DO GOBERNO DE FEIJÓO E CONSTATA A DESMEDIDA AFECCIÓN DO BIPARTITO POLO GASTO INNECESARIO

Datos como que máis dunha quinta parte do gasto total de 2007 corresponderon a persoal e bens correntes, cun 8,3% de incremento respecto a 2006, demostran, para Ruiz Rivas, que “hai dúas formas de gobernar Galicia” e desacreditan as críticas de PSOE e BNG

+ Ampliar

TRAMA PSOE

RUIZ RIVAS CONSIDERA QUE O PSdeG TEN QUE DAR UNHA “EXPLICACIÓN AXEITADA” Á OPINIÓN PÚBLICA SOBRE O PRESUNTO DESVÍO DE 645.000 EUROS DE FONDOS PÚBLICOS

O portavoz do Grupo Popular salientou hoxe a gravidade dos feitos desvelados polo PPdeG, que confirman a tese do seu partido de que o caso da axente electoral era “a punta do iceberg doutras cuestións”

+ Ampliar

EDUCACION LIBROS DE TEXTO

RUÍZ RIVAS LEMBRA QUE MÁIS DO 70% DOS ALUMNOS DO BARBANZA RECIBIRON AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E PÍDELLE A LAGE QUE DEIXE DE MANIPULAR OS DATOS PARA “INTOXICAR”

O portavoz do Grupo Popular salienta que non existen axudas de 140 euros e que as de 250 euros “son só para educación especial”

+ Ampliar

RECORTES ZAPATERO

O PPdeG DEMANDA QUE SE ESCOITE ÁS COMUNIDADES AUTÓNOMAS ANTE A SITUACIÓN ECONÓMICA E QUE NON SE OBRIGUE A PAGAR DE IGUAL FORMA ÁS QUE CUMPRIRON OS COMPROMISOS QUE ÁS QUE NON O FIXERON

Ruiz Rivas aposta por abrir o debate sobre o adianto de eleccións xerais ante a falta de confianza dos cidadáns no Goberno de Zapatero, que coas novas medidas, “demostrou que a súa política económica non ten rumbo”

+ Ampliar

VIXILANCIA ADUANEIRA E AVE

http://www.parlamentodegalicia.es/sites/ParlamentoGalicia/GrupoPP/SitioManuelSantosRuiz/BibliotecaImaxesGrupoParlamentario/_t/Rolda%20prensa%20portavoz%2010-5-10_JPG.jpg

O GRUPO POPULAR DEFENDERÁ NO PLENO UNHA INICIATIVA PARA QUE O GOBERNO CENTRAL REFORCE OS MEDIOS DO SERVIZO DE VIXILANCIA ADUANEIRA EN GALICIA

Proporá tamén que a Xunta solicite ao Ministerio de Fomento que contrate conxuntamente este ano o proxecto e a obra do AVE Vigo-Ourense por Cerdedo

+ Ampliar

AXENCIA GALEGA DE SERVIZOS SOCIAIS

O GRUPO POPULAR VALORA MOI POSITIVAMENTE O ANUNCIO DA POSTA EN MARCHA DA AXENCIA GALEGA DE SERVIZOS SOCIAIS

Ruiz Rivas lembra que dá cumprimento ao compromiso do PPdeG de racionalizar a Administración e os entes instrumentais, plasmado unha Proposta de Resolución aprobada no Debate sobre o estado da Autonomía

+ Ampliar

PLAN REACTIVACION ECONOMICA

http://www.parlamentodegalicia.es/sites/ParlamentoGalicia/GrupoPP/SitioManuelSantosRuiz/BibliotecaImaxesGrupoParlamentario/_t/Rolda%20prensa%20portavoz%203-5-10_JPG.jpg

O GRUPO POPULAR INSTARÁ Á XUNTA A DAR PARTICIPACIÓN AOS GRUPOS NO PLAN ESTRATÉXICO A TRAVÉS DO ARTIGO 140 OU DO 142 DO REGULAMENTO DA CÁMARA

Ruiz Rivas reitera que o acordo unánime acadado no Debate sobre o estado da Autonomía non establecía a creación dunha comisión, malia a “teima do Grupo Socialista” de afirmar o contrario

