saltar ao contido

Óscar Vilar Chento

Nacemento: Touro - 1974

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Circunscrición electoral:

Mapa da circunscrición de A Coruña
A Coruña

Biografía:

Actualmente vive no Pino. De mozo estudou no IES de Arzúa a especialidade de técnico especialista administrativo (FPII), equivalencia actual: técnico superior en Administración e Finanzas. Actualmente está a piques de rematar unha nova etapa de estudos na USC: grao de Relacións Laborais e Recursos Humanos (tan só pendente o TFG).

Comezou a súa traxectoria profesional como técnico na Rede de Transporte Sanitario Urxente (061), base de Arzúa, aínda que estes últimos 18 anos desenvolveu o seu labor no sector da seguridade privada.

No eido político é concelleiro do Grupo Municipal PSdeG-PSOE do Pino dende o ano 2014, actual voceiro, e, tamén, secretario xeral da Agrupación Socialista local.

Foi un dos socios fundadores do Club Ciclista MontaeVai BTT O Pino, e ata hai pouco o seu presidente. Durante o seu mandato o club consegue ser asembleísta da Federación Galega e Española de Ciclismo.

Imaxe de Óscar Vilar Chento

Grupo Partido Socialista de Galicia

Asistencias aos órganos parlamentarios nos últimos 30 días

Comisión Permanente non Lexislativa de Control da Corporación da RTVG

Decembro de 2019
Venres
27
10:30
saltar ao pe de páxina