saltar ao contido

Lexisla con Nós

Proposición de lei de simplificación administrativa e do apoio á reactivación económica de Galicia.

Proposición de lei de simplificación administrativa e do apoio á reactivación económica de Galicia (11/PPL-000002).

Opinións

1 - Escrito por TERESA SESTELO ALBORES/CARLOS PEREZ RAMOS o 21/12/2020 20:12

De conformidad con su Exposición de Motivos “a lei pretende instaurar unha nova cultura administrativa, dirixida a simplificar e racionalizar os procedemento”. A esos efectos, entre otras medidas, la ley regula en su artículo 54 las certificaciones de conformidad, pero en unos términos que no coinciden con esa apuesta decidida expresada en la Exposición de Motivos por una reducción de los plazos, toda vez que se deja a voluntad de ayuntamiento otorgar o no la licencia asumiendo la certificación de conformidad. Para que tal sistema sea realmente operativo, debe ser imperativa la asunción de esa certificación de conformidad. Se propone por ello la siguiente redacción alteranativa del artículo 54: Artigo 54 Títulos habilitantes urbanísticos de competencia municipal 1. As solicitudes de licenza e as comunicacións que teñan por obxecto actos de edificación ou de uso do solo ou do subsolo, para a implantación das iniciativas empresariais e para as actuacións de desenvolvemento de solo empresarial ou residencial, poderán presentarse acompañadas dunha certificación de conformidade á legalidade urbanística e ao planeamento aplicable, emitida por unha entidade de certificación de conformidade municipal das previstas no capítulo IV do título III da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia. 2. Cando unha solicitude de licenza urbanística se presente acompañada dunha certificación de conformidade nos termos establecidos por este artigo, os informes técnicos e xurídicos municipais sobre a conformidade da solicitude coa legalidade urbanística previstos polo artigo 143.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, serán facultativos e non preceptivos. 3. No caso regulado no número anterior, o prazo de resolución do procedemento será dun mes, contado desde a presentación da solicitude coa documentación completa, incluída a certificación de conformidade, no rexistro do concello, coas excepcións previstas no artigo seguinte. 4. No supostos indicados nos apartados anteriores, o órgano municipal competente deberá outorgar a licenza asumindo a certificación de conformidade á legalidade urbanística e ao planeamento aplicable da entidade de certificación de conformidade municipal que acredite expresamente que o proxecto foi sometido a esa verificación. 5. Cando unha comunicación urbanística se presente acompañada da documentación esixida na lexislación do solo e dunha certificación de conformidade nos termos establecidos por este artigo, habilitará con efectos inmediatos desde a súa presentación no rexistro do concello para a realización do acto de uso do solo ou do subsolo que constitúa o seu obxecto. 6. As entidades de certificación de conformidade municipal serán as únicas responsables fronte ao concello do contido das certificacións emitidas, substituíndo a súa actuación a responsabilidade das demais persoas interesadas. 7. Ás solicitudes de licenzas que se refiran á execución de obras ou instalacións deberá achegarse o proxecto completo redactado por persoal técnico competente, na forma e co contido determinados na lexislación do solo e demais normativa aplicable.

