Opinións1 Escrito por Erasmo o 25/05/2008 17:10 El conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, explicó ayer a este periódico que en un plazo aproximado de 10 años la Xunta pretende "habilitar un carril socioeconómico para que la gente deje de trabajar en las minas de pizarra" en la comarca de O Courel. El Pais. Domingo 25-05-08.
¿Vostedes pensan que no prazo de DEZ ANOS vai quedar algo sen destrozar no Courel? ¿Esta é a resposta do Goberno Galego á Comisión Europea?
¿Non lles chegou co ChikiChiki que aínda queren facernos aparecer a tódolos galegos e galegas coma paletos diante dunha Europa que aposta polo desenvolvemento sustentabel?
A min ese Conselleiro NON ME REPRESENTA!
O Parlamento de Galicia debera facer o seu traballo e corrixir este despropósito dun Goberno que non Goberna!
Goberne quen goberne
Galicia non se Vende!
Algún día botaremos as mans á cabeza pero xa será tarde: coma sempre !!! 2 Escrito por Erasmo o 11/05/2008 22:58 Tres anos despois, e tras un extenso informe, a Comisión Europea sinala que se incorreu no INCUMPRIMENTO de varios artigos de ata tres directivas comunitarias —as 85/337/CEE, 92/43/CEE e 97/11/CEE— que protexen os espazos de especial valor ambiental dentro do territorio europeo.
A UE viu irregularidades na autorización en 2004 da explotación denominada Ampliación da Campa no Courel, lindeira co LIC.
A Comisión da UE que investigou o caso sinala que "as propias autoridades (Confederación Hidrográfica do Norte) recoñecen que os vertedoiros invadiron a canle do río Redomás, afluente do Lor, e xerado unha gran ontaminación", engadindo que ten "incidencias significativas na rede fluvial e hidrolóxica deste LIC", así como sobre especies protexidas.
¿Teñen que vir de fóra a dicirnos o que xa TODOS denunciamos ante o Parlamento , ante a Consellería e ante a Sociedade Civil galega?
SALVEMOS O COUREL !!! 3 Escrito por Nito o 16/04/2008 18:43 Eu coido que hoxe en día estas paraxes teñen outra saída como explotación ou recursos que non sexa tan destructiva como a que estamos vendo. Galiza, como pequeno paraiso, temos que coidalo porque nel está a nosa riqueza. O turismo e os que amamos esta terra non gozamos con estas desfeitas O pan de hoxe pode ser fame o día de mañá. 4 Escrito por anonimo o 15/04/2008 20:15 Si alguien quiere ver como funciona galicia que se pase por Carballeda de Valdeorras o con el gogle earth en 3D. Alli había y hay zonas tan bonitas como el Courel pero hoy la mayoria en el recuerdo. Asi es como va a quedar el Courel o peor y con subenciones Europeas que o no saben o no quieren saber lo que pasa. Pd: Saquen todas las fotos que puedan por que en cuanto tengan via libre en 10-15 años.... 5 Escrito por Ana o 13/03/2008 13:47 6 Escrito por Pelayo o 10/03/2008 12:52 Si claro. ¿Y de donde sacamos los áridos teniendo en cuenta que su consumo es del orden de 10 toneladas por persona y año? Lo digo porque esta es la materia prima fundamental para cualquier tipo de infraestructura que tanto nos gusta, sea puente, edificio, hospital o carretera.
7 Escrito por Teresa Rúa o 03/03/2008 11:55 Sei que poderíase pensar que o desenrolo de Galicia hai de vir da man das industrias. Pero aquelas que depredan tanto o territorio, e un claro exemplo son as CANTEIRAS,non debéramos apostar por elas. Como dicían os meus avós:"VAITE GHANANCIA, NON ME DEAS PERDA". Eu xa coñezo esa desfeita:a das Pontes é un gran buraco nas entrañas da terra.¿Para que mantemos as térmicas en Galicia se despóis exportamos a enerxía?.Entre Arzúa e Viladecruces están arrinconando o campo con outra canteira, ilegal nas súas orixes e que segue medrando.O COUREL hai de ser protexido integramente.Vou dar o beneficio da dúbida os políticos e pensar que son o suficientemente intelixentes, para recuar e pensar que é un sitio extraordinario e que hai alternativas sen recurrir ás canteiras.Un político é elexido cada catro anos, pero debe seguir escoitando o pobo, que é para quen goberna, e non converterse nun pai autoritario que fai todo pola súa conta enarbolando o ben común, pero sen pararse a ver se realmente é o ben común. Democracia sí, pero participativa , non só parlamentaria. 8 Escrito por Candela o 20/02/2008 19:39 Creo que a información debería estar máis documentada. 9 Escrito por Pelayo o 08/02/2008 20:26 No se que tiene que ver la perorata de Salvador Allende, las multinacionales, las maldades del capitalismo y la perfidia supuesta de Estados Unidos con lo que hablamos. Solo falta que mencione al Che Guevara...
