Introdución

A Mesa da Cámara poderá conceder a medalla do Parlamento de Galicia a aquelas institucións ou persoas físicas ou xurídicas que, polos servizos prestados á Comunidade Autónoma, se fagan merecentes da consideración honorífica dos representantes lexítimos do pobo galego.

A medalla do Parlamento de Galicia tamén se lles poderá conceder ás institucions, autoridades e personalidades que, pola súa especial relación ou vínculo co Parlamento de Galicia, ou por razón de reciprocidade ou cortesía, se fagan merecentes dela.

A proposta de concesión desta medalla debe ser efectuada polo presidente do Parlamento de Galicia, que a deberá xustificar debidamente ante a Mesa.

Xunto coa medalla –sen valor material, pero de elevado valor simbólico– a persoa ou institución distinguida recibirá unha distinción dela en miniatura, así como un título en pergameo que acredite o seu outorgamento.

A imposición da medalla do Parlamento de Galicia só se poderá efectuar unha vez ao ano e terá lugar o 6 de abril, aniversario da promulgación do Estatuto de Autonomía de Galicia. As primeiras medallas do Parlamento de Galicia entregáronse en 2016, para conmemorar o 35 aniversario da promulgación do vixente Estatuto de Autonomía de Galicia.