2 - Escrito por Gustavo Cochón o 28/12/2020 09:37

Xunta e PP utilizan a administración e a lexislación para favorecer os intereses das multinacionais e o espolio dos recursos do país: son a xestoría dos negocios de ENCE, INDITEX, IBERDROLA, GAS NATURAL, EDP, PEMEX… Por se non era aínda evidente, deixouno claro Núñez Feixóo cando anunciou a creación dunha comisión para planificar e promover os proxectos que optarán aos fondos Next Generation da UE: “o obxectivo é poñer en valor os recursos naturais da comunidade”, o que traducido a roman paladino ven sendo poñer a riqueza do país nas mans das empresas do IBEX. Mais para facelo era necesario un “tour de force” no entramado lexislativo do espolio. É por iso que se anuncia unha sorte de lei de depredación perfeccionada e máis sofisticada que ten como finalidade satisfacer os apetitos insaciábeis das transnacionais. Tal como fixo coa versión orixinal (Lei de depredación de 2017), o PP usa a fórmula da proposición de lei no parlamento pola vía de urxencia, o que se traduce nunha tramitación expréss e na substracción dos procedementos de participación pública: omítense os trámites de consulta aos sectores e administracións afectados, de información pública para presentación de alegacións, o sometemento aos órganos sectoriais consultivos e o preceptivo informe do Consello Económico e Social. A única fenda para a participación é o procedemento aberto no parlamento co programa “Lexisla con nós” que permite a achega de comentarios por parte das persoas e entidades interesadas. As bulldozer administrativa e lexislativa do PP pretenden satisfacer a voracidade das industrias extractivas, que ven na achega masiva de fondos europeos de “reconstrución” unha grande oportunidade para o negocio rápido, adubiado se é mester coa retórica de moda: resiliencia, crecemento verde, enerxía renovábel, economía circular, transición enerxética e desenvolvemento sustentábel En realidade, a práctica vai no sentido contrario, coa luz verde a proxectos depredadores dos recursos naturais, ás veces mesmo con impactos en espaos protexidos como Rede Natura, iniciativas chamadas estratéxicas e que prevén a transformación de grandes áreas do monte en auténticos polígonos industriais dedicados á extracción de madeiras de crecemento rápido e a megaproxectos de aproveitamento eólico. Logo de aprobar en 2013 a Lei de emprrendemento e da competitividade económica e en 2017 a Lei de de fomento da implantación das iniciativas empresariais, coñecida como “Lei de depredación”, normas que ían marcar fitos históricos na simplificación administrativa e nas facilidades á implantación de empresas, o PP promove unha norma con obxectivos semellantes ( a Lei de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica), que supón un novo cabalo de Troia perfeccionado e ampliado para blindar os intereses dos grandes grupos económicos e poñer as adminsitracións e os recursos do pais ao seu servizo. Velaquí algunhas das principais cargas de profundidadde da nova norma: 1. Unha lei contra os intereses do país. A Xunta pretende reforzar aínda máis as prácticas abusivas, que lle dan un enorme poder ás empresas promotoras sobre as persoas e entidades propietarias das terras. A nova norma facilita as condicións e as vantaxes para a declaración de proxectos industriais estratéxicos e as iniciativas empresariais prioritarias. Na práctica créase un auténtico “dereito de pernada” urbanístico para os proxectos estratéxicos, tal como se recolle na Disposición adicional segunda. Unha estratexia perfectamente coincidente e complementaria cos Proxectos de Interese Autonómico (PIA) regulados noutra norma de aprobación inminente, a Lei de “ordenación” do territorio. A nova norma prevé converter toda Galiza en área de