Señor mio. Hay algo que los ecologetas de salón no entienden. Las explotaciones mineras está condicionadas en su ubicación por la geología, y aunque usted no lo crea, no podemos hacer nada para cambiarla.
En Chile hay grandes minas de cobre porque no existe ningún otro lugar en el mundo con unas condiciones geológicas parecidas. Lo demás es perder el norte.
10 Escrito por Courelao o 12/01/2008 21:53 Respuesta a Pelayo
Solo faltaría que EE.UU e Canada non tiveran nin unha sola mina, de todos os xeitos Arizona, un dos estados mineiros USA, ten o 16 % dos seus fabulosos bosques totalmente protexidos, Galicia non chega nin ao 12%, o Courel está dentro do protexido e mire como está.
Un, dous, tres, ... cíteme estados árabes petroleiros ricos !!
De tódolos xeitos un pozo de petróleo non é unha mina a ceo aberto de lousa, tampouco a embotelladora de Cabreiroá ,creo que non se pode comparar o impacto.
Brasil, Bolivia, Perú, Colombia, .......
VEXAMOS O CASO Do COBRE DE CHILE
“””Con los datos anteriores pensar que Chile con sus 742 mil kms. cuadrados, es apenas, el 0,5% de la superficie terrestre y que aquí encuentra entre el 40% y el 50% de los recursos de cobre económicamente explotables, es una locura.
“Chile no es un productor más, sino que la única superpotencia tanto en la producción como en el comercio mundial de cobre”. Este protagonismo nos sitúa en una posición hegemónica tal que podemos tener en solitario tanto poder en el metal rojo como tiene la OPEP (Organización de Países Exportadores de Petróleo) con sus 11 miembros en el petróleo.
El cobre constituye una riqueza realmente colosal que, por desidia o corrupción de nuestros gobernantes, no es aprovechada en beneficio del pueblo chileno sino de la insaciable voracidad del capitalismo transnacional”, acusa Alcayaga.
La nacionalización del cobre, concretada el 11 de julio de 1971 por Salvador Allende, fue “el mayor acierto económico de la República de Chile en toda su historia”.
Es de conocimiento público que una comisión especial designada por el Senado de EEUU, demostró que las empresas cupríferas de ese país conspiraron y financiaron el Golpe de Estado que derrocó al gobierno constitucional de Chile, en 1973. Este hecho, sirve para graficar lo que son capaces de hacer las transnacionales mineras para influir en las decisiones de los gobiernos.
Otro ejemplo, es el uso de la propaganda para desinformar a los ciudadanos. “A inicios de los años ochenta difundieron el rumor de que antes de 20 años los científicos podrían crear el cobre sintético, por lo que nuestra principal riqueza quedaría obsoleta, tal como ocurrió con el salitre a comienzos del siglo veinte”, reafirma Alcayaga.
Se ao carón da súa casiña hai pedra, monte unha graveira na porta da súa casa, ou se o prefire véñase para a Campa do Courel para vivir ao son e á luz dunha macro fábrica de pedras.
Saúdos
Courelao
11 Escrito por Pelayo o 02/01/2008 13:38 Respuesta a Courelao
Lo que afirmas no es verdad. Estados Unidos, Australia o Canadá son países con una minería importantísima y son también ricos y desarrollados. Noruega y diversos países árabes no tienen precisamente nada de pobres y obtienen sus principales recursos económicos de la extracción del petroleo.
Y además lo que cuentas no tiene ningún sentido. La ubicación de los yacimientos minerales la da la naturaleza y no los decretos de los políticos. En realidad lo que plantean los ecologistas y la izquierda tiene mucho de neocolonialismo egoista, cuando afirman que si hay que escoger, para nosotros lo limpio y para ellos lo sucio.
12 Escrito por Pelayo o 30/12/2007 11:38 Respuesta a Courelao
Lo que afirmas no es verdad. Estados Unidos, Australia o Canadá son países con una minería importantísima y son también ricos y desarrollados. Noruega y diversos países árabes no tienen precisamente nada de pobres y obtienen sus principales recursos económicos de la extracción del petroleo.
Y además lo que cuentas no tiene ningún sentido. La ubicación de los yacimientos minerales la da la naturaleza y no los decretos de los políticos. En realidad lo que plantean los ecologistas y la izquierda tiene mucho de neocolonialismo egoista, cuando afirman que si hay que escoger, para nosotros lo limpio y para ellos lo sucio. 13 Escrito por Courelao o 19/12/2007 17:50 Os Países desenvoltos e ricos non queren minas nos seus territorios para non estragalos e para non esgotar os seus recursos, prefiren que se exploten nos países dos "parvos" coma nós e que nos quedemos sen terra e sen minerais e sexamos cada vez máis pobres e “débiles”.
