1. Conformidade a estándares e accesibilidade
O Parlamento de Galicia procura que a presentación de todos os contidos e funcionalidades esenciais da web sexan independente dos dispositivos físicos e dos navegadores web empregados para tal fin, codificados con estándares técnicos de uso libre e gratuíto, e accesibles para navegadores adaptados a persoas con eivas ou limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.
O contido está en formato XHTML - unha linguaxe de composición de hipertexto, estándar aberto desenvolvido e recomendado polo W3C, o Consorcio da Web.
Os elementos que constitúen o contido (imaxes, texto, estruturas, ligazóns) están escritos de xeito concorde ao nivel de prioridade A das Directrices de Accesibilidade para Contido Web do W3C.
Empréganse follas de estilo (CSS, outro estándar do W3C) para asignar os formatos de presentación e para distribuír nas páxinas os contidos e as ligazóns.
Recoméndase empregar as versións máis recentes de navegadores tales como Mozilla Firefox, Internet Explorer, etc.
O deseño da web do Parlamento de Galicia ten en conta as recomendacións de accesibilidade para o primeiro nivel de prioridade das directrices WAI (Web Accessibility Initiative) do W3C.
Ademáis cumpre a maior parte das recomendacións do segundo nivel.
Ligazóns acerca do contido web accesible:
- Recomendacións de accesibilidades do Consorcio da Web - W3C, que explica as razóns de cada recomendación.
- Técnicas de accesibilidade do Consorcio da Web - W3C, que explica como implementar cada recomendación.
- Iniciativa de accesibilidade do Consorcio da Web - W3C.
2. Características de accesibilidade
Para facilitar a navegación este sitio web dispón das seguintes axudas:
- Teclas de acceso rápido:
- Saltar a navegación e ir ao contido ALT + S + INTRO
- Saltar entre as pestañas do WEb ALT + nº pestaña + INTRO
- Acceso á páxina de inicio
Dende a sección de Navegación auxiliar en cada páxina, ou mediante a tecla de acceso rápido correspondente ALT + 1
+ INTRO
- Uso de tecnoloxías de asistencia.
- Ligazóns:
- As ligazóns están descritas en detalle a través do atributo título, a non ser que o texto da ligazón describa completamente o seu destino (como o titular dunha nova).
- Todas as ligazóns pódense seguir sen problema, aínda que os scripts non estean activados.
- As ligazóns non se abren en novas xanelas agás que se advirta o contrario, ou sexan documetos para descarga ou ligazóns a videos.
- Imaxes.
Todas as imaxes con contido inclúen un atributo alt cun texto descritivo. As imaxes con propósito decorativo inclúen atributos alt baleiros.
- Deseño visual.
Empréganse follas de estilo (CSS) para controlar o aspecto visual do sitio web e mais para dispoñer o contido na superficie da xanela.
3. Uso das características de accesibilidade nos principais navegadores
O acceso ás características de accesibilidade varía entre os navegadores máis utilizados. Nesta
sección descríbense os métodos concretos para sacar o maior partido das facilidades que
proporciona cada un deles.
- Teclas de acceso rápido:
- Microsoft Internet Explorer.
Prema só a combinación de teclas ALT + tecla de acceso rápido + INTRO.
- Firefox.
Prema só a combinación de teclas ALT + tecla de acceso rápido.
- Tamaño dos textos
As páxinas da web do Parlamento de Galicia especifican o tamaño dos textos de forma relativa, é dicir, permiten que os navegadores aumenten ou diminúan o tamaño dos textos segundo as preferencias do usuario, e sen crear problemas de visualización.
Pode controlar o tamaño dos textos no seu navegador do xeito seguinte:
- Microsoft Internet Explorer
A través do menú Ver » Tamaño do texto.
Mediante os botóns de Aumentar e Disminuir tamaño do texto, do Menú de
ferramentas de calqueira páxina.
- Firefox
A través do menú Ver » Tamaño do texto ou empregando a combinación de teclas CTRL + "+" ou CTRL + "-", segundo se queira aumentar ou diminuír o tamaño do texto, respectivamente. Premendo CTRL + = restablécese o texto ao tamaño normal.
Mediante os botóns de Aumentar e Disminuir tamaño do texto, do Menú de
ferramentas de calqueira páxina.