potencial desenvolvemento eólico, máis alá do establecido no Plan Sectorial. Regula o procedemento de “gobernanza” (sic) dos fondos de recuperación, legalizando a actuación da Xunta (retroactivamente) e mantendo a opacidade e falta de transparencia que caracteriza a actuación do goberno galego Establece o silencio positivo como norma na emisión de informes, se non se emiten no prazo de tres meses/ou no prazo reducido de un mes para os proxectos que se poidan acoller a esta modalidade. Ademais, devalúa a protección do patrimonio cultural e os informes do departamento con competencias na materia (Disposición derradeira quinta) 2. Unha lei de privatización da administración pública. Un dos aspectos máis comprometidos da nova regulamentación ten que ver coa creación dunha especie de administración privada paralela na que a Xunta delega a tramitación e a inspección ambiental: o banco de suxeitos expertos e a as entidades de colaboración ambiental. Establécese que no banco de suxeitos expertos “figurarán os organismos e persoas aos que o órgano ambiental poderá solicitar os informes de carácter científico ou técnico nos procedementos de avaliación ambiental”. Ao mesmo tempo crea as entidades de colaboración ambiental (artigo 41.1), que poden mesmo substituir a administración na inspección ambiental. Por outra parte, a nova lei arrasa coa autonomía e as competencias municipais en materia urbanística. Impón a non suxeición aos títulos habilitantes urbanísticos de competencia municipal para proxectos estratéxicos. A disposición derradeira segunda establece que “As determinacións contidas nos proxectos industriais estratéxicos terán forza vinculante para as administracións públicas e para os particulares e prevalecerán sobre as determinacións do planeamento urbanístico vixente, que deberá adaptarse a elas no prazo de 1 ano dende a data da súa aprobación e, en todo caso, na primeira modificación ou revisión del”. 3. Unha lei contra Natura Un dos aspectos máis controvertidos da lei está no lasser faire en materia ambiental. Ademais da privatización de funcións da administración nesta materia, inclúe as seguintes determinacións: Eliminación de garantías nos procedementos de avaliación ambiental (artigo 31). Rebáixanse as garantías de protección dos espazos declarados Rede Natura (Artigo 39 e seguintes) introducindo expresións subxectivas en relación coa afección “apreciabel” a estes espazos. Créase un procedemento integrado das autorizacións administrativas para as instalacións de produción, distribución e transporte de enerxía eléctrica de competencia autonómica (artigo 43 e seguintes). Prevé entre outras cuestións a exención do trámite de información pública nalgúns supostos (artigo 50) Supón unha maior desprotección da Rede Natura e contempla na Disposición derradeira décimo segunda a adaptación da Rede Natura ás esixencias da lei. En definitiva, un modus operandi xa coñecido, corrixido e aumentado, para poñerlle a alfombra aos grupos económicos que dictan as leis e os procedementos da administración galega, cun alto custo en degradación das paisaxes e dos ecosistemas, con impactos sociais e económicos moi negativos, e con procesos de despoboamento e desertización galopantes nas terras do maná forestal e eólico. O uso e abuso da maioría absoluta para impoñer normas arbitrarias e inxustas podería conducir á resignación e ao desánimo. Iso é precisamente o que busca o PP: unha sociedade aletargada, submisa, sometida pola propaganda e polos abalorios. Mais a realidade é moi diferente e en todos os recantos do país xorden movementos, plataformas e colectivos que loitan en defensa do territorio e da dignidade. E gañan batallas como no Iribio e Sadónigas, símbolos de que non todo vale e de que outro país e posíbel.