+ Ampliar

CIDADE DA CULTURA

http://www.parlamentodegalicia.es/sites/ParlamentoGalicia/GrupoPP/SitioManuelSantosRuiz/BibliotecaImaxesGrupoParlamentario/_t/cidade%20cultura%2026%204%2010_JPG.jpg

O GRUPO POPULAR PROPORÁ NO PARLAMENTO QUE A XUNTA DESEÑE UN PROGRAMA PARA QUE OS ESTUDIANTES GALEGOS VISITEN A BIBLIOTECA E O ARQUIVO DA CIDADE DA CULTURA

Nunha visita ao Complexo do Gaiás realizada hoxe polos deputados do PPdeG, Ruiz Rivas gabou o esforzo da Xunta por convertelo nun símbolo da Galicia do Século XXI, despois de que “as diferenzas entre as dúas partes do Goberno anterior paralizaran o proxecto e levaran á confusión sobre os seus obxectivos e funcións”

+ Ampliar

PLAN XUVENIL RURAL

http://www.parlamentodegalicia.es/sites/ParlamentoGalicia/GrupoPP/SitioManuelSantosRuiz/BibliotecaImaxesGrupoParlamentario/_t/Rolda%20prensa%20portavoz.%20Plan%20Xuvenil%20Rural%205-4-10_JPG.jpg

O GRUPO POPULAR INSTA Á XUNTA A ELABORAR UN PLAN CON MEDIDAS LABORAIS, ESTRUTURAIS E SOCIAIS PARA QUE A MOCIDADE POIDA PERMANECER NO RURAL GALEGO

A través dunha iniciativa da que informou hoxe Manuel Ruiz Rivas, que ten o dobre obxectivo de promover o emprego xuvenil e fixar poboación nas zonas rurais

+ Ampliar

IVE TURISMO

O GRUPO POPULAR SOLICITA QUE O IVE TURÍSTICO SE REDUZA AO 4% E UN 50% AS TAXAS AEROPORTUARIAS E PORTUARIAS

Ruíz Rivas reiterou que a suba prevista polo Goberno de Zapatero prexudicará gravemente á economía e penalizará o diferencial de recuperación económica que suporá para Galicia o Xacobeo 2010

+ Ampliar

DEBATE ESTADO AUTONOMIA

RUÍZ RIVAS SALIENTA QUE O ALTO NIVEL DE ACORDO ACADADO NO DEBATE DO ESTADO DA AUTONOMÍA DEMOSTRA QUE AGORA “HAI OUTRO XEITO DE FACER GOBERNO” E AGRADECE QUE A OPOSICIÓN SE SUMARA ÁS PROPOSTAS DO PPdeG CONTRA A CRISE

O portavoz do Grupo Popular avoga por mellorar o formato do debate para facilitar a consecución de máis consensos

+ Ampliar

DEA PROPOSTAS RESOLUCION E CAIXAS

O GRUPO POPULAR PROPORÁ QUE O PARLAMENTO INSTE Á XUNTA A DEMANDAR AO GOBERNO CENTRAL QUE NON APLIQUE O ANUNCIADO AUMENTO DO IVE

Será unha das súas propostas de resolución no Debate de Política Xeral que se inicia mañá, entre as que tamén incluirán unha dirixida a impulsar o proceso de fusión das caixas de aforros

+ Ampliar

VOTO DEPUTADAS MATERNIDADE

O GRUPO POPULAR IMPULSA UN ACORDO DAS TRES FORZAS DO PARLAMENTO PARA GARANTIR O EXERCICIO DO DEREITO A VOTO DAS DEPUTADAS EN SITUACIÓN DE BAIXA POR MATERNIDADE

Propón a presentación conxunta dunha Proposición de Lei que modifique puntualmente o Regulamento da Cámara, de xeito que se permita a delegación nesa circunstancia ou, no seu caso, por xestación

+ Ampliar

VOTO EMIGRACION

O GRUPO POPULAR PRESENTARÁ UNHA PREGUNTA SOBRE A TRAMITACIÓN NO CONGRESO DA PROPOSICIÓN DE LEI APROBADA EN 2008 POLO PARLAMENTO GALEGO PARA QUE OS EMIGRANTES VOTEN EN URNA

Ruíz Rivas lembrou que hoxe hai un ano o PPdeG acadou a maioría dos votos dos galegos aquí residentes, “dato importante á hora de enxuizar determinadas políticas que teñen os seus destinatarios únicos e finais na Comunidade”

