salientamos
A Comisión para o Estudo sobre os Emigrantes Galegos aprobou as súas normas de funcionamento
-Punto 1.º- Aprobación das normas de funcionamento da Comisión.
Resultado da votación: Aprobada por unanimidade.
(Nota: As normas achéganse en documento anexo)
-Punto 2.º- Propostas do plan de traballo da Comisión.
Resultado da votación: Aprobada por unanimidade.
Nota: Segundo indicacións do presidente da Comisión, Xosé Ramón Paz Antón, hoxe foron aprobados os plans de traballo presentados polos tres grupos, e se faculta á Mesa da Comisión para que refunda nun só texto as tres propostas.
Posible índice:
- Incluír as propostas de estudo que plantexa o Plan do Partido Popular.
- O plan de traballo que plantexa o Grupo Socialista (sin incluír data).
- As comparecencias que plantexan todos os grupos.
- Coa denominación de Encontros no exterior, o que os grupos plantexan como “visitas” ou “encontros”, nos disstintos textos.
- Instrumentos informáticos.
Proposta Partido Popular:
Á Mesa da Comisión non permanente para o estudo sobre a situación dos emigrantes galegos
O Grupo Parlamentario Popular de Galicia, ó abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presenta as propostas para o plan de traballo da comisión non permanente para o estudo sobre a situación dos emigrantes galegos
1.- Estudio da Lexislación sobre retorno e propostas de actuación nesta materia.
2.- Estudio do movemento asociativo e análise para propostas tendentes á fixación, coordinación e unidade dos centros galegos.
3.- Estudio e propostas de actuación en materia de homologación ou convalidación de títulos académicos.
4.- Estudio e propostas de actuación en materia de convalidación de carnés de conducir ou recoñecemento dos mesmos.
5.- Estudio e propostas sobre a sanidade dos galegos no exterior.
6.- Estudio e propostas sobre pensións dos galegos no exterior.
7.- Estudio e análise da repercusión da emigración no ámbito local.
8.- Estudio dos recursos a percibir polo Goberno galego a efectos de atender os gastos que lle corresponda, así como dos servizos que reciban na propia Galicia.
9.- Nacionalidade. Estudio e proposta
10.- Estudio e propostas de elección no exterior e representación da emigración.
11.- Estudio do marco cultural e afondamento no legado dos centros galegos no exterior para a súa catalogación e seguimento do mesmo polo Consello da Cultura Galega.
COMPARECENCIAS
1.- Representantes dos centros galegos, asociados e fundacións dos galegos no exterior.
2.- Expertos da universidade.
3.- Expertos en materia bancaria.
4.- Representantes doutras comunidades autónomas, con responsabilidade na materia.
5.- Alcaldes de concellos nos que a emigración ten especial incidencia.
6.- Consello da Cultura Galega e outras institucións vinculadas á emigración e ó retorno.
7.- Persoas con autoridade na materia.
VISITAS ÁS NOSAS COMUNIDADES NO EXTERIOR
- Arxentina
- Uruguay
- Brasil
- Venezuela
- México
- Cuba
- República Dominicana
- USA
- Canadá
- Suíza
- Alemania
- Francia
- Inglaterra
- Australia
Proposta Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Á Mesa da Comisión non permanente para o estudo sobre a situación dos emigrantes galegos
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa das súas deputadas Mª Soledad Soneira Tajes e Carmen Acuña do Campo, presentan ante esa Mesa a seguinte proposta de plan de traballo, segundo acordo da Mesa do Parlamento de Galicia do día 14 de xuño de 2006.
1. Plan traballo:
1.1. Redacción provisional do Ditame da Comisión no outono de 2006, en base aos informes xa recollidos en pasadas comisión de estudio sobre a situación dos emigrantes galegos.
1.2. Ditame definitivo e propostas de resolución ao Pleno na primavera de 2007.
2. Outras propostas:
2.1. Apertura dun apartado na páxina do Parlamento onde colgar un cuestionario ao que poderá contestar calquera galego do exterior, independentemente do lugar onde resida e da súa pertenza ou non nun colectivo. Tamén poderán aportar documentos e biografías.
2.2. Propor á Mesa do Parlamento o libramento de fondos para contratar unha pequena campaña de publicidade, a través dos medios de comunicación da emigración, para achegar a dirección da páxina web e os obxectivos da mesma.
3. Comparecencias:
3.1. Propoñer a presenza da Comisión no próximo Coinsello de Comunidades Galegas.
3.2. Comparecencia do actual presidente do “Consejo General de la Emigración”.
3.3. Comparecencia dos colectivos de emigrantes retornados.
4. Encontros:
4.1. Encontro cos colectivos de emigrantes no exterior.
Proposta Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego
Á MESA DA COMISIÓN ESPECIAL NON PERMANENTE PARA O ESTUDO DA EMIGRACIÓN GALEGA.
XOSÉ RAMÓN PAZ ANTÓN e IAGO TABARÉS PÉREZ-PIÑEIRO, deputados do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego e integrantes da Comisión Especial non Permanente para o estudo da Emigración Galega no Parlamento de Galicia, presentan a seguinte proposta de Plano de Traballo:
Comparecencias
- Consello da Cultura Galega
- Secretaria de Estado de Emigración do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais do Goberno Español.
- Federación de Emigrantes retornados.
- ONG fillos de Galiza.
- Federación de Sociedades Galegas e Museo da Emigración de Bos Aires.
- Medios de comunicación de Galiza para o exterior.
- Fillos e netos pola nacionalidade.
- Consello Galego de Cámaras de Comercio.
Actividades
- Encontro dos deputados/as, membros da Comisión de Emigración, cos parlamentos autonómicos do Estado.
- Establecemento de relacións cos parlamentos dos principais países receptores da emigración galega.
- Participación na mesa de apertura do “Consello das Comunidades Galegas”.
- Aplicación de novas tecnoloxías.
- Conmemoración do 50 aniversario “I Congreso Emigración Galega”.
- Incorporación de todo o material resultante do traballo desenvolvido polas Comisións de Emigración constituídas no Parlamento de Galicia en anteriores lexislaturas.
Visitas
- Canarias
- Andorra/Cataluña
- Alemaña
- Franza
- Suiza
- Arxentina/Uruguai
- Venezuela/CentroAmérica