A Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 30 de novembro de 2022, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación con modificacións
- 35491 (11/PNC-003259)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Carreira Pazos, Iria e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para reducir as listas de espera do Servizo Galego de Saúde
BOPG n.º 328, do 08.06.2022
Sométese a votación separada por puntos:
Puntos 1 e 2: resultan rexeitados por 5 votos a favor, 7 votos en contra e 0 abstencións.
Puntos 3 e 4: resultan aprobados pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento insta a Xunta de Galicia a:
1º.- Elaborar e poñer en marcha antes de que de remate o presente ano un plan de choque debidamente orzamentado para a redución das listas de espera na sanidade pública no que se atenda tamén á dotación de persoal precisa para lograr este obxectivo.
2º.- Ter operativos todos os recursos dos que dispón o Sergas (camas, quirófanos, etc.) co fin de non realizar ningunha derivación de doentes á sanidade privada mentres existan recursos dispoñíbeis e susceptíbeis de ser utilizados nos centros públicos.”
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 43591 (11/PNC-003837)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio e Ortega Otero, Marina
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para cubrir as baixas das e dos profesionais sanitarios no Centro de Saúde de Caldas de Reis
BOPG n.º 410, do 16.11.2022
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a cubrir as baixas dos e das profesionais sanitarios no centro de saúde de Caldas de Reis para non volver a atoparse coa reiterada situación de non ter atención e ter que ser derivados a outras vilas, onde tampouco existe a seguridade de ser atendidos/as.”