+ Ampliar

DEPENDENCIA E MAIORES

O GRUPO POPULAR INSTA Á XUNTA A DEMANDAR DO GOBERNO CENTRAL QUE ELABORE UNHA LEI INTEGRAL PARA A PROTECCIÓN DOS MAIORES

Rexistrou tamén outra iniciativa destinada a que o Executivo de Zapatero financie o 50% do custo real das prestacións da Lei de Dependencia

+ Ampliar

BALANCE 1 ANO ELECCIÓNS

RUÍZ RIVAS SALIENTA QUE NÚÑEZ FEIJÓO “TEN CAMBIADO A GALICIA A MELLOR”, CUN GOBERNO “QUE TEN OS PES NO CHAN”, QUE “NON FUXE DA REALIDADE” E CUNHA “INDUBIDABLE CAPACIDADE DE XESTIÓN”

O portavoz do Grupo Popular destacou que o Executivo do PPdeG “tivo que facer máis con menos” e demostrou que “a protección social non é algo da esquerda”

+ Ampliar

REFORMA LEI SOLO

O GRUPO POPULAR AMOSA A SÚA “MÁXIMA DISPOSICIÓN, NUN MARCO DE RESPECTO E LEALDADE” PARA QUE O DEBATE DE REFORMA DA LEI DO SOLO DO VINDEIRO PLENO MANTEÑA O NIVEL DE CONSENSO ACADADO NA SÚA ELABORACIÓN

Ruíz Rivas considera que o acordo logrado polo presidente da Xunta co presidente da FEGAMP demostra que o Goberno de Núñez Feijóo “prioriza o diálogo nas cuestións fundamentais” e non debe “caer en saco roto” para ningún dos partidos

+ Ampliar

REXISTRO PROPIEDADE BARBANZA

O GRUPO POPULAR POSIBILITA UN ACORDO NO PARLAMENTO PARA A CREACIÓN DUN REXISTRO DA PROPIEDADE NO BARBANZA

Consensuou unha iniciativa para tal fin cos socialistas, que en principio demandaban dous, o que non resulta viable nin realista no actual contexto de crise económica

+ Ampliar

VILAGARCÍA

http://www.parlamentodegalicia.es/sites/ParlamentoGalicia/GrupoPP/SitioManuelSantosRuiz/BibliotecaImaxesGrupoParlamentario/_t/Vilagarcía%20estación%202%2015-2-10_JPG.jpg

RUÍZ RIVAS SALIENTA EN VILAGARCÍA O COMPROMISO DO GOBERNO DE NÚÑEZ FEIJÓO CO SALNÉS, PLASMADO NOS PRETO DE 45 MILLÓNS DE EUROS DESTINADOS Á COMARCA EN 2010

Os deputados do Grupo Popular analizaron con representantes do sector empresarial as medidas contra a crise postas en marcha pola Xunta, que en 2009 triplicou as axudas ao tecido produtivo de Galicia, superando os 630 millóns de euros

+ Ampliar

CAIXAS RECURSO GOBERNO

A PRESENTACIÓN DO RECURSO CONTRA A LEI DE CAIXAS É, PARA RUÍZ RIVAS, “A CONFIRMACIÓN DUNHA INXUSTIZA, UNHA ARBITRARIEDADE E UNHA DISCRIMINACIÓN CON GALICIA”

O portavoz do Grupo Popular pregúntase “qué sabe o señor Vázquez que non saibamos os demais para estar seguro de que se reformamos a lei” na liña marcada polo Consello de Estado “non volvería ser recorrida”

+ Ampliar

ELECCION REPRESENTANTES CAIXAS

RUÍZ RIVAS REITERA A CONFIANZA DO SEU PARTIDO NA “LEALDADE INSTITUCIONAL” PARA QUE NON SE TOME “NINGÚN TIPO DE MEDIDAS ARBITRARIAS E DISCRIMINATORIAS CON GALICIA”

A elección dos representantes da Comunidade nas Caixas supón darlles ás mesmas “unha maior democratización” e dotar os seus órganos representantivos “dunha maior independencia e profesionalidade”, salientou o portavoz do Grupo Popular