Os materiais das minas son necesarios, pero hai que gastar o mínimo posible e que todas as nacións se repartan as desfeitas.
Porque onde vivimos importa !! Ou non Sra. Caride e demais colegas????
Mirade ben a Lei que aprobades! ou lamentarémolo todos
Saúdos ao Parlamento
14 Escrito por Dores Asorei o 08/12/2007 1:17 Sinto vergoña daqueles que noutrora defendías ao noso país, hoxe o queiran desfacer con leis como as da mineria que afectarían de cheo aos nosos espazos naturais, prezados bens que non teñen precio, e sobre todo ao noso Courel onde as cores do pais mudan coas estacións, onde a forza das fervenzas parecen dicir fica aquí, onde descansa xente boa e xenerosa que tiñan ao Courel no seu corazón, pensamento e loita...O noso, o seu, o meu Courel onde tantas vivencias fican escritas nas súas árbores, augas e xentes.
Tende presente, que xa aprendimos a leción e que a nosa terra non se vende. 15 Escrito por Francisco Alvarez Koki o 07/12/2007 4:28 Estou en total acordo coa sos do courel. apoio a sua iniciativa por que e obriga de todolos galegos e galegas arrimar o hombro na defensa do pouco que nos queda 16 Escrito por Juan Miguel Varela de la Torre o 06/12/2007 12:51 Apoyo totalmente las reivindicaciones de SOS COUREL. Exijo a los políticos que no realicen cuentas económicas ni se dejen presionar por las empresas. Reivindico ecología en el Parlamento. 17 Escrito por Eduardo o 06/12/2007 4:19 Sres. Parlamentarios: véxome na obriga de lles lembrar que o seu deber é ca cidadanía en xeral non cos intereses económicos, que tan só son particulares. Deben tratar, cas súas accións, de beneficiar a canta máis xente desta terra sexa posible, e non só a uns poucos.
Facendo unha lei da minería que facilite as explotacións en espacios protexidos, etc, favorecerán os intereses duns poucos empresarios, que se farán ricos, mentras as xentes do Courel, en primeiro lugar, fanse máis pobres económicamente falando, e as xentes da Galiza, en segundo lugar, fanse máis pobres social e medioambientalmente falando.
A riqueza patrimonial, cultural, ambiental de todo o pobo galego é moito máis importante que a riqueza no peto duns poucos.
Pensen que unha terra coidada paixasísticamente falando pode producir moitos máis recursos que unha canteira: os ingresos económicos que se obteñen da explotación dun espacio natural como ben turístico e de esparcemento ben xestionado superan con creces os ingresos que pode xerar unha canteira sobre todo si está xestionada dun xeito tan nefasto como algunha que temos no noso territorio.
Pense por un momento nunha situación hipotética. Imaxínense que viven vostedes nunha casa a un quilòmetro do mar e que disfrutan dunhas incomparables vistas. Seguro que algún de vostedes está realmente nesa situación privilexiada. Imaxínense que o seu alcalde dá licencia para construir un hotel a menos de cincocentos metros do mar e que lle tapa por completo as fermosas vistas. Dubidarían algo en denunciar a ilegalidadade de tal construcción no Dominio público marítimo-terrestre? Non, non o dubidarían.
Por qué entón permiten todo isto? 18 Escrito por virxedaesperanza o 05/12/2007 17:52 MENSAXE CURTA E SINXELA:
POR FAVOR, PAREN XA A MANÍA DE DESTRUIR GALICIA CON OCOS, ASFALTO E LADRILLOS, POLÍTICAS TÍPICAS DO SÉCULO XIX E DAS DICTADURAS MEGALÓMANAS.
A ESTAS ALTURAS HAI OUTRAS OPCIONS DE PROGRESO...OS VERDADEIROS LÍDERES CONSTRUEN ESAS OPCIONS E LIDERAN O CAMBIO EN VEZ DEIXARSE LEVAR COMA MONICREQUES.
UNHA APERTA E ÁNIMO A TOD@S OS QUE SABEN QUE RIQUEZA NON SON SÓ BILLETES.
Bárbara.
19 Escrito por Plataforma Ártabra21 o 05/12/2007 13:17 PARABÉNS!!!
Rexeitando este galardón non se cae na trampa de que todos nos bicamos e damos apertas cando o debate debe ser ético e rigoroso no tratamento co medio ambiente.
