Julia Torregrosa Sañudo

Nacemento: Barcelona - 1965

Grupo Parlamentario de En Marea

Circunscrición electoral:

Mapa da circunscrción de Pontevedra
Pontevedra

Biografía:

É arquitecta pola ETSAB, Universidade Politécnica de Cataluña, e funcionaria da Consellería de Educación como profesora de ensino secundario no IES de Poio (Pontevedra). Neste centro, entre outros, ocupou os postos de secretaria do centro, directora e xefa de departamento. Ademais, é experta en tecnoloxías da educación e o coñecemento pola UNED, e participou activamente en diferentes programas de innovación educativa (embaixadora Edu-Glogster, INTEL Engage Teachers Community, programa Seccións Bilingües, Commenius), xunto a máis dunha decena de cursos de formación tanto en Galicia como no estranxeiro.

Como docente, foi unha das gañadoras dos premios da Xunta de Galicia dedicados a difundir o Día das Letras Galegas 2007, que homenaxeou a María Mariño. Tamén formou parte do equipo que no ano 2000 recibiu unha mención especial nos premios Giner de los Ríos polo seu traballo La matemática. Un lenguaje universal.

Apaixonada do debuxo e da arte, ten colaborado con diversas editoriais tanto estatais como internacionais e exposto tanto individual como colectivamente a súa obra.

Militante da organización política Podemos, é membro do círculo de Pontevedra, do círculo sectorial estatal de ensino e responsable da área de educación de Podemos Galicia.

Imaxe de Julia Torregrosa Sañudo

Grupo En Marea

Asistencias aos órganos parlamentarios nos últimos 30 días

Pleno do Parlamento

Xaneiro de 2019
Martes
29
10:00
Mércores
30
10:00

Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior

Xaneiro de 2019
Mércores
23
10:30

Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos

Xaneiro de 2019
Xoves
24
10:35
Febreiro de 2019
Venres
08
10:30
Venres
15
10:30

Comisión Permanente non Lexislativa para as Relacións co Consello de Contas

Xaneiro de 2019
Xoves
31
10:30