+ Ampliar

GRUPO POPULAR EN LALIN

O GRUPO POPULAR INSTARÁ Á XUNTA A CONSIDERAR A POSIBILIDADE DE QUE O DEZA OPTE A UN PLAN DE DINAMIZACIÓN TURÍSTICA E APOIARÁ A DECLARACIÓN DA FEIRA DO COCIDO COMO FESTA DE INTERESE TURÍSTICO NACIONAL

Segundo anunciou hoxe o seu portavoz, Manuel Ruíz Rivas, na visita que os deputados do PPdeG realizaron a Lalín, onde se reuniron con sindicatos e organizacións agrarias e visitaron a empresa Montoto

+ Ampliar

CUMPRIMENTO INTEGRO PENAS

O GRUPO POPULAR PRESENTARÁ UNHA INICIATIVA “PARA AVANZAR NO ESPÍRITU DO CUMPRIMENTO ÍNTEGRO DAS PENAS NOS DELITOS VIOLENTOS”

O voceiro popular Manuel Ruiz Rivas e a voceira de Xustiza Paula Prado se reuniron hoxe con representantes da Asociación de Apoio as Vítimas de Delitos Violentos aos que manifestaron o seu apoio

+ Ampliar

CULTURA

RUIZ RIVAS CONSIDERA QUE FAN “UN FLACO FAVOR AO PAÍS” OS PARTIDOS QUE CRITICAN QUE SE PRETENDA PROXECTAR E UNIVERSALIZAR A CULTURA GALEGA

O portavoz do Grupo Popular cualifica de “sorprendente” que BNG e PSOE ataquen a xestión da Xunta en relación co Xacobeo, “cando eles non deixaron nada programado desde o seu Goberno”

+ Ampliar

SARRIA

O GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR INSTARÁ Á XUNTA A XESTIONAR A CREACIÓN DUN SEGUNDO XULGADO EN SARRIA

Os deputados do PPdeG, encabezados polo seu portavoz, Manuel Ruíz Rivas, e nunha visita organizada polo presidente local do partido e tamén parlamentario, José Antonio García, escoitaron as preocupacións dos sectores económicos e sociais da comarca, aos que lles expuxeron as actuacións realizadas e previstas na mesma pola Xunta

+ Ampliar

DECRETO GALEGO

O PPDEG EXPRESA A SÚA SATISFACCIÓN PORQUE O BORRADOR DO DECRETO DO GALEGO NO ENSINO GARANTE O EQUILIBRIO ENTRE AS LINGUAS OFICIAIS

Tras reunirse co Conselleiro de Educación, Ruiz Rivas salienta a vontade de diálogo e a transparencia amosadas polo goberno de Núñez Feijoo en todo o proceso

+ Ampliar

PEREGRINACION SANTIAGO

RUÍZ RIVAS RESALTA QUE O XACOBEO 2010 É “UNHA OPORTUNIDADE HISTÓRICA PARA FACER PAÍS” E PIDE UNIDADE PARA QUE TODA GALICIA SE BENEFICIE DELA

Os deputados do PPdeG percorreron hoxe o treito entre o Monte do Gozo e a Praza do Obradoiro, como remate a unha peregrinación simbólica que iniciaron onte no Camiño Inglés entre Ferrol e Cabanas

+ Ampliar

PEREGRINACION CAMIÑO INGLES

OS DEPUTADOS DO PPDEG DESTACAN O IMPORTANTE ESFORZO DA XUNTA NA RECUPERACION E CONSERVACIÓN DOS DIFERENTES CAMIÑOS E AS AXUDAS PARA A REHABILITACIÓN DE VIVENDAS NOS CONCELLOS POLOS QUE DISCORREN

Os parlamentarios populares iniciaron hoxe un treito do Camiño Inglés, entre Ferrol e Cabanas, co obxectivo de coñecer in situ o estado do mesmo e como apoio á celebración do Ano Santo e mañá farán o mesmo nun tramo do Camiño Francés

+ Ampliar

A ESTRADA XUNTANZA EMPRESARIOS

O GRUPO POPULAR COMPROMÉTESE A TRASLADAR Á XUNTA A PETICIÓN DOS EMPRESARIOS DA ESTRADA DE QUE A NOVA LEI DO SOLO PERMITA O CAMBIO DE ACTIVIDADE DOS NEGOCIOS RURAIS