Xunta Coordinadora
PA21 20 Escrito por Manuel/Piollo o 05/12/2007 12:25 O mar esquilmado e emporcallado, a terra cada vez mais seca e improductiva polo cambio climático. ¿Qué deixamos para os nosos fillos?. O meu apoio incondicional a iniciativa de salvar O Courel da queima. 21 Escrito por Arcadia (Chapela) o 05/12/2007 10:50 Apoio totalmente a SOS Courel.Na miña vida pensei que en Galiza puidesen acontecer semellantes destrozos e barbaries do noso patrimonio,neste caso no noso fermoso Courel dunha forma ilegal baixo un goberno sen ideoloxía,carácter nen compromiso social;egocentrista con ansia de poder e capitalista,manexado polas bancas e as multinacionais.RESPETO!pedimos, pola nosa Terra,o Courel ten recursos mais que suficientes para darlle pan hoxe mañán e por sempre aos cidadáns duha forma equitativa e non privatizando en mans duns poucos os beneficios a costa duns postos de traballo precarios e de asasinar flora,fauna,rios,beleza....coa explotación dunhas canteiras de pizarra a ceo aberto que nunca xamais se poderá recuperar o dano feito,tanto coa extracción da pizarra como cos escombros.Unha vergonza,impotencia.Dentro de Europa,somos coma Uruguay(con todo o meu respeto cara os nosos irmáns uruguayos)no continente americano.Pan para hoxe fame,tristura,vacío,morte,negrura.......para mañán.
No courel hai castañas,mel,queixo,cogumelos moi valorados e de alta adquisición en rexións coma Cataluña ou países coma Francia ou Italia,casas rurais que funcionan todo o ano,rutas de sendeirismo,un refuxio de montañeiros na Seara,alpinismo,diversidade de árbores,aves catalogadas de especial consevación onde se poden levar grupos de estudantes universitarios de bioloxía ou nenos para a sua observación e estudo.
O outro día un mestre lles fixo dibuxar unha vaca a uns nenos, cando se sorprendeu ó escoitar a dous que discutían se as vacas tiñan ou non cornos......Temos o cambio climático e España e unha das maiores en emisión de carbono e ale,collemos aquí de sabios e nos cargamos a nosa Amazonia por dous ignorantes que non queren cumprir as leies polos seus intereses.Galiza polo seu rural e minifundismo podería ser a pioneira en España en agricultura ecolóxica que está demostrado que fronte a agricultura tradicional con usos de pesticidas;capta o dobre de carbono no chan.Sexamos mais intelixentes,sintámonos mais orgullosos en ser pioneiros de aproveitar os nosos recursos para manter o que temos,recuperar parte do destrozado(saneamento das rias)e de paso axudemos e reducir a emisión de CO2 e vendamos de cara o mundo un modelo intelixente de vida,non o absurdo que nos queren impor que so é quedar ben de cara a galería según o capitalismo salvaxe,coste o que coste.Coma a típica familia de barrio que saca un cochazo do garaxe,leva roupa de última moda e na casa son uns infelices,se sinten vacios,comen de bocata e non saben saborear as cousas mais sinxelas e fermosas da vida coma un simple paseo polo medio dun bosque,observar unha folla,un escarabello,unha flor,escoitar o vento entre as árbores ou os cantos dos paxaros ou pola beira do mar e sentir o cheiro da sal ou pola beira dun río e escoitar o curso da auga,unha fevenza,un fento,as árboras autóctonas das beiras dos ríos e non coma en Budiño fermoso aínda e case coa necesidade de ter que taparse o nariz polo federento dos vertidos das industrias q xa fixo fuxir ata as diversa aves que se podían obsevar nazona.E seguimos na mesma sintonía de forma ilegal e apoiadas pola administración seguen a acometer aterros e mais aterros,coméndolle espazo os espazos protexidos pola "Rede Natura 2000".Sigamos destriuindo o mais valioso,que é o noso fogar,a nosa fermosa Terra,sigamos a construir señores gobernantes e donos dos montes e terras do Courel un futuro gris,oscuro triste e valeiro para os nosos fillos,cando estamos a tempo de conservar un patrimonio que non hai diñeiro no universo que o poida mercar. 22 Escrito por Saúl o 04/12/2007 22:00 isto e unha vergoña,veña acabemos con todo canto antes¡¡,pra que os ricos explotadores pensen que teñen a razon.Sede un pouco sensatos e non acabedes coa verdadeira riqueza do pais 23 Escrito por Daniel o 04/12/2007 18:28 Estoy totalmente de acuerdo con la protección del medido ambiente y sobre todo con las zonas de especial interes, entre ellas "O Caurel" siendo ya uno de los pocos vestigios de bosque caducifolio que queda en nuestra Galicia y la minería de la pizarra, pronto convertirá el vello paisaje del Courel en una árida porción de terreno gris. 24 Escrito por Xavier o 04/12/2007 17:48 Si el Instituto Universitario de Xeoloxía de Galicia ha decidido no aceptar la distinción que le ha concedido la Cámara Minera de Galicia como una forma de protesta por la destrucción que esta llevando la actividad de las pizarreras en Galicia... sería conveniente en la tramitación de esta Lei de Minería de Galicia tener en cuenta que los DAÑOS PUEDEN SER IRREPARABLES si el Parlamento permite seguir adelante con las actividades extractivas en Zonas de Especial interés Biológico y Cultural como es Folgoso del Courel y en general en toda la comarcar del Courel.