3 - Escrito por Aproema. Asociación Profesional de Empresas Medioambientales o 08/01/2021 11:32

APROEMA como asociación representativa do sector empresarial e profesional ambiental, en cumprimento das nosas funcións, queremos achegar á mellora da normativa que se nos aplica e para iso realizamos unha serie de propostas que se poden agrupar en tres liñas: En primeiro lugar consideramos que ten que haber unha maior participación da sociedade civil na elaboración das normas e no deseño das políticas e decisións públicas que lles afectan. Neste sentido, e debido a que a norma pretende favorecer a implantación de iniciativas empresariais, consideramos que se debe informar e solicitar a opinión das organizacións e asociacións que representan ao tecido empresarial; asemade consideramos que é preciso que a lei vaia acompañada de medias de transparencia e control dirixida á mellora continua dos procedementos administrativos. Nesta liña propoñemos a modificación de determinados artigos (números 2, 4, 7, 8, 9, 14 e 15) para que se teña en conta ás devanditas organizacións e créense os mecanismos de control. Na liña anterior, consideramos que unha Lei por se soa non modifica a realidade pola súa propia publicación nun diario oficial. Moi ao contrario, é necesario actuar con transparencia e avaliar a súa aplicación, se se están logrando os obxectivos propostos e, no suposto de non ser así, adoptar as medidas e medios necesarios para logralo. Conforme ao exposto, proponse que se añada un novo capítulo ao título I de forma que os organismos competentes acheguen información de como se están cumprindo os obxectivos da Lei, en particular, se a redución de prazos administrativos é real ou non. Así mesmo, nesta liña, tamén se propón que dentro das funcións da oficina Oficina Doing Business Galicia inclúase a función que a normativa aplicable (Orde do 14 de xaneiro de 2016 pola que se crea a oficina Doing Business en Galicia e dáse publicidade aos modelos de propostas para a mellora da regulación económica e de comunicación de obstáculos e barreiras á actividade empresarial), recoñécelle á mesma e que pode ser un bo leito para que as empresas poñan en coñecemento da Administración aquelas situacións que consideran que constitúen barreiras á actividade empresarial. En terceiro lugar, no que se refire á regulación que fai a Lei de particularidades en procedementos existentes, realízanse unha serie de propostas en relación co trámite de avaliación de impacto ambiental e, en especial, proponse que se inclúa un novo capítulo de simplificación administrativa nos trámites de autorización das actividades de xestión de residuos. O sector de residuos é, actualmente, un dos que en maior medida está sometido a unha elevada intervención administrativa debido a que, para as actividades de tratamento de residuos, establécese un réxime de autorización e non de comunicación. Por este motivo consideramos que debe de ser obxecto prioritario para a adopción de medidas de simplificación administrativa e que a proposta de Lei obvia por completo. A realidade do sector é que a Lei de residuos de Galicia actualmente pendente de aprobación establécese un prazo para a tramitación dunha autorización de xestor de residuos de 10 meses sen que as alegacións realizadas respecto diso solicitando a súa redución fosen atendidas. Consideramos que hai unha disonancia entre os obxectivos da presente Lei e a normativa sectorial pendente de aprobación. Os longos prazos administrativos e a carga administrativa que conlevan supoñen uns importante incrementos dos custos que debe de soportar as empresas, especialmente as PEMES polo que a Lei debe contemplar de forma específica medidas neste sentido. Por último lamentamos que o único leito de participación do sector empresarial na elaboración de lei que persegue como obxectivo favorecer a implantación de iniciativas empresariais sexa a posibilidade de manifestar opinións no trámite parlamentario e non nunha fase de información pública, máxime cando a mencionada lei afecta aspectos como a avaliación de impacto ambiental e a Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente, recoñece, entre outros, o dereito de participación do público nas disposicións de carácter xeral relacionadas co medio ambiente. Por todo o exposto propoñemos as seguintes modificacións na Lei: Artigo 2. Finalidade e obxectivos: Proponse engadir unha nova letra ao apartado 2, coa seguinte redacción: e) Establecer mecanismos de mellora continua dos procedementos administrativos, a partires dun coñecemento real, transparente e rigoroso do desempeño real das administracións galegas no ámbito dos procedementos necesarios para a posta en marcha, modificación e/ou ampliación de proxectos empresariais. f) Establecer canles de comunicación e colaboración coas organizacións empresariais para lograr os fins previstos nesta Lei. Artigo 4. Principios. Proponse engadir dúas novas letras ao apartado 1, e unha modificación no apartado 2, coa seguinte redacción: e) Control da eficiencia administrativa, transparencia dos resultados e procesos de mellora continua f) Colaboración co administrado. 