PARLAMENTO DE GALICIA

Menu de navegación.


Novas

28/07/2010

RUIZ RIVAS:”A GRAN DIFERENZA DO BIPARTITO E O ACTUAL GOBERNO NA XUNTA DE GALICIA É QUE A COSTA DA MORTE AGORA SÍ VAI CONTAR CUNHA AUTOVÍA”

• Segundo o voceiro do Grupo Popular “a Xunta de Galicia actual o que fixo foi actuar con transparencia, licitando unha autovía e non un corredor, con valoracións realistas, unha vez descuberto que a empresa concesionaria estaba negociando á sombra un incremento do 18% e non escomenzaban as obras”
• Para o PPdeG o único que fixo o bipartito pola Costa da Morte foi unha política de autobombo e paralizacións e as únicas obras rematadas ou que están en execución na comarca as deixara licitadas o PPdeG na anterior lexislatura
• O Grupo Popular pedirá no Parlamento canles de negociación para acadar un acordo polo que se incremente a cota de captura da pescada e os estudos oportunos que acrediten a sostibilidade ambiental e social desta pesquería
                
Santiago de Compostela, 27 de xullo  de 2010.- O Grupo Parlamentario Popular desenvolveu hoxe un encontro con portavoces e alcaldes da zona en Fisterra e na rolda de prensa posterior a mesma o voceiro popular Manuel Ruiz Rivas destacou que “a gran diferenza do bipartito e o actual Goberno na Xunta de Galicia é que a Costa da Morte agora sí vai contar cunha autovía”. Para o voceiro popular “esto é o único que temen os socialistas por elo non deixan de presionar para paralizala co único fin de culpar a este Goberno de algo que fixeron eles”.
Ruiz Rivas indicou a Xunta de Galicia o que está a facer e “desbloquear e facer viable  a construción da autovía, que co bipartito tan só ía ter esa condición o 40% da mesma, con transparencia e valoracións realistas, unha vez descuberto que a empresa  concesionaria estaba negociando á sombra un incremento do 18% respecto da tarifa inicial, non ía facer a autovía entre Baio e Berdoias e ía rebaixar a calidade das obras, ademais de que non as escomenzaba”. O voceiro popular criticou “que sexan precisamente os autores de inauguracións falsas da autovía , os que gastaron 4,2 millóns de euros de todos os galegos para poñer unha primeira pedra da obra sabendo que era imposible de facer porque non tiña plan económico-financeiro, xa que a mesma empresa recoñeceu que non o tiña aprobado no momento da oferta, os que veñan aquí a defender a súa xestión e, canto menos, moi difícil de entender”.
REALIDADES ACTUAIS FRONTE AO AUTOBOMBO DO BIPARTITO
Para o PPdeG o único que fixo o bipartito pola Costa da Morte foi unha política de autobombo e paralizacións e as únicas obras rematadas ou que están en execución na comarca as deixara licitadas o PPdeG na anterior lexislatura. Así indicou que tan só foron capaces de por en servizo 41 kms dun total de 194,8 previstos polo PPdeG. Polo que respecta as estradas da Costa da Morte o voceiro popular indicou que o único destacable na pasada lexislatura foron as paralizacións de 14 actuacións previstas polo PPdeG, situación semellante en materia de portos e moito mais desolador en materia de solo industrial xa que 8 dos 9 polígonos empresariais proxectados polo anterior Executivo están paralizados a día de hoxe.
Fronte a esto o voceiro do PPdeG destacou que a nova Xunta de Galicia “concentrouse dende o primeiro momento en desbloquear o problema herdado da autovía Carballo-Berdoias sacando a licitación e nestes momentos se atopa en fase de audiencias das ofertas presentadas por parte da mesa de contratación”. 
Así mesmo o novo goberno da Xunta de Galicia desbloqueou a VAC Berdoias-Cee, que fora  suspendido o estudio informativo en xaneiro do  2008, e incluíu no estudo a variante de Berdoias, e o treito Cee-Sardiñeiro. Entre outros, os deputados populares nomearon a adxudicación do proxecto da variante de Carballo e da construción do acceso ao porto de Brens en Cee, o investimento na segunda fase do saneamento de Corcubión, a estación depuradora de Fisterra,ou a promoción dos polígonos de Bertoa en Carballo, Ponteceso, parque de Zas e obras de urbanización no de Cee. Deste xeito a Xunta contempla investimentos en infraestruturas viarias da Costa da Morte por un importe superior aos 300 millóns de euros e na actualidade está a traballar na mellora da construción da máis de 100kms da rede viaria da zona. “Estos son feitos e realidades fronte as políticas de anuncios a bombo e platillo do bipartito que logo non tiñan plasmación” indicou o voceiro popular.
INCREMENTO COTA CAPTURA PESCADA

Manuel Ruiz Rivas tamén informou de que un dos resultados da reunión mantida hoxe foi que o Grupo Parlamentario Popular presentará unha iniciativa no Parlamento co fin de que á Xunta de Galicia se dirixa ao Goberno central de tal xeito que estableza as canles de negociación que estime axeitadas co resto dos Estados membros da UE para acadar un acordo polo que se incremente a cota de captura da pescada. Así mesmo pedirá que se desenvolvan os estudos oportunos que acrediten dende un punto de vista técnico esta posibilidade, facendo compatible unha máis equilibrada sostibilidade ambiental e social desta pesquería.
Segundo o voceiro popular preto de 750  tripulantes de embarcacións con porto base nalgunha das localidades pesqueiras da Costa da Morte, así como un número maior de traballadores das flotas de arrastre de litoral , palangre de fondo, volanta, palabrillo e betas, van a verse afectados pola nova regulamentación sobre esta pesquería da pescada froito da non moi axeitada xestión por parte do Goberno central e a insuficiencia dos TAC comunitarios para o 2010, que deu como resultado o esgotamento do 80% da cota anual xa no mes de maio.


© Parlamento de Galicia, 2007 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408