Si tenemos Instituciones Científicas los Parlamentarios deberían tomar en consideración sus informes y estudios antes de promvomer una Legislación Irresponsable con el Patrimonio Natural de Galicia.
Xavier Torrado 25 Escrito por José Dias Cadaveira o 04/12/2007 13:00 As contas nom saem, lucros para a máfia das canteiras e perdas para o país, e patrimonio natural e em fundos públicos para restaurar as defeitas das louseiras, porque por suposto eles nom pagam, senom nom era rendível. O de sempre, privatizar os lucros e socializar as perdas. Estás enchendo-te de glória, Fernando. Com "nacionalistas de esquerdas" coma ti, a direita vai para o paro. 26 Escrito por fizmania o 04/12/2007 12:04 Deseo lo mejor para Galiza, pero me temo que la destruccion de nuestro patrimonio
paisajistico y ecologico, en aras del progreso y beneficio de unos pocos sea el camino mas adecuado.fizmania 27 Escrito por jose o 04/12/2007 11:25 E unha vergoña que o novo goberno da Xunta siga as mismas politicas destructivas co goberno anterior.
Pido como cidadán comprometido coa miña terra que se suspendan todos os procesos destructivos que se levan adiante na costa, no courel, nos pobos cos plans urbanísticos e en diferentes zonas protexidas e parques das cidades.
Hemos votado pra ter un goberno que defenda a nosa terra e estamos comprobando que o poder económico ten unhas raices moi fortes. ¿Alguen dunha vez vai a dar un puñetazo na mesa e rachar coa política destructiva da nosa terra?.
Si o facedes ben, pero si non o facedes nos movilizaremos pra tentar paralizar esta destruccion masiva.
¡¡NUNCA MAIS DESTRUCCION DA NOSA TERRA!! 28 Escrito por Un courelán o 27/11/2007 23:47 No Courel.As súas xentes,acurraladas na falta de especativas,ven como unha saída traballar nas canteiras que destruen as súas montañas.Bótanse ás pateras da destrución do territorio por se os seus fillos atopan noutros lugares esas espectativas que a eles lles son negadas.A falta de espectativa empurra as xente nun camiño de autodestrución.Como se explica qe non se teñan procurado aínda medios para desenvolver e fomentar as naturais riquezas do Courel? 29 Escrito por Manoel do Courel o 26/11/2007 22:05 O Courel fanlle trato de colonia.
As canteiras son o típico caso de minería espoliadora.Polo tanto,se queredes,corresponderían,no que é a historia económica do Terceiro Mundo ,concretamente de América Latina.Supón simplemente o tratamento do Courel e da economía courelá como unha colonia.Unha canteira,que sarcasticamente está ubicada nun espazo de proteción natural.E destrozase o Courel para producir unha lousa que non se consume ,que non é necesaria en Galiza.Porque non é necesaría tal cantidade de lousa.O maerial exportase para fora e mentras tanto este paraxe estannolo arrasando.
30 Escrito por séchu sende o 26/11/2007 20:41 Qualquer iniciativa de explotaçom nom sustentábel que, impulsada ou consentida pola administraçom e os seus responsa´beis políticos, empobreza o valor natural, social, cultural e as altenrativas de economia sustantábel do Courel terá enfrente umha cidadania activa, consciente, trabalhadora e insubmisa que nom vai dar um paso atrás na defensa da Serra de Novoneyra.
Senhores e senhoras responsábeis políticos, nom nos convirtam nos seus inimigos. Porque temos mais poténcia da que nós mesm@s pensamos.
A natureza tem quem a defenda. 31 Escrito por fundacionmedio o 25/11/2007 19:42 NON A LEI DE MINAS; PEDIMOS CONSENSO E Q SE NOS ESCOITE; NON SE PODE VENDER OS RECURSOS A CATRO EMPRESARIOS::: 32 Escrito por Xosé Manoel o 25/11/2007 18:16 Courel ancestral
A obra de Novoneyra ,excepcional como é a propia Serra do Courel,pode servir seguramente para axudar a non perder de vista o que este mundo da montaña galega debería seguir sendo no futuro.
Parque Natural SI.
Canteiras NON.
33 Escrito por Un courelán o 25/11/2007 18:06 Hai xente tan inconsciente que pensa que o medio ambiente non é necesario protexelo.
Os problemas ambientales afectan a todo mundo.No Courel non se lle da importancia o paisaxe ninse explotan os moitos recursos paisaxisticos.Cando sexa tarde,se non o é xa,virán os pesares.
34 Escrito por Brio o 25/11/2007 17:39
Coido que non estaría de máis facer un esforzo pedagóxico,organizando unha xira polas canteiras que devoran o mapa do Courel,incumprindo as normativas de recuperación ecolóxica,pagando salarios miserábeis e transformando a beleza en pobreza.Estarian especialmente convidados quen identifican industria e riqueza a calquera prezo.
