Na súa condición de primeira institución da
Comunidade Autónoma, o Parlamento de Galicia e os
75 deputados e deputadas que o integran deben
gozar sempre da máxima visibilidade social e da maior
accesibilidade posible.
Ese é o obxectivo desde directorio -modesto na
forma pero ambicioso no fondo- que xorde con
vocación de ser útil para cantos, dun ou doutro xeito,
teñen relación ou necesitan contactar cos seus
representantes no lexislativo galego.
Ben sexa a través da edición en papel, ou da súa
versión electrónica, esta publicación pretende
contribuír a abrir as portas da Cámara e a facilitar un
maior contacto dos cidadáns cos seus
representantes na Cámara autonómica.
Benvidos todos e todas ao Parlamento de Galicia, a túa casa.
Pilar Rojo Noguera