Manuel Ruíz Rivas e os deputados José López Campos e Román Rodríguez reuníronse esta mañá cos directivos da asociación empresarial da comarca, ACE

+ Ampliar

SANIDADE HOSPITAL PONTEVEDRA

O GRUPO POPULAR REAFIRMA ANTE OS ALCALDES DO PSOE E BNG O SEU APOIO AO COMPROMISO DO GOBERNO DE FEIJÓO DE LICITAR NO PRIMEIRO SEMESTRE DESTE ANO O NOVO HOSPITAL DE PONTEVEDRA

Ruiz Rivas reitera que a nova infraestrutura é a mellor solución para dar servizo sanitario á area, ademais de que suporá a creación de 1.600 postos de traballo “nada desdeñables neste momento especialmente crítico”

+ Ampliar

CONFERENCIA PRESIDENTES

RUIZ RIVAS SALIENTA QUE O PRESIDENTE DA XUNTA “DEFENDEU OS INTERESES DE GALICIA” NUNHA CONFERENCIA DE PRESIDENTES CUXO ÚNICO GUIÓN FOI “QUE NON FUNCIONE E CULPAR AO PP”

Na comparencia de Núñez Feijóo no Pleno da Cámara, o portavoz do Grupo Popular acusa a Zapatero de converter en “pantochada” un instrumento “que podería ser útil para que todos axudaramos a atopar unha saída á crise”

+ Ampliar

REFORMA LEI CAIXAS

AS PROPOSTAS DO PPdeG PARA A REFORMA DA LEI DE CAIXAS FORTALECEN OS PRINCIPIOS DE TERRITORIALIDADE, PROFESIONALIDADE, OPERATIVIDADE, TRANSPARENCIA E OBRA SOCIAL PARA MANTER A PARTICIPACIÓN DE GALICIA NO NOVO ESCENARIO DOS MERCADOS FINANCEIROS

O portavoz do Grupo Parlamentario Popular, Manuel Ruiz Rivas, salienta que as 44 emendas da súa formación á Proposición de Lei do BNG, que modifican 23 artigos da lei actual, preséntanse “co ánimo de consenso” que o presidente da Xunta aplicou a todo o proceso

+ Ampliar

XUNTANZA RUIZ E AUTONOMO GADITANO

RUIZ RIVAS RECIBE AO AUTÓNOMO GADITANO QUE ESTÁ A EXPOÑER A AUTORIDADES E DIRIXENTES POLÍTICOS A DIFÍCIL SITUACIÓN DO COLECTIVO

O portavoz do Grupo Popular expúxolle os avances que se están a producir en Galicia co Goberno de Núñez Feijóo, entre os que salientou o compromiso da Xunta de pagar a proveedores nun máximo de 45 días ou os 400 millóns destinados a financiar circulante para empresas e autónomos

+ Ampliar

A POBRA ALMORZO GRUPO

RUIZ RIVAS SALIENTA OS 60 MILLÓNS DE EUROS DOS ORZAMENTOS DA XUNTA PARA A COMARCA, OS MÁIS DE 25 MILLÓNS MOBILIZADOS MEDIANTE AXUDAS DO IGAPE, OS PROXECTOS DO EDIFICIO DE SERVIZOS PORTUARIOS E DA LONXA DE RIBEIRA OU O AUMENTO NUN 15% DAS PRAZAS DE COMEDOR

O portavoz parlamentario do PPdeG, acompañado polos seus deputados, expuxo as iniciativas do seu partido aos colectivos sociais e económicos da Pobra, no primeiro dos “Almorzos do Grupo Popular”, que abriu o alcalde, Isaac Maceiras

+ Ampliar

BARBANZA A POBRA GRUPO

RUIZ RIVAS EXPORÁ O LUNS AS INICIATIVAS DO SEU PARTIDO PARA A POBRA E O BARBANZA NUN ALMORZO DE TRABALLO QUE O GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR MANTERÁ COS COLECTIVOS SOCIAIS E ECONÓMICOS DO MUNICIPIO

Os deputados do PPdeG, encabezados polo seu portavoz, escoitarán as inquedanzas dos representantes de empresarios e asociacións de todos os ámbitos, co fin de estudiar a posibilidade de impulsar novas propostas