Non hai mellor xeto decoñecer O Courel que camiñar pola sua paisaxe.Unha experiencia que pode ser dura cando comprobamos todo que levamos perdido a cambio de nada.
Pero que é reconfortante ao ver que aínda queda tanto por salvar,por conservar.
Levamos moito tempo sometidos a un lavado de cerebro abslutamente capcioso,polo que nos dicen sistematicamente que o industrializarse é sinónimo de desenvolvemento económico.Parece como se o resto de sectores económicos carecesen de importancia ou non fosen utilizábeis para o desenvolvemento económico no Courel.Hai que ter en conta que para saír do subdesenvolvemento non vale calquer modelo de industrialización ou calquer gama de industrias a establecer.O problema xorde cando o tipo de industria (canteiras), que no Courel é o que lle interesa crear as económias hexemónicas ou de centro , non permite o desenvolvemento do resto do texido económico(agrícola,gandeiro, turistico ,artesanal,ectr).Manipulan as nosas estruturas productivas en función dos intereses do gran capital de fora.
35 Escrito por Brio o 25/11/2007 17:27 A dinámica de crecemento de canteiras no Courel é moito máis destructora que desenvolvedora.As canteiras están espoliando a población do Courel para ocupar o territorio,para que despois se consume definitivamente en concello mineiro.
Observadores da natureza nas súas diferentes versións TEÑEN NO COUREL UN MUNDO DE OPORTUNIDADES. 36 Escrito por Xermán E. Janeiro ()presidente da entidad ecologista o 22/11/2007 14:15 PRESIDENTE DA FUNDACIÓN GERMÁN ESTÉVEZ PARA A PROTECCIÓN DA NAUREZA E DO MEDIO AMBIENTE, "O NOSO REXIETAMENTO NA SÚA TOTALIDADE A LEI DA MINERÍA, SOLICITAMOS TEMPO PARA ESTUDIAR O ARTICULADO DA NOVA NORAMTIVA E PEDIMOS QUE AS 277 CANTEIRAS QUE ACTUALMENTE ESTÁN EN REDE NATURA NON SEXAN LEGALIZADAS, POR SER DE DEREITO E SER UN ATENTADO AO PATRIMONO NATURAL DE GALICIA. .... 37 Escrito por María dende Vigo o 14/11/2007 12:53 Suscribo por enteiro o comentario de Roi. Agradezo que exprese tan ás claras os que moit@s pensamos e non sempre sabemos dicir. 38 Escrito por Claudia o 14/11/2007 0:36 Estoy totalmente a favor de la preservación de nuestro patrimonio tanto cultural como medioambiental.q 39 Escrito por oriol lopez o 13/11/2007 23:39 Desde Catalunya un abrazo a los ecologos gallegos! contais con mi apoyo 40 Escrito por carlos ríos o 13/11/2007 11:19 Unha outra vez o ataque vai provir por parte da improcedencia da lexislación.
O Caurel é o mundo enteiro nun cativo e moi fraxil espazo territorial. 41 Escrito por Roi o 13/11/2007 0:43 Apoio totalmente a postura expresada por SOS Courel. Seméllame escandaloso que a maioría parlamentaria faga o xogo a empresas tan pouco respectuosas coa paisaxe, co medio, co ambiente, co contorno natural e cultural e co territorio en xeral de Galiza, como demostran moitas das disposicións e dos artigos do texto lexislativo, elaborados ad hoc. Este proxecto de lei está feito á medida do sector e, para colmo, desaproveita a oportunidade de regular a actividade cunha perspectiva construtiva e en clave de país, tendo en conta por unha vez na vida as necesidades nacionais. Por unha competencia que temos, vai e resulta que o facemos peor do que o facía o lexislador estatal! (para isto queremos autogoberno?) As empresas que non xeran valor engadido, que empregan sistematicamente de forma precaria, que se pasan a normativa de riscos laborais por onde lles parece, que ocupan e malgastan espazos públicos (as estradas, por exemplo), que tributan á baixa, e que lesionan -ou directamente destrúen- os poucos atractivos que ten o país (a súa paisaxe e o medio ambiente, a falta dunha man de obra cualificada e dun tecido empresarial forte que poidan facer algo polo seu futuro) non se deben incentivar, senón limitar no espazo e tentar que non se estendan; hai que insistir sobre a restauración a posteriori, sobre os límites ao medre deste tipo de empresas, sobre as avaliacións ambientais estratéxicas a priori, sobre a non agresión a zonas xa protexidas (LICs incluídos), sobre o control por parte da Xunta dos procesos de apertura, explotación e peche/restauración, sobre xerar valor engadido na produción (e non produción en bruto en termos de cantidade!!!!), etc., e hai que desbotar a idea de incentivar os concellos a seren mineiros (o que nos faltaba! Agora todos van querelo ser!). Por favor fagan