saltar ao contido

Diego Calvo Pouso

Nacemento: San Sadurniño - 1975

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Circunscrición electoral:

Mapa da circunscrición de A Coruña
A Coruña
Contacto:

Biografía:

Licenciado en Ciencias Económicas (especialización en Facenda Pública e Sistema Fiscal) pola USC. Máster en desenvolvemento Local e Comarcal.

Vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes desde xuño de 2023. Anteriormente foi vicepresidente segundo, entre 2022 e 2023.

Presidente do PP da provincia da Coruña desde 2016 e do Comité Electoral do Partido Popular nacional desde 2022.

Elixido deputado autonómico en febreiro de 2003, mantivo o escano na VI e na VII lexislaturas. No ano 2009 foi nomeado delegado territorial único da Xunta na provincia da Coruña. En 2011, sendo concelleiro en Ferrol, foi elixido presidente da Deputación da Coruña, cargo que desempeñou ata 2015, momento en que regresou á Delegación da Xunta.

De 2016 a 2022 foi vicepresidente primeiro da Mesa do Parlamento de Galicia e voceiro da área de Infraestruturas e Mobilidade do Grupo Popular. Entre os anos 2006 e 2009 foi vicesecretario xeral do Partido Popular de Galicia e entre 2008 e 2016 foi secretario xeral do Partido Popular da provincia da Coruña. No Partido Popular nacional foi secretario territorial entre os anos 2018 e 2022.

Traballou como axente de desenvolvemento local en Ferrol e foi administrador da empresa familiar.

Imaxe de Diego Calvo Pouso

Grupo Partido Popular

Asistencias aos órganos parlamentarios nos últimos 30 días

Pleno do Parlamento

Marzo de 2024
Luns
18
11:00
saltar ao pe de páxina