+ Ampliar

RECINTO FERIAL BARBANZA

O PARLAMENTO APROBA POR UNANIMIDADE A INICIATIVA DE RUIZ RIVAS PARA QUE A XUNTA RETOME CO CONCELLO DE RIBEIRA A CONSTRUCIÓN DUN RECINTO MULTIUSOS NO BARBANZA, QUE PERMITA EVENTOS FEIRAIS

Na Comisión de Industria, PSOE e BNG votaron a favor da proposición non de lei do Grupo Popular dirixida a dar cumprimento ao acordo unánime da Cámara, de 2006, para dotar á comarca deste edificio, que o Bipartito incumpriu

+ Ampliar

ILLAS ATLÁNTICAS TRANSFERENCIAS

O PSDEG-PSOE OPONSE NO PARLAMENTO A TRANSFERENCIA DE SÁLVORA, VIONTA E NORO DO PARQUE DAS ILLAS ATLÁNTICAS Á XUNTA DE GALICIA

O PPdeG saca adiante a súa iniciativa, co apoio do BNG, na que solicita a titularidade galega destas illas para que a xestión e a protección deste patrimonio natural galego sexa o mais completo posible

+ Ampliar

EMENDAS ORZAMENTOS XUNTA

http://www.parlamentodegalicia.es/sites/ParlamentoGalicia/GrupoPP/SitioManuelSantosRuiz/BibliotecaImaxesGrupoParlamentario/_t/Rolda%20prensa%20Ruiz%20Rivas%20Emendas%20Orzamentos%20Xunta%2016-11-09_JPG.jpg

O GRUPO POPULAR REFORZA O PRINCIPIO DE AUSTERIDADE E O COMPROMISO CO GASTO SOCIAL A TRAVÉS DAS SÚAS EMENDAS AO PROXECTO DE ORZAMENTOS PARA 2010

Como contribución á loita contra a crise económica, propón que as administracións locais poidan destinar o Fondo Extraordinario de Apoio aos Concellos a paliar as súas necesidades de gasto corrente

+ Ampliar

TAXAS PORTOS REBAIXAS

RUIZ RIVAS SALIENTA QUE AS REBAIXAS NAS TARIFAS PORTUARIAS CONFIRMADAS POR PORTOS DE GALICIA REFLICTEN A PREOCUPACIÓN DO GOBERNO DO PP POLAS XENTES DO MAR

Nunha xuntanza mantida hai uns meses, o portavoz do Grupo Popular obtivo o compromiso do presidente do ente público de minorar as cargas fiscais, compromiso que agora se concreta en reducións de ata o 90 por cento, e que xa avanzara na súa primeira comparecencia parlamentaria

+ Ampliar

GRUPO VISITA MORRAZO

OS DEPUTADOS DO PPdeG SALIENTAN EN MOAÑA O INTERESE DA IMPLANTACIÓN DO TRANSPORTE PÚBLICO MARÍTIMO NAS RÍAS GALEGAS, QUE A XUNTA ESTUDIARÁ TRA-LA APROBACIÓN NO PARLAMENTO DUNHA INICIATIVA DO GRUPO POPULAR

Os parlamentarios populares, encabezados polo seu portavoz, Manuel Ruiz Rivas, e polo representante do Morrazo, José Fervenza, visitaron hoxe o municipio, ao que se trasladaron en barco desde Vigo

+ Ampliar

MINAS SAN FINX LOUSAME

RUIZ RIVAS PRESENTA UNHA INICIATIVA PARA QUE A XUNTA CONTINÚE COAS AXUDAS PARA A RECUPERACIÓN E POSTA EN VALOR DAS MINAS DE SAN FINX, EN LOUSAME

O portavoz do Grupo Parlamentario Popular salienta o esforzo feito polo Concello para tal fin, malia a falta de apoio do anterior Goberno da Xunta

+ Ampliar

EDIFICIO SERVICIOS PORTUARIOS

O PRESIDENTE DE PORTOS CONFIRMOULLE A RUIZ RIVAS A PRÓXIMA CONTRATACIÓN DO PROXECTO CONSTRUCTIVO DO EDIFICIO DE SERVICIOS PORTUARIOS DE RIBEIRA

O portavoz do Grupo Parlamentario Popular informou hoxe en rolda de prensa da xuntanza mantida con Álvarez-Campana para interesarse polas previsións en relación con estas demandadas instalacións, nas que se investirán preto dun millón de euros