unha lei de minaría galega e non unha lei que beneficia a un determinado empresariado dalgunhas comarcas, que desde logo non persegue o beneficio do conxunto da nación, senón do peto dalgúns. Pagamos o Parlamento para que lexisle para o ben de todos os galegos e de todas as galegas, non duns poucos que, aínda por riba, hipotecan o futuro do conxunto do país. Teñan un pouco de decencia e vaian vostedes ao Courel e comproben sobre o terreo que é o que están impulsando, permetindo e favorecendo co seu traballo. É este o futuro que queren para Galiza a golpe de lei? 42 Escrito por CARMEN BLANCO o 12/11/2007 10:18 APOIO A DEFENSA DO PATRIMONIO NATURAL E CULTURAL DE ESPAZOS COMO O COUREL E SÚMOME Á PROPOSTA DA ASOCIACIÓN S.O.S COUREL. 43 Escrito por Asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel o 03/11/2007 19:58 Á Presidenta do Parlamento de Galicia Mesa do Parlamento
Despois de entregar as máis de 21000 sinaturas en defensa do Courel, dirixidas ao Presidente da Xunta, co encargo de que se lle enviara copia á Presidenta do Parlamento de Galicia, exercemos o noso dereito a lexislar con Vós, no referente ao “Proxecto da Lei de Ordenación da Minaría de Galicia” que deixa á “intemperie” todos os espazos naturais da Galiza e ímolo demostrar paso a paso:
a.- A Lei de Ordenación da Minaría de Galicia, vai ser a primeira lei autonómica de todo o Estado nesta materia e non é como din, para regularizar as explotacións clandestinas existentes, xa que a “máis iposible” de todas, “La Campa_Santa Eufemia”, xa foi autorizada dun “golpe” o 21 de xuño de 2007.
b.- O verdadeiro motivo desta Lei é facilitar a tramitación das novas concesións mineiras e o “asalto” de novas explotacións ao solo rústico especialmente protexido de espacios naturais, paisaxístico, agropecuario, forestal, augas, costas, infraestructuras, patrimonio, etc, a través do Plan Sectorial de actividades extractivas. Por iso, con esas miras futuras, deixase que siga o trámite das de momento, 54 novas canteiras no Courel, en solo rústico especialmente protexido de espazos naturais. Esta “multitramitación de actividades extractivas” cargadas de “expropiación forzosa”, xa se vai ocupando de ir despoboando o territorio e de disuadir da implantación das actividades económicas alternativas necesarias para o mantemento do patrimonio cultural e natural.
c.- Xa a Lei do Solo, 9/2002, na súa disposición transitoria nº 12 consinte para o futuro e di:
“.....A implantación de novas explotacións e actividades extractivas en calquera categoría de solo rústico especialmente protexido (de espacios naturais, paisaxístico, agropecuaria, forestais, augas, costas, infraestructuras, patrimonio, etc) non poderá realizarse en tanto non sexa aprobado definitivamente o correspondente Plan sectorial de actividades extractivas, ao abeiro da Lei de ordenación do territorio de Galicia (Lei 10/1995) ........”
d.- Este proxecto de Lei de ordenación da minaría contempla, no seu artigo 11 e seguintes, a elaboración do “Plano da Minaría de Galicia” que se corresponde co “Plan sectorial de actividades extractivas de Galicia.
e.- As garantías ambientais do “Plan sectorial de actividades extractivas de Galicia” estableceranse por medio de unha avaliación ambiental “a carta”, o mesmiño que se fixo nos plans sectoriais de eólicos, acuícolas, etc; unicamente “literatura de sostibilidade” para saltarse a Lei do Solo.
f.- Así, o único obstáculo ambiental que queda, intentouse eliminar polo artigo 39, punto 4, deste proxecto de Lei, onde o Consello da Xunta, do 21 de xuño de 2007 (o mesmo día que se autorizou a “CE La Campa”) “colou” un apartado polo que “as actividades extractivas” poderían “saltarse” o vixente Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Peligrosas (RAMINP), e sería substituído por unha “avaliación ambiental”. Evidentemente este apartado terá que retirarse da Lei que se aprobe no Parlamento, a menos que queiran contradicir a normativa estatal.
g.- Introdúcese tamén neste proxecto de Lei, a declaración de “concellos mineiros”, tal e como se prevé no artigo 46, por o que a minaría pasaría, a maiores do interese público, a ter tamén interese social nestes concellos. Según este artigo, Folgoso do Courel, con máis do 90% do seu territorio en solo rústico especialmente protexido de espazos naturais, sería declarado “concello mineiro”.
