Nacemento: A Fonsagrada - 1987
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Circunscrición electoral:
Teléfono: 981 55 15 10
Biografía:
Nacido na Fonsagrada no ano 1987, José Luis Regueiro Fernández é licenciado en Administración e Dirección de Empresas e técnico en Emerxencias Sanitarias, con certificado de profesionalidade para a docencia de formación profesional para o emprego. Conta tamén cun curso superior en corretoría de seguros. Na actualidade é responsable de formación e técnico en emerxencias sanitarias, ademais de socio e administrador dunha corretoría de seguros e dunha empresa de servizos funerarios.
É, desde o ano 2017, presidente do Partido Popular da Fonsagrada e foi candidato á Alcaldía da localidade nas eleccións municipais de 2019. Foi concelleiro e portavoz do Grupo Popular no municipio desde 2019 ata 2023.