2. En cumprimento do principio de axilidade, todas as administracións públicas e os órganos, organismos públicos e entidades vinculados ou dependentes delas que interveñen nos procedementos administrativos incluídos no ámbito de aplicación desta lei relacionaranse entre si a través de medios electrónicos e, reportarán regularmente os resultados dos indicadores de control dende a entrada en vigor desta lei, independemente de que se teña posto en marcha, ou non, a “plataforma electrónica de transparencia de resultados da simplificación administrativa”. Artigo 7. A consellería con competencias en materia de avaliación e reforma administrativa. Proponse engadir o seguinte texto: Tamén lle corresponderá desenvolver propostas de mellora desta normativa e esixirá melloras ás outras administracións autonómicas, á luz do resultado de seguimento de indicadores da “plataforma electrónica de transparencia de resultados da simplificación administrativa”. Artigo 8. As demais consellerías. Proponse engadir: así como os reportes de indicadores de seguimiento de resultados da mellora e simplificación, ben a través de informes periódicos ou ben a través da “plataforma electrónica de transparencia de resultados da simplificación administrativa” cando esta se teña creado. Artigo 9. Os concellos. Proponse engadir una letra nova: e) Reportar resultados dos indicadores de seguimento do desempeño real dos procedementos administrativos. Artigo 14. Grupos Técnicos Sectoriais. Proponse engadir un apartado novo, coa seguinte redacción: 4. Co obxecto de fomentar a súa participación, informaranse as asociacións empresariais ou profesionais máis representativas de cada sector, resultado dos traballos realizados polos grupos de traballo de forma previa á súa aprobación. Artigo 15. Mecanismos de participación coa sociedade e de colaboración coa FEGAMP. Proponse modificar os apartados 1 e 2, coa seguinte redacción: 1. Para os aprobación de plans e proxectos e directrices contarase coas achegas dun comité de expertos económicos de Galicia co alcance e composición que se determine pola Comisión para a planificación e impulso de proxectos a financiar polo instrumento Next Generation. Corresponde a este comité o asesoramento externo e servir de canle de participación dos sectores produtivos, das universidades e de asociacións. 2. No seo do dialogo social deberase solicitar a participación dun grupo de apoio conformado por representantes da patronal e dos sindicatos máis representativos, así como das asociacións empresariais ou profesionais máis representativas de cada sector ademais de utilizarse os mecanismos de participación xa existentes. TÍTULO I Disposicións xerais. Proponse engadir un novo capítulo coa seguinte redacción: CAPÍTULO IV INSTRUMENTOS PARA O SEGUIMENTO E AVALIACIÓN. Artigo __ Informes periódicos de seguimento. Co obxecto de valorar a eficacia real das medidas de simplificación administrativa, os organismos competentes para tramitar procedementos de autorización de actividades, entendendo por tales os regulados na Lei 17/2009, do 23 de novembro, sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio, así como o organismo competente en materia de avaliación ambiental, deberán fornecer información periódica sobre os trámites realizados e o cumprimento dos prazos previstos na presente Lei. Artigo __ Información pública. Dita información remitirase á consellería con competencias en materia de avaliación e reforma administrativa, conforme aos establecido no artigo 7, e será pública conforme ao establecido no artigo 20 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. A periodicidade mínima para reportar esta información será semestral, de modo que se poda reaccionar eficientemente ás disfuncións que aloxen os procesos administrativos dos obxectivos de mellora que busca esta lei. Artigo ___ Indicadores de seguimento do desempeño da función pública galega Nos primeiros 9 meses dende a entrada en vigor desta lei, terase deseñado un panel de indicadores para o control dos obxectivos desta lei que sexa de aplicación a todas as administracións galegas con competencias na legalización, autorización e posta en marcha das iniciativas empresariais. Estes indicadores deberán contar con un amplo consenso e ser de fácil obtención, para garantir un mecanismo de comunicación e transparencia eficiente e realista. Deberán servir para medir, cando menos as seguintes cuestións: Grao de cumprimento de prazos administrativos, tanto por parte da función pública como por parte dos promotores. Carga de horas de técnicos, administrativos, xurídicos, etc. por procedemento tipo. Grado de simultaneidade de tramitacións por traballador da función pública e a súa relación co grado de cumprimento de prazos administrativos Número de incumprimentos de prazos administrativos relacionados con solicitudes de información a outros organismos públicos implicados nos procedementos Número de requirimentos de documentación e/ou subsanacións por procedemento segundo tipos. A finalidade desta medición debe ser a mellora continua, tanto en dotacións de persoal, cando se precise, como na elaboración de guías que permitan reducir o número de requirimentos e no establecemento de novos mecanismos de coordinación entre administracións. Artigo ___ “Plataforma electrónica de transparencia de resultados da simplificación administrativa” Tras a aprobación do panel de indicadores, nos seguintes 6 meses, porase a disposición das administracións galegas, unha plataforma electrónica que permita reportar, regularmente os resultados do control de esta lei e que teña unha parte pública no que os cidadáns podan coñecer os resultados desta avaliación continua. Artigo 24. Funcións [Oficina Doing Business Galicia]. Proponse engadir unha nova letra ao apartado 1, coa seguinte redacción: k) Xestionar as propostas para a mellora da regulación económica e de comunicación de obstáculos á actividade empresarial e coordinar acciónelas pertinentes cos organismos afectados para eliminar os devanditos obstáculos. CAPÍTULO III Racionalización dos procedementos de avaliación ambiental. Para mellorar tamén a resposta dos organismos estatais cando teñen que emitir informes ou autorizacións preceptivas proponse a creación dun novo artigo: Artigo __. Colaboración con organismos estatais Sempre que sexa posible estableceranse convenios ou outro xeito de colaboración con organismos estatais, como poden ser o de estradas, demarcacións