h.- Por todo o anteriormente exposto e para evitar a inseguridade xurídica e de futuro esiximos ao Parlamento de Galicia que se incorpore á esta Lei de Ordenación da Minaría de Galicia a prohibición de tramitar concesións e instalar actividades extractivas en terreos incluídos na Rede Natura e outros espazos naturais, no senso en que obriga a Directiva 92/43/CEE del Consejo, de 21 de mayo de 1992, relativa a la conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres, que no último parágrafo do seu artigo 6, di:
“No caso de que o lugar considerado albergue un tipo de hábitat natural e/ou unha especie prioritarios, unicamente se poderán alegar consideracións relacionadas coa saúde humana e a seguridade pública, ou relativas a consecuencias positivas de primordial importancia para o medio ambiente, ou ben, previa consulta á Comisión, outras razóns imperiosas de interese público de primeiro orde.”
Ante a grave desfeita do Courel, un dos espazos de maior biodiversidade e xeodiversidade da Europa, ateigado de hábitats naturais prioritarios e de especies prioritarias, e polo tanto de máximo interese científico-educativo, natural e cultural, valores protexidos expresamente na Constitución do Estado polos artigos 44, 45 e 46; onde a maiores, estase a incumprir gravemente a Normativa Comunitaria que obriga a todos os estados membros; é de esperar que sexa o Parlamento da Galiza o que tome a dianteira na defensa destes territorios e valores tan próximos.
Outono de 2007
ASDO: A Asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel, con NIF G27362474, con enderezo postal en “Santa Eufemia, nº32, Folgoso do Courel. 27327 Lugo” enderezo electrónico soscourel@mundo-r.com, telefono 607 22 58 8
NOTA: Esta mensaxe foi remitida tamén por:
Juan José Guirado; manel; Miguel Angel Fernández Rodríguez - Xustiza e Sociedade de Galicia; M. Carmen Morán de Castro; Jose Cristos Gonzalez; Stefan; Pedro Telmo ; Xosé Allegue; ovidiofernandezblas; Susana Costa Castro; Silvia Amor Faya; Francisco Xosé Candia Durán; foro social de cangas; Manuel; Ana Isabel García; rosas; Isolino; Roi; Luz López; Begoña Carrera Ríos; Johnny; sylvia muñoz; Daniel Perez Gonzalez; KB2I; Julián Yáñez Sánchez; Jessica; Felipe; Lidia; XRS; Quini; Erasmo; Ana María López Beceiro; Daniel Gómez; Defensa do Courel; Javier Amado Bouza; mario riveiro; Abigail Fernández; Miguel Díaz Varela; Mamen; mercedes exposito; Grupo Ecoloxista Adenco; David Romero Pedreira; Nom às minas ilegais; Antonio Álvarez Arias; carlos ríos; Paula Pisón; Pilar; IRIA CALVELO PUMAR; Xurxo Guitián; Sonia; Courel; xerman; Carlos Aller Pereira; Francisco Docampo Barrueco; Vanesa; Antón García Carballeira; José Fonterosa Blanco; Ricardo rodríguez de Castro; Gustavo Cochón; José Manuel García López; Manuel Payno; Lois Manoel Toirán Vázquez; JESÚS DE LA FUENTE; Vida; Juan José Chamorro Sanromán; Noelia Pérez Blanco; temp; José Ramón; oriol lopez; Claudia Nieto; Brais Fernández Preto; Margarita; ÓSCAR TORRADO; Daniel Ramos; Olalla Camaño; Angel José Pérez López; Jorge Sampayo; Marcelino; José Dias Cadaveira; Sala NASA; Mon S.A.; MERCEDES CORRAL ÁLVAREZ; Xoan Fontenla; gonzalogonchar; X. Paulo Rendo Martínez; Santiago Moral; Miguel Teijido; Sara Mira Sánchez; Comba; María José; Galatea; Iolanda Muiños Paredes; Sindo Garcia Garcia; Peral; auro; marcelo rodríguez acosta; Cristina Tascón; Marta; paula; alexandre Fernandes; Daniel Oca González; silvia rodríguez fontán; Moises Malvido Piñeiro; Patricia Pérez López; Santiago Moroño Arenas; Judith; COMITE DE DEFENSA DAS RÍAS ALTAS; Pablo Reboleiro Rama (Trasno); jose; Lucía; carol; Ana Grandal; Elvira Riveiro Tobío; Fernando; Damián Porto Rico; Xabier de Granda; Xosé M.; Javier Ovejero Becerra; Marta Delclòs; Mª do Carme Raíces Madriñán; Tomás Porto Laya; malena barreiro; Norma Paz Vigo; ana mallo munin; cristina; Elsa Silva; Juan Ramón Vidal Romaní; Flavia Berrocal; Sandra Pazos Fernández; Juan Carlos Lage Piñón; José; Manuel Adame Moldes; María Olga Álvarez Sánchez; margalida; anxo; Xilberto Manso de la Torre; |
|