Nacemento: Monforte de Lemos - 1979
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Circunscrición electoral:
Teléfono: 981 551 530
Biografía:
É licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (2004). Especialista universitaria en Seguridade Social (2008), da USC.
Na súa experiencia profesional comezou co Plan Labora; ademais, traballou de orientadora laboral UXT-Galicia (costa lucense) e foi monitora en cursos de formación IFES (Instituto de Formación e Estudos Sociais). Exerceu como avogada laboralista e Seguridade Social. É membro do Colexio de Avogados de Lugo.
Na súa traxectoria política destaca nesta última lexislatura como voceira de pesca do Grupo Parlamentario Socialista no Parlamento de Galicia. Tamén foi concelleira de Servizos Sociais e 2ª tenente de alcalde en Burela. En xullo de 2019 foi elixida nova secretaria provincial do PSdeG-PSOE de Lugo.