hidrográficas e ambientais, entre outros, que deban emitir informes, resolucións e/ou autorizacións sectoriais para garantir a eficiente coordinación, o cumprimento dos prazos administrativos e a boa marcha dos procedementos. Estes convenios poderán contemplar a participación en mesas sectoriais e outras colaboracións no desenvolvemento de guías e manuais. Artigo 45. Particularidades dos procedementos de avaliación de impacto ambiental no ámbito de competencias da Comunidade Autónoma de Galicia. Proponse modificar a letra a) do apartado 1 coa seguinte redacción: a) Para a realización das actuacións previas de consultas e para a elaboración do documento de alcance, dous meses, contados desde a recepción por parte do órgano substantivo da solicitude do documento de alcance.Estes convenios poderán contemplar a participación en mesas sectoriais e outras colaboracións no desenvolvemento de guías e manuais A disposición final terceira da Real Decreto-lei 36/2020, do 30 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a modernización da Administración Pública e para a execución do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, modificou a baixa varios prazos administrativos dos trámites de avaliación de impacto de plans e proxectos. Por tanto faise necesario a revisión dos prazos propostos adecuándoos á recente modificación da normativa básica estatal e eliminando aqueles que coincidan co establecido neste última (apartados 1 e 2 do artigo 45). Proponse engadir un punto 4 o artigo 45 coa seguinte redacción: 4. Conforme ao establecido no artigo 31 a falta de emisión en prazo dos informes sectoriais previstos no presente artigo terán a consideración de favorables excepto en en os supostos nos que se estableza o contrario nunha norma estatal. TÍTULO III Simplificación da implantación das iniciativas empresariais. Proponse engadir un novo capítulo coa seguinte redacción: CAPÍTULO V. Simplificación dos procedementos das autorizacións administrativas de instalacións de residuos. Artigo _ Medidas de axilización procedimental. Na liña do establecido no artigo 32 a revisión da documentación administrativa e técnica non terá carácter sucesivo de forma que a revisión de . Así mesmo a inspección á instalación non estará condicionada podéndose proceder á mesma no momento en que a promotora achega o certificado de fin de obra da instalación. Artigo _ Modificación substancial. 1. Será obxecto dunha nova autorización a modificación substancias da actividade ou actividades autorizadas. 2. Consideraranse substanciais as modificacións das instalacións ou procesos vinculados á actividade de cuxa realización se derive a superación dos seguintes limiares: a) O incremento superior ao 50 % da capacidade produtiva da instalación. b) O incremento superior ao 50 % das materias primas empregadas no proceso produtivo. c) O incremento do consumo de auga ou enerxía superior ao 50 %. d) O incremento superior ao 25 % das emisións de contaminantes atmosféricos ou a implantación de novos focos de emisión catalogados. e) O incremento superior ao 50 % da vertedura de augas residuais. f) A produción de residuos perigosos ou o incremento do 25 % do seu volume no caso de estar inicialmente previstos. g) O incremento nun 25 % dalgún ou da suma do total de contaminantes emitidos. h) A incorporación ao sistema de produción ou o seu aumento por encima do 25 % de substancias perigosas, reguladas polo Real decreto 1254/1999, do 16 de xullo, polo que se aproban medidas de control dos riscos inherentes aos accidentes graves nos que interveñan substancias perigosas. i) A aplicación dos limiares sinalados no apartado 1 terá carácter acumulativo durante todo o tempo de desenvolvemento da actividade. 3. A modificación das instalacións ou procesos deberá comunicarse ao organismo competente para outorgar a autorización inicial cunha antelación de 1 mes para que poida avaliar se devandito cambio implica unha modificación substancial. O titular poderá levar a cabo a modificación sempre que o órgano competente para outorgar a autorización ambiental integrada non manifeste o contrario nese prazo. Na comunicación, o promotor deberá xustificar o carácter substancial ou non substancial da modificación. 4. Cando unha modificación non substancial implique a modificación da autorización, por ex. para modificar os residuos incluídos na autorización, o organo competente para autorizar a instalación procederá á devandita modificación dentro do prazo anterior. Artigo _ Fianza ambiental. No caso de que un promotor realice varias actividades de forma conxunta, ás que, conforme á normativa ambiental aplicable, esíxanse fianzas de importes diferentes, estas non terán carácter acumulativo se non que se esixirá unha única fianza prol a contía máis alta pola que deberá responder por todas as actividades realizadas. Dende a presentación da fianza hasta a emisión da resolución de autorización non debe pasar un prazo superior a 3 días. Igualmente, cando por cese de actividade se solicite a liberación da garantía financeira existente, este proceso debe estar resolto nun prazo máximo de 15 días hábiles. Este prazo contará, ben dende a inspección positiva que constate o cese ou ben, no caso en que a administración determine que non se precisa inspección, dende o momento en que se presente a documentación solicitada se non denota problema algún. No caso de cambio de titularidade ou substitución da fianza existente, o prazo será como máximo de 5 días hábiles dende que se acredite ter feito o depósito. Descargar en pdf : https://bit.ly/3bx44Ez

4 - Escrito por Aproema. Asociación Profesional de Empresas Medioambientales o 08/01/2021 11:35

Engadir unha opinion

Cubra os campos do formulario e prema no botón enviar.

Os campos con * son obrigatorios.

saltar ao pe de páxina