+ Ampliar

LINGUA TOPONIMIA

RUÍZ RIVAS CONSIDERA “O MAIOR EXERCICIO DE CINISMO POLÍTICO” QUE O ALCALDE DA CORUÑA REMITIRA HOXE UN ESCRITO AO PRESIDENTE DA XUNTA PEDINDO A COOFICIALIDADE DO TOPÓNIMO DESPOIS DE TER VOTADO EN CONTRA ONTE

O portavoz parlamentario do PPdeG expresa a “desazón” do seu Grupo polo rexeitamento de PSOE e BNG á súa proposta de reafirmar o compromiso da Cámara coa defensa e promoción do galego en base ao Estatuto, a Lei de Normalización Lingüística e o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega

+ Ampliar

HOSPITAL BARBANZA

RUIZ RIVAS OBTÉN DA XUNTA O COMPROMISO DE ARTELLAR MEDIDAS PARA REDUCIR AS LISTAS DE ESPERA NO HOSPITAL DO BARBANZA

A Consellería de Sanidade confírmalle ao portavoz do Grupo Parlamentario Popular que introduciu xa dous módulos cirúrxicos semanais de traumatoloxía, que poden atender entre 3 e 4 procesos cada tarde, e que está a investir máis de 234.000 euros en obras de mellora do centro

+ Ampliar

REDUCCION SALARIO DEPUTADOS

O GRUPO POPULAR ENTREGOU HOXE Á PRESIDENTA DO PARLAMENTO A PROPOSTA DE REDUCIR OS SOLDOS DOS DEPUTADOS UN 3 POR CENTO PARA QUE A TRASLADE Á MESA

Ruiz Rivas confía en que os outros Grupos acepten incluírse entre os políticos “que dan exemplo” e sinala que non escoitou a ningún deles dicir “que lles parecera mal a medida” anunciada polo presidente da Xunta de rebaixar os salarios dos altos cargos

+ Ampliar

TRANSFERENCIAS ILLAS ATLÁNTICAS

O PPDEGALICIA SOLICITA A TRANSFERENCIA DA TITULARIDADE DE SÁLVORA, VIONTA E NORO DO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS Á XUNTA DE GALICIA

Para o voceiro popular, Manuel Ruiz Rivas, a titularidade galega destas illas é necesaria para unha xestión e protección completa e para unha posta en valor do noso patrimonio natural

+ Ampliar

PROCESIÓNS MARÍTIMAS

O GRUPO POPULAR SOLICITA UNHA REGULACIÓN DAS PROCESIÓNS MARÍTIMAS QUE FAGA VIABLE ESTA TRADICIÓN MARIÑEIRA EN GALICIA

Os deputados populares piden que se declaren de especial interese cultural as relacionadas coas festividades do Carme e que se autorice con tal motivo o embarco de imaxes, bandas de música e persoas non ligadas a empresa nin a tripulación habitual

+ Ampliar

RUTA MARITIMA XACOBEA AROUSA

O PPdeG INTERÉSASE ANTE A XUNTA POLA CONSERVACIÓN E PROMOCIÓN DA RUTA MARÍTIMA XACOBEA DO MAR DE AROUSA E RÍO ULLA

O portavoz do Grupo Parlamentario Popular, Manuel Ruiz Rivas, salienta o seu gran atractivo turístico-relixioso e avoga por potenciala dentro das actividades do Ano Santo 2010

+ Ampliar

FESTA DA DORNA RIBEIRA

O PPdeG PROMOVE QUE A FESTA DA DORNA DE RIBEIRA SEXA DECLARADA DE INTERESE TURÍSTICO NACIONAL EN 2010

A través dunha iniciativa presentada no Parlamento polo portavoz do Grupo Popular, Manuel Ruiz Rivas, quen salienta que este acontecemento tradicional congrega a máis de 23.000 persoas por cada día de celebración

+ Ampliar




Manuel Ruiz Rivas

Manuel Ruiz Rivas

Circunscripción: A Coruña

Currículum Vitae

Buzón Deputados/as

  • O deputado/a escóitate: deixa suxestións e propostas sobre os asuntos do teu interese:
    Contactar



© Parlamento